ACTIVIDADES EN TARABELA DO 13 O 17 DE OUTUBRO

13
Oct/09
0

O venres 16, ás 22:00 no Local de Tarabela, teatro de títeres con Fantoches Baj representando “Rei, rei?”

Esta historia sobre porqué os merlos ao cantar semellan dicir “rei, rei” foi escrita por Karel Kapeck poñéndose no lugar dos máis desfavorecidos socialmente. Nós aproveitamos para investigar sobre técnica tradicional dos títeres de luva e recuperar a súa frescura e rebeldía. Prezo 4€.

rei

Ler máis…

O sábado 17  Mundialiño de Fútbol “Mondelivre” no polideportivo do Ventorrillo, A Coruña. Participarán as selecións de Camerún (2 equipas), Senegal, Cabo Verde, Galicia e Tarabela (2 equipas). Despois celebrarase un Magosto con Repichoca no Local Social Temponovo de San Vicente de Elviña. Se queredes vir xogar cos Tarabelos contactade canto antes.

mundial

O sábado 17, no Local de Tarabela, proxeción de 3 curtas de Emilio José Fdez. Vilar. A seguir haberá coloquio. Os títulos proxectados serán El masticar de los muertos en sus tumbas, Las lágrimas de la reina e Todo un personaje.

masticar

Etiquetado como: Cine, Deporte, Títeres, Xeral
Comentarios (0) Trackbacks (0)

Pechados os comentarios.

Deixa un comentario

Sen trackbacks.