MUNDIAL FUTBOL MONDELIVRE

15
Oct/09
0

Como xa vimos anunciando este sábado 17 celébrase o Mundialiño de Futbol de Mondelivre. O cartel case que xa di todo:

mundi_post

Ler máis…

Tarabela enviará a duas equipas para devolver a visita realizada a terras do Deza pola seleción de Mondelivre (máis información aquí) e tamén pasar un dia de lecer e risas en boa compaña.

O sorteo de emparellamentos foi realizado coa colaboración da man inocente dunha rapaza de 2 anos recén chegada da India, temos vídeo e todo:

Aqueles que queirades asistir, ben para xogar ou para pasar a xornada con todos nós podedes contactar polo mail contacto@tarabela.org ou no teléfono/sms 689715300 e así coordinar mellor a viaxe.

Dende Tarabela agradecemos ó Colectivo Mondelivre (Mondelivre Blog) a convidada e animámosvos a todos a asistir.

Comentarios (0) Trackbacks (0)

Pechados os comentarios.

Deixa un comentario

Sen trackbacks.