ACTIVIDADES EN TARABELA DO 16 O 22 DE NOVEMBRO

15
Nov/09
1

O luns 16, ás 22:15 no Local de Tarabela, Faladoiro co tema Os Pazos do Deza. Teremos como convidado a César Gomez Buxán.

pazosdezalibro

O martes 17, ás 21:30 no Local de Tarabela, terceira xornada do ANIRMAU09 adicada á Animación con Técnicas Mixtas.

cartelAnirmau09_post

O sábado 21, ás 17:30 na Casa da Xuventude de Lalín, 1º Serán de Tarabela.

Un serán é un encontro de música e baile tradicional galego que antigamente se facía nas aldeas ao por o sol. O motivo era reunirse os veciños para tocar, bailar e cantar.

Dende Tarabela convidaremos a grupos de gaiteiros, de baile e canto da zona para tentar darlle vida a un serán. Estades todos convidados!!!

seran_post

Comentarios (1) Trackbacks (0)
  1. Álvaro
    1:42 am on Noviembre 16th, 2009

    En Coruña estivemos esta finde desempolvando as pandeiretas para a ocasión. Haberá tamén un grupiño para nos apuntar ós corros de baile. Patos@s ata o infinito ;-) , pero en ganas de pasalo ben e aprender non nos gaña ninguén.
    Vémonos o sábado !!!!!!

Deixa un comentario

Sen trackbacks.