O sábado 21 , ás 17:30 Casa da Xuventude de Lalín , 1º Serán de Tarabela .
“Serán é o nome que se lles dá nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra ás festas participativas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban, claro, polo “serán”, á tardiña. Poderiamos dicir que é un “circuito de inverno”, o mellor xeito de ir de festa a tocar, cantar e bailar cando non hai máis a onde ir. Por iso a festa fana os que van ao serán.
E tampouco o fan de calquera xeito, existe unha organización tradicional ben clara e definida para os seráns , sobre todo no tocante ás pezas que leva un baile. En xeral nesta zona comézase a tocar polos solto: primeiro a jota, e logo á muiñeira (tamén chamada ribeirana), para pasar logo aos agarrados, xeralmente dous, a escoller en orde e tipo entre a danza (ou rumba, mazurca –por confusión-, tras-trás…), o pasodoble, o valse, ou o chiqui-chiqui (ou dous pasos), mazurca…
Tradicionalmente ao serán íase única e exclusivamente a tocar ou a bailar, porque digamos que estaba socialmente establecido así, era un moi bo xeito de relación dos mozos coas mozas. Pero non vos preocupedes se aínda non sabedes botar un solto: os seráns son unha moi boa escola, un dos mellores sitios onde aprender de xeito “natural” como botar unha jota ou unha muiñeira, vendo a mestría de moitos dos máis veteranos e expertos bailadores de toda a zona.
Así que animádevos, e integrádevos nunha das festas máis ancestrais e arraigadas que aínda se conservan no noso país: O SERÁN!! .”
Texto: Guillerme Ignacio Costa
2:15 pm on Noviembre 18th, 2009
non faltedes bailaríns e bailarinas…temos que liar a repichoca!!!!