ACTIVIDADES EN TARABELA DO 7 O 13 DE DECEMBRO

7
Dic/09
0

O martes 8, ás 21:00 no Local de Tarabela, Cine Foro con Sempre Xonxa de Chano Piñeiro.

Lembraremos a historia de Xonxa, Paco e Birutas co gallo do 20 aniversario deste título emblemático da cinematografía galega.

sempre xonxa

.

O venres 11, ás 21:30 no Local de Tarabela, Exposición de Vídeo e Fotografía: Otto Roca.

Otto Roca. A Coruña, 1976. [E-(au)sencias] – work in progres ou cadernos dunha viaxe infinita- Fotoxornalista e fotógrafo documental especializado en reportaxes de interese humanístico e estilos de vida rural e tradicional.

Otto

Dende hai anos Compostela é cuarto obscuro onde procura refuxio, namentres, sen esgotar a súa capacidade de asombro, edita na súa mesa de luz realidades que se revelan ao outro lado do visor.

O autor convidanos a tod@s a adentrarnos nese territorio incerto e intanxible entre o alleo e o propio, o real e o imaxinario, a través dunha seleccción de pequenos mordiscos de realidade, que o axudan a percibir e recoñecer o que o rodea, e ilumina coordenadas cara a novos territorios inexplorados na procura de efímeros instantes de harmonía fugaz.

.

.

O sábado 12, ás 22:00 no Local de Tarabela, Concerto de 3AZOTEAS.

Jazz como punto de partida, pero dende unha perspectiva aberta, sen prexuízos nen imposicións estilísticas ou compositivas.

3azoteas

O nome do grupo pode verse como unha alegoría do que implica este elemento constructivo: tres azoteas decoradas, organizadas e amobladas dunha forma diferente, pero integrantes do mesmo. A entrada será de 4€.

Comentarios (0) Trackbacks (0)

Pechados os comentarios.

Deixa un comentario

Sen trackbacks.