10 anos de bo traballo nótanse de seguido en calquer formación musical, e no caso de Atmósfera 0 puidemos comprobalo xa nos primeiros acordes do que foi unha das mellores noites de música en Tarabela .
O sábado 7 de novembro non foi un dia no que a climatoloxía acompañase especialmente, pero á noitiña o tempo respetou e xuntámonos preto de medio cento de buscadores de sensacións para asistir ó concerto de Atmósfera 0 no Local de Tarabela .
Tendo sufrido cambios na súa composición ó longo da década que levan deixándose escoitar, Atmósfera 0 destila un xeito musical definido e fresco, que anima a seguir escoitando dende o primeiro momento e a poñer tódolos sentidos a traballar para non perder detalle do que regalan en cada nota.
O concerto dou comezo sobre as 22:00 e levounos a unha viaxe de case tres horas nas que a complicidade co público foi constante, sabendo manter as risas con chanzas, pezas adicadas e continuos ánimos a participar no espectáculo.
Músicos, artistas, definicións e calificativos apropiados para Atmósfera 0 : Vito , Fran , Mauro , Cacheda , Iago e Lorenzo .
Tampouco faltaron as colaboracións expontaneas, animadas e provocadas polos integrantes de Atmósfera 0 e que dan conta da calidade profesional e persoal que atesouran.
Dende Tarabela non podemos máis que reiterar o noso agradecemento por térennos regalado unha xornada excelente, poñéndose á nosa disposición dende o primeiro momento e achegando tódalas facilidades para levar adiante este concerto.
En definitiva, unha noite resolta coa máxima nota, chea de sensacións e detalles dificiles de esquecer, e que esperamos poder repetir máis e mellor nun futuro o menos lonxano posible.
FOTOS: M.J.Méijome (c)
Podedes saber máis de Atmósfera 0 no seu MySpace: http://www.myspace.com/atmosfera0
E para os que non puidestes asistir un anaquiño do que foi a noite gracias a DezTV (levan 10 anos, non se presentaron en Tarabela tal como se indica no comezo do vídeo )