BENXAMIN E IVAN, CRONICA DUNHA NOITE MAXICA

31
Dic/09
0

“tamén nós amamos a vida cando podemos”

MeiSaa_091219_0005_01

Esta referencia a Mahmud Darwish foi a entrada a outro dos momentos certamente especiais do feixe que estes dous artistas nos fixeron vivir na noite do 18 de decembro, unha frase que en si mesma resume a sorte de poder formar parte dunha ocasión única, dificilmente esquecible, máxica.

MeiSaa_091218_2330_04

Desfrutamos dun pequeno recital íntimo, recollido, con unha temperatura exterior que non superaba os 0ºC, pero que Iván e Benxamín nos souberon tornar coa música que levan dentro.

MeiSaa_091218_2253

Os algo máis de 25 espectadores saímos contentos, admirados, sabedores de que fora unha xornada máxica e digna de repetirse. A combinación do Flamenco de Iván, con unha guitarra que saca lume nas súas mans, xunto coa Música Contemporanea que nace do Oboe de Benxamín, supón un espectáculo para o que as palabras quizais non sexan o mellor medio de descripción, debendo deixar ós sentidos que sexan eles quen conten e expresen o que captan.

MeiSaa_091218_2257_02

MeiSaa_091218_2315

Iván e Benxamín, Benxamín e Iván, dous Músicos, con maiúscula, pois non hai mellor palabra para definilos. Dende Tarabela agradecer a vosa presencia e os nosos desexos de voltar a tervos tocando para nós canto antes.

MeiSaa_091218_2359_01

FOTOS: M.J.Méijome (c)

Etiquetado como: Concerto, Música, Xeral
Comentarios (0) Trackbacks (0)

Pechados os comentarios.

Deixa un comentario

Sen trackbacks.