CRONICA DO ANIRMAU09

10
Dic/09
0

Como xa sabedes, durante o pasado mes de novembro, tivemos en Tarabela o ANIRMAU09, un festival de curtas de animación froito do traballo da xente do IES Ramón María Aller Ulloa.

cartelAnirmau09_post

A asistencia de público ás proxecións foi en aumento cada xornada e as mostras de interés constantes, polo que xa estamos a preparar o ANIRMAU10 que virá cargado de novedades. Deixámosvos un resumo do que foron os dous talleres que se celebraron.

TILT SHIFT, con Jose Manuel Rozas, cámara e membro de Tarabela, leva xa tempo facendo pequenos traballos en vídeos e fotografía empregando e investigando a técnica de Tilt Shift. Con fotografías tomadas en diversas localizacións e eventos da vila de Lalín, púxonos no camiño de comezar a traballar nesta interesante técnica.

……………….

……………….

STOP MOTION, con Sergio Mella, membro do colectivo Miolos de Fume (Vila de Cruces) e bo coñecedor de distintas técnicas de animación, entre elas a de Stop Motion. Mostrounos que cunhas sinxelas ferramentas e materiais do máis común, se poden recrear esceas e darlle vía libre á imaxinación.

……………….

Se queredes participar na preparación do próximo ANIRMAU10 ou tendes algunha idea que consideredes interesante sobre o tema xa sabedes contacto@tarabela.org.

Etiquetado como: Cine, Taller, Xeral
Comentarios (0) Trackbacks (0)

Pechados os comentarios.

Deixa un comentario

Sen trackbacks.