O 26 de decembro o Local de Tarabela quedouse pequeno e, con 66 espectadores ansiosos de asistir a unha xornada de Flamenco , podemos dicir que foi probablemente o mellor concerto deste xénero na comarca do Deza. Quen dixo que non había afección?
Olaia Turner ofreceunos coa súa Voz unha mostra do seu repertorio acompañada da Guitarra de Iván García e as Percusións de Lar Legido , quen tamén nos permitiron desfrutalos en temas instrumentais, combinando saberes e arrincando aplausos con mestría.
Olaia Turner Trío repasou distintos cantes flamencos con unha proposta persoal e moderna, sen esquecer nunca o aspecto máis tradicional desta música.
Unha noite de flamenco en excelente compañía que supón un remate de ouro para as actividades desenroladas por Tarabela neste ano que en breve se nos vai.
FOTOS: M.J.Méijome (c)