O Serán comezou ás 5:30 na Casa da Xuventude de Lalín, o 21 de Novembro , xuntando durante as horas que durou algo máis de 130 persoas.
Para abrir boca comezamos a tocar os da casa: “Os Pedalá” . Os primeiros convidados en chegar foron os da Residencia “Geriatros” , que viñeron a compartir un ratiño con nós e algúns ata se animaron a botar uns bailes. Víanse ganas de festa!
Foi pasando a tarde, e caldeándose o ambiente. Tocaron unhas pezas algúns dos compoñentes dos “Xuncos” , despois os de “Outras Herbas” …, e a pistade baile que se ía enchendo: unha roda por aquí, un grupiño de cativas e cativos por alá, algúns observadores internacionais (estudando as distintas técnicas dos danzantes)…
E a iso das oito da tarde chegou o momento estelar: “As Señoras e Señores de Zobra” , que tanto nos teñen aprendido a todos os cantadores e bailadores de Galicia. GRACIAS POR MANTER SEMPRE VIVA A NOSA CULTURA.
A estas alturas xa non había quen parase o baile, as pernas ían soas pola pista: daba igual muiñeira, que xota, que mazurca, que rumba… Nesto chegou a quenda dos de Saídres, os “Pau de Buxo” , que maneira de tocar!!!!! Que ben se baila ao ritmo da súa música!!!!!!
Despois de tanto exercicio, foi preciso repoñer forzas antes dunha última atacada, sentámonos todos a cear unhas empanadas e un riquísimo potaxe de garavanzos que nos fixo Currás .
As fotos para os que non puidestes vir. Graciñas por elas a Luisa Areán , Nuria Vicente e Raquel Castro :
VEMONOS NO PROXIMO SERAN!!!!!!!