Ás 11:00 da mañán do sabado 14 no Colexio Manuel Rivero , ás ordes do organizador, entrenador e monitor Ramón Barcala , dou comezo o 1ºtorneo de Ping Pong de Tarabela .
Foi un torneo moi reñido debído o alto nivel dos presentes, 18 competidores que desenfundaron as raquetas e pelotearon ata as 14h.
Despois de moitas eliminatorias chegou a Final: Breogán contra Diego Conde nun disputa larga e emocionante, co público asistente berrando os nomes dos finalistas e aplaudindo os fallos e os acertos de cada un. Finalmente Breogán logrou eliminar a Diego e facerse co primeiro posto, quedando Diego co segundo.
Os premios foron duas cesas do nadal, e á pregunta do reporteiro Otto ¿que pensades facer co premio? Diego Conde respostou, “Tapar algún buratiño”.
Temos que dar a benvida a todos os novos Tarabelos que a traves do Ping Pong conoceron o noso proxecto e que según eles, Queremos máis!!!!
Queda para a posteridade a tablas clasificatoria desta intensa xornada que xa avisamos se repetirá en breve.
Agradecementos especiais a o Colexio Manuel Rivero polas facilidades prestadas e deixarnos as suas instalacións.