Tal como anunciamos a primeiros de semana (aquí) o sábado 2 sairemos Cantar os Reis polas tabernas de Lalín, na procura de pasar unha noite festeira e divertida, coma as de antes que se di.
O punto de saída será a Taberna do Matelo, na Praza das Pipas, e acordamos quedar ás 19:00. Logo teremos unha cea nun restaurante de Lalín no que continuaremos a festa. Se vos interesa avisade de que vides á cea en contacto@tarabela.org ou cun sms/chamada no telf: 68971530.
Os que queirades ir ensaiando podedes facelo con esta Recopilación de Cantos
Pechados os comentarios.
Nome (requerido)
Mail (non será publicado) (requerido)
Sitio Web
Sen trackbacks.