SAIMOS FACER FOTOS

11
Dic/09
0

En vistas do cambio de climatoloxía cara ó final da semana veñen de propoñernos unha saída fotográfica mañá sábado 12.

negativo-tarabela-2

O plan do día é:

10:00 Saída da estación de autobuses (mirarase de non levar un cento de coches). Se alguén quere incorporarse pola tarde ou a outra hora que envíe un correo a contacto@tarabela.org para poñer un punto de encontro.

10:30 Mirador da Fervenza do Toxa. Aproveitaremos esta zona para empezar a facer fotos, ensinando e aprendendo unhos dos outros.

14:00 Xantar “de campo”. Buscaremos un lugar axeitado, sendo preciso que levedes a comida (tamén é recomendable auga ou “líquido elemento”)

15:00 Río Deza. Baixaremos pola ruta marcada a carón do Deza ata que a luz acompañe.

Repetimos que hai que levar o xantar, e é recomendable roupa e calzado apropiado para camiñar. Para os máis despistados lembrade coller a cámara e “carretes”. As fotografías que se tomen proxectarémolas o martes 15 nunha xuntanza de fotógrafos da que xa informaremos.

Se vos animades estade un chisco antes das 10:00 na estación de autobuses, e a ser posible comunicade asistencia en contacto@tarabela.org.

Comentarios (0) Trackbacks (0)

Pechados os comentarios.

Deixa un comentario

Sen trackbacks.