BLEU, CINECLUB EN TARABELA

4
Ene/10
1

O xoves 7 de xaneiro, ás 22:00 no Local de Tarabela, “BLEU” de Krzysztof Kieslowski

BLEU

Esta é a primeira das películas que forman a triloxía das “Tres Cores” do famoso director polaco  Krzysztof Kieslowski, quen, para facer este traballo, inspírase na liberdade para brindar unha mirada pausada á dor da morte e á loita do ser humano por reconstruir a súa vida cando lle bate a traxedia.

Coa actriz francesa Juliette Binoche como protagonista, a película conta a historia de Julie (Binoche) quen é a única supervivinte dun accidente no que morren o seu home, un famoso compositor, e o seu único fillo. Ante esto, Julie tenta suicidarse, pero non é capaz de rematar coa súa vida. Decide entón borralo todo e comezar de novo destruindo tódolos signos da súa existencia pasada.

Azul é a máis fermosa das tres películas dende o punto de vista formal e transmite a forza e a complexidade da asombrosa interpretación de Binoche con xeito que captura a tenacidade da humanidade con unha profundidade pouco usual. A película tamén reflexa a intelixencia visual do seu director e sírvese da música como catalizador dos seus propósitos.

Etiquetado como: Cine, Xeral
Comentarios (1) Trackbacks (0)
  1. Pitu
    7:53 am on Enero 5th, 2010

    Qué delicia de película. Se de min dependese, ésta triloxía sería obrigatoria. Iso sí, non sabería si colocala en Educación para a Cidadanía ou en Filosofía.

    Que as desfrutedes, eu re-visitareinas nos meus dvds na vosa honra.

Deixa un comentario

Sen trackbacks.