CHARLA INFORMATIVA SOBRE O NOVO DECRETO DO GALEGO

17
Ene/10
1

Nesta charla informarase sobre os contidos e a problemática de aplicación do novo decreto do galego, non só dos seus defectos sobre a normalización do noso idioma, senón tamén das consecuencias que implica dende o punto de vista pedagóxico e da calidade do ensino, entre outras cuestións, como pode ser a legalidade da norma.

Neste acto público participarán os seguintes relatores:

Xosé Manuel López, profesor de Inglés no Instituto Laxeiro

Luís Villares, Xuíz titular da Fonsagrada e voceiro de Xuíces para a Democracia

Rafael Cuíña, empresario

O acto vai ter lugar no Instituto Ramón Aller ás 20:30 do mércores 20 de xaneiro


Etiquetado como: Conferencia, Xeral
Comentarios (1) Trackbacks (0)
  1. Silva
    11:50 pm on Enero 20th, 2010

    Parabéns a QG por traer a Lalín uns ponentes de tanto carismoe tanta calidade.

Deixa un comentario

Sen trackbacks.