Tío Miseria é a adaptación de dous contos populares moi difundidos en toda Europa coñecidos como O Peral da Tía Miseria e O ferreiro e o demo . O narrador é Iñaqui , cociñeiro vasco metido a titiriteiro que nos conta este vello conto usando como marionetas os utensilios da súa cociña. Na súa versión, o ferreiro Miseria consegue vencer e prender o demo acabando así co mal do mundo, sendo obrigado logo a ceibalo para que todo volva ser coma antes.
O espectáculo foi realizado por encargo do Instituto de Esudos de Literatura Tradicional da Universidade Nova de Lisboa (IELT) , como unha mostra da posibilidade de dinamización e actualización dun conto popular con marionetas. Continuando con esta liña, a compañía ven de editar, co apoio do IELT , o mesmo conto (chamado en portugués Ti Miséria ) con ilustracións de Carlos Augusto Ribero e versión en verso do poeta Jorge Castro .
Esta fermosa edición foi regalada a todos os asistentes ás duas representacións qeu o venres 15 e sábado 16 tivemos en Tarabela . Tamén estivo á venda a edición que a compañía fixo coa Editorial Baía do Tío Miseria , onde se conta a historia a través das fotos do espectáculo realizadas por Miguel Calvo . Serviron polo tanto estas actuacións de presentación do libro na vila.
FOTOS: M.J. Méijome (c)
Rematada a representación Iñaqui tivo a ben explicarnos un pouco polo miúdo a construción das distintas personaxes da obra, ilustrándonos do que con un pouco de imaxinación e instrumentos coñecidos en calquera cociña se pode facer.
FOTOS: M.J. Méijome (c)
Dende Tarabela queremos agradecer a Fantoches Baj , Iñaki e Marta , a súa presencia e amabilidade para actuar no local e a tódolos asistentes por acompañarnos nestas duas xornadas.
3:23 pm on Enero 20th, 2010
Esta é a obra completa, 50 minutos aprox
http://www.vimeo.com/8837459