TIO MISERIA, FANTOCHES BAJ EN TARABELA

13
Ene/10
0

O venres 15 ás 22:00, e o sábado 16 ás 17:00 (sesion para adultos e infantil respectivamente), no Local de Tarabela, teremos a Fantoches Baj coa obra Tío Miseria.

Fantoches Baj - Tío Miseria I

Tío Miseria é un espectáculo de títeres de luva e variña, onde as personaxes son utensilios de cociña de uso cotián. A historia, creada a partir dos contos populares “O ferreiro e o Demo” e “O peral da Tía Miseria”, conta en clave humorística o porqué da existencia da miseria no mundo.

miseria-1

Inacio Vilariño (Fantoches Baj) dirixe, produce e encárgase da manipulación das distintas personaxes da obra, sendo Marta Negro a operadora dos efectos de iluminación.

miseria2_

O vestiario está realizado por Carmen Nela (El Tenderete), e a música está representada por obras de Cabo San Roque, Piccola Orchestra Avion Travel, Quadro Nuevo, Circo du Soleil, Marlango, Salvatore Bonafede e Louis Couperain.

miseria3_

A cada un dos asistentes regalaráselles unha edición da Ti Miseria e durante o espectáculo estará á venda o libro Tío Miseria, editado por Baía, con textos de Inacio Vilariño e fotografías de Miguel Calvo Ulloa.

logo_fantochesbaj_1

fantochesbaj.com
.

Animámosvos a todos a asistir a esta boa oportunidade de desfrutar dun espectáculo de títeres, e lembrámosvos que o prezo da entrada será de 4€ para socios e 5€ para os non socios.

Cartel_Fantoches_post

Etiquetado como: Títeres, Xeral
Comentarios (0) Trackbacks (0)

Pechados os comentarios.

Deixa un comentario

Sen trackbacks.