CINECLUBE. TANYARADZWA VENRES 5 DE FEBREIRO AS 21:00

3
Feb/10
0

Este venres 5 as 21:00 o realizador carballiñés Alberte Pagán presentará no Local Social da Tarabela (Donramiro, 17) o seu último filme: Tanyaradzwa (2009). Este documental experimental proxéctase simultáneamente en dúas pantallas e o propio director encárgase da montaxe en vivo. Toda unha experiencia fílmica moi diferente ao que acostumamos a ver nas pantallas tradicionais.

Tanyaradzawa é un documental de 186 minutos filmado en Zimbabwe. O realizador, de coñecida traxectoria no campo experimental e documental, presenta unha obra “antiantropolóxica” guiada libremente pola protagonista, quen da nome o título do filme. O filme resultante constitúese como un retrato desta muller que ben podería titularse “A vida e as opinións de Tanyaradzwa”.

A estrutura do filme componse de dúas partes, cada unha delas de case 3 horas de duración, que fala da vida rural dunha aldea de Cimbabue, na primeira metade, e do mundo urbano e os conflitos políticos da capital, Harare, na segunda.

Máis información | Entrevista con el director.

Etiquetado como: Cine
Comentarios (0) Trackbacks (0)

Pechados os comentarios.

Deixa un comentario

Sen trackbacks.