CINECLUBE: STELLET LICHT – XOVES 18 AS 22:00

17
Feb/10
0

O filme xira en torno a Johan un menonita do norte de México que, ainda que esta casado con Esther, coa que ten 7 fillos e contra a ley do seu deus, namorouse dunha muller diferente, Marianne, coa que vive unha historia de paixón dende fai dous anos.

Cunha historia de amor que involucra á comunidade menonita, o cineasta intenta conquistalos espectadores a través dunha “obra que nos dice que, a pesar de los problemas, las cosas siempre pueden resolverse si ponemos todo de nuestra parte para que así suceda”, tal como a definiu o propio Reygadas (El Financiero).

Stellet Licht e a terceira pelicula do cineasta Carlos Reygadas, con este filme logrou que, por primeira vez, un realizador mexicano fora recoñecido co premio do xurado no Festival de Cine de Cannes. Tamén acadou o Premio da Crítica en Río de Janeiro e foi seleccionado pola Academia de Artes y Ciencias Cinematográficas para representar a México na edición dos premios Oscar na categoría Mejor Película Extranjera.

Entrada de balde

Maís información | Páxina web

Comentarios (0) Trackbacks (0)

Pechados os comentarios.

Deixa un comentario

Sen trackbacks.