DIA INTERNACIONAL DO TITERE – DOMINGO 21

20
Mar/10
0

O Museo Galego da Marioneta xunto con Tarabela, organizan con motivo do día internacional do títere a seguinte actividade:

AFRICA: UNHA MIRADA A TRAVÉS DO MICROTEATRO

A historia dun país tan rico e tan salvaxemente explotado, preséntase dunha forma singular e única a través de pequenos obxetos nunha atmosfera intensa e íntima.

En medio da escuridade aparecen múltiples  escenarios nos que se superpoñen as accións.

Toda a forza do microteatro posta ó servizo de unha nova sensibilidade que necesita da imaxinación dos asistentes.

3 PASES:

19:00
20:30
22:00

IMPORTANTE:

-ESPECTÁCULO PARA ADULTOS.

-IMPRESCINDIBLE RESERVAR INDICANDO DÍA, HORARIO DO PASE E NÚMERO DE RESERVAS, XA QUE SO ENTRAN 15 PERSOAS POR PASE .ENVIANDO UN EMAIL A info@viravolta.es OU NO TLF 630166194

-RECOMÉNDASE CHEGAR CON ANTELACIÓN XA QUE UNHA VEZ COMEZADO O ESPECTÁCULO NON SE PERMITIRÁ A ENTRADA.

No Museo Galego da Marioneta | Rúa Manuel Rivero nº 1 – 1º piso
Ver a promo

Comentarios (0) Trackbacks (0)

Pechados os comentarios.

Deixa un comentario

Sen trackbacks.