Alterazión del Orden é un grupo de punk que nace en Melide no verán de 2006 de man de catro amigos (Carlos, Samuel, Brais e Rubio ) que desexaban expresar as súas ideas a través da música e de paso matar algo de tempo libre, que naquela época era moito.
Influenciados desde o principio por grupos punk estatais e estranxeiros como Cicatriz, Salvate si Puedes, Segismundo Toxicómano, The Unseen, Rancid ou Anti Flag , sen esquecer aos grupos punk do 77; e despois de moitas horas no local de ensaio e moito traballo; empezan a saír os primeiros temas, con música e letras creadas polos membros do grupo, que marcarán o que será o estilo musical que caracteriza ao grupo: un punk potente pero ao mesmo tempo melódico, moi influenciados sobre todo polos grupos de punk americanos.
Alterazión del Orden presentase na Tarabela na súa xira de presentación do seu CD homónimo.
O Sábado 15 de Maio ás 22:00 h no Local da Tarabela . Entrada 5€ (socios 4€) – inclúe CD.
Máis información | MySpace Alterazión del Orden