CONCERTO: EL VIEJO CARACOL – SABADO 19 XUNHO | 22:00

16
Jun/10
0

El Viejo Caracol fórmase a principios do 2008 despois da disolución de  La Patraña (conxunto punk-rock ferrolán).

A música de  El Viejo Caracol é dificilmente clasificable, posto que abarca varios estilos que van desde influencias máis punks a outras músicas de autor, centrándose nunhas letras ás veces intimistas, ás veces irreverentes, que tratan de reflectir a realidade que rodea o seu autor Óscar Fojo, cantante e guitarrista do grupo.

A formación de  El Viejo Caracol sufriu poucos cambios dende o seu inicio. Á bateria está Erico Pose (La Patraña, Ruína), á guitarra solista Miguel Pita (La Patraña, Ruido Urbano, Amacuca….), ao baixo Mon (Presa Fácil, Ekisdé….), máis tarde incorporaríase á percusión Agostiño (Snail, Peritonitis…) e por último a outra guitarra eléctrica Carlos.

Sabado 19 de Xuño ás 22:00 h no Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€)

Máis información | Myspace de El Viejo Caracol

Comentarios (0) Trackbacks (0)

Pechados os comentarios.

Deixa un comentario

Sen trackbacks.