Parderrubias xurde dun encontro natural entre dous amantes das músicas populares e tradicionais, que se atopan para compartir entre eles e para entregar a quen os queira recibir. Esta parella traballa coa música de raíz da Península Ibérica, recréase nela e ofrece un xenuino e respectuoso exemplo de tradición viva.
Davide e Rodrigo, un galego e un asturiano, un viaxeiro e un perfecto compañeiro de viaxe, un Don Quixote e un Sancho Panza, a tempestade e a calma. Dúas voces, un acordeón e moita percusión tradicional; un espectáculo no que a diversión e a emoción están aseguradas.
Venres 11 de Xuño ás 22:00 no Local da Tarabela. Entrada 5 € (socios 4 €)
Pechados os comentarios.
Nome (requerido)
Mail (non será publicado) (requerido)
Sitio Web
Sen trackbacks.