CANCELASE O CEADOR INTERCULTURAL

24
Nov/09
0

Veñen de comunicarnos a cancelación do Ceador intercultural previsto no programa para o sábado 28.

Pedimos desculpas a todos aqueles que tiñades pensado participar e agradecemos o voso interese.

CEADOR INTERCULTURAL

23
Oct/09
0

O sábado 24, ás 21:30 no Local de Tarabela.

Esta iniciativa enmárcase dentro dun proxecto de Tarabela no que se pretende, mediante unha actividade gastronónmica, fomentar a convivencia entre veciños e veciñas e novos veciños e veciñas. Unha vez ao me presentarase en Tarabela unha das novas culturas que viven na vila a través da  súa gastronomía e da convivencia cos seus protagonistas.

ceadorucr

“A cea está servida, quen se apunta?”

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 19 O 24 DE OUTUBRO

17
Oct/09
0

O luns 19 de outubro, ás 22:15 no Local de Tarabela, 1º faladoiro.

Un faladoiro é unha reunión informal, para debater, informarse, compartir, crear ideas e xerar correntes de opinión. Un faladoiro é un instrumento educativo que ensina tolerancia e sentido crítico. Permite aos interesados estreita relacións e enriquecer a súa cultura, aos neófitos aprender dos máis experimentados e coñecer informalmente ás persoas da súa esfera. Os faladoiros serán grabados e extractaranse para tentar facer unha publicación en forma de Caderno que estará a disposición do público de xeito gratuito.

O tema deste primeiro faladoiro será “A situación medioambiental na Comarca do Deza”, contando como convidado con Daniel Manso, axente forestal e bo coñecedor da situación do medio natural da comarca.

faladoiro

O martes 20 de outubro, ás 21:30 no Local de Tarabela, Ciclo de Curtas Saharauis.

Proxectaranse tres curtas sobre a vida de varios nenos saharauis e posteriormente teremos coloquio.

neno_sahar

O xoves 22 de outubro, ás 20:30 no Local de Tarabela, Obradoiro de Literatura.

O obxectivo principal deste obradorio é o intercambio de información e opinión sobre obras actuais de calquera xénero literario. As primeiras sesións adicaranse á proposta de ideas sobre unha obra de lectura común para a súa posterior análise e comentario. O resultado final será unha reseña sobre o contido da obra obxecto de análise nas sesións iniciais.

literatura

O sábado 24, ás 21:30 no Local de Tarabela, 2º Ceador Intercultural.

Esta iniciativa enmárcase dentro dun proxecto de Tarabela no que se pretende, mediante unha actividade gastronónmica, fomentar a convivencia entre veciños e veciñas e novos veciños e veciñas. Unha vez ao mes presentarase en Tarabela unha das novas culturas que viven na vila a través da súa gastronomía e da convivencia cos seus protagonistas. “A cea está servida, quen se apunta?”.

ceadorucr

Iredes tendo máis información destas actividades nesta web ó longo da semana ou no correo contacto@tarabela.org

CAMBIO DE DATA PARA O CEADOR DO 27

24
Sep/09
0

Perante a proximidade do remate das festas, e ante a petición de xente interesada en asistir, os organizadores dos ceadores veñen de acordar celebralo o 24 de outubro. Informarase con máis detalle en datas próximas.

PROGRAMACION CUARTO TRIMESTRE 2009

17
Sep/09
1

Aquí está! Despois de darlle moitas voltas e traballalo a fondo, presentamos a programación de actividades que dende Tarabela temos preparadas para os meses de outubro, novembro e decembro de 2009.

O cartel de actividades (clic sobre el para ver en grande):

tarabela cartel4¼trim09

Ler máis…

ASI FOI O PRIMEIRO CEADOR

9
Sep/09
0

Quedamos ás 15:00 h. todos, os Tarabelos e máis os nosos veciños de Arxelia, uns para aprender e outros para amosarnos un pouquiño da súa cultura.

Ao longo da tarde pasaron máis de 40 mozos arxelinos a coñecer Tarabela e colaborar nos preparativos.

Son as 21:30 h. e xa está todo preparado. Chegan os Tarabelos e as Tarabelas e poñémonos a dar boa conta da cea. Os nosos novos veciños levan 24horas sen comer porque o día anterior comezou o Ramadán, así que a fame xa é moita.

De menú: cous cous, verduras e cabrito, e una sopa sabrosa, sabrosa…

Agora xa andamos cos preparativos do seguinte ceador Intercultural.

Bo proveito!!!

Cenadoiro_Arxelia_1

Ler máis…

CEADORES INTERCULTURAIS. PRIMEIRA EXPERIENCIA: ARXELIA

20
Ago/09
0

Unha vez ao mes, convidaremos a unha das culturas existentes na vila a realizar unha noite adicada ao seu país. A idea é que un grupo de persoas do país convidado e outro de veciños da vila se xunten para preparar conxuntamente unha cea. O intercambio consistirá en que os novos veciños nos amosen un pouco da súa cultura e nós da nosa. Cociñando e mesturando as culturas pasarase unha noite de convivencia arredor da mesa. Como complemento á cea, posto que será no Local de Tarabela, haberá algunha actuación, proxeccións de vídeos, charlas, exposicións, etc., que nos achegarán algo máis á cultura convidada.

Ler máis…

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 17 AO 23 DE AGOSTO

16
Ago/09
0

Temos unha semana bastante chea de actividades en Tarabela. Estade atentos á axenda.

Tomade nota:

Ler máis…