CINECLUBE: FOTOS EN LA CIUDAD DE SILVIA – XOVES 11 | 22:00
Mar/100
Antes de realizar “En la Ciudad de Sylvia”, José Luís Guerín pasou gran cantidade de tempo filmando e traballando cunha serie de apuntamentos que agora ven a luz baixo o título de “Unas Fotos en la Ciudad de Sylvia”. Esta película posúe total independencia narrativa con respecto á xa mencionada “En la Ciudad de Sylvia”.
“En ningún caso ‘Unas Fotos en la Ciudad de Sylvia’ deben verse como un esbozo, está feita a partir de fotografías en branco e negro, mudas, nese caso o que conta é a pequena elipsis que hai entre unha fotografía e outra… Entre unha foto e outra hai un tempo que se foxe, un misterio que se escapa…. Esas limitacións autoimpostas requirían dun enunciado en primeira persoa que actuase como vía ou condutor. Neste sentido esas notas son moito máis narrativas que “En la Ciudad de Sylvia” (Extracto da entrevista realizada a José Luís Guerín no nº 5 de Cahiers du Cinéma, edición española).
No local da Tarabela o Xoves 11 as 22:00.
THE SADDEST MUSIC IN THE WORLD – XOVES 4 | 22:00
Mar/100
Baseándose nun texto de Kazuo Ishiguro, escritor inglés de orixe xaponesa que asinou a aclamada novela “O que queda do día” -a súa adaptación cinematográfica foi a cargo de James Ivory.
Guy Maddin cambia infinidade de elementos, comezando por onde sitúa a acción: Inglaterra é substituída pola súa cidade natal, Winnipeg, nos anos da Gran Depresión.
A película narra a estraña historia de Lady Helen Port-Huntley (personaxe interpretado por Isabella Rosellini) quen organiza un concurso para atopar a música máis triste do mundo; o evento servirá como escusa para o desfile dos máis excéntricos personaxes.
De marcada influencia expresionista, The Saddest Music in the World mostra os acenos identificativos do cinema de Maddin e está considerada unha das súas obras cumes.
No local da Tarabela – Entrada de balde.
CINECLUBE: STELLET LICHT – XOVES 18 AS 22:00
Feb/100
O filme xira en torno a Johan un menonita do norte de México que, ainda que esta casado con Esther, coa que ten 7 fillos e contra a ley do seu deus, namorouse dunha muller diferente, Marianne, coa que vive unha historia de paixón dende fai dous anos.
Cunha historia de amor que involucra á comunidade menonita, o cineasta intenta conquistalos espectadores a través dunha “obra que nos dice que, a pesar de los problemas, las cosas siempre pueden resolverse si ponemos todo de nuestra parte para que así suceda”, tal como a definiu o propio Reygadas (El Financiero).
Stellet Licht e a terceira pelicula do cineasta Carlos Reygadas, con este filme logrou que, por primeira vez, un realizador mexicano fora recoñecido co premio do xurado no Festival de Cine de Cannes. Tamén acadou o Premio da Crítica en Río de Janeiro e foi seleccionado pola Academia de Artes y Ciencias Cinematográficas para representar a México na edición dos premios Oscar na categoría Mejor Película Extranjera.
Entrada de balde
Maís información | Páxina web
CINECLUBE. TANYARADZWA VENRES 5 DE FEBREIRO AS 21:00
Feb/100
Este venres 5 as 21:00 o realizador carballiñés Alberte Pagán presentará no Local Social da Tarabela (Donramiro, 17) o seu último filme: Tanyaradzwa (2009). Este documental experimental proxéctase simultáneamente en dúas pantallas e o propio director encárgase da montaxe en vivo. Toda unha experiencia fílmica moi diferente ao que acostumamos a ver nas pantallas tradicionais.
Tanyaradzawa é un documental de 186 minutos filmado en Zimbabwe. O realizador, de coñecida traxectoria no campo experimental e documental, presenta unha obra “antiantropolóxica” guiada libremente pola protagonista, quen da nome o título do filme. O filme resultante constitúese como un retrato desta muller que ben podería titularse “A vida e as opinións de Tanyaradzwa”.
A estrutura do filme componse de dúas partes, cada unha delas de case 3 horas de duración, que fala da vida rural dunha aldea de Cimbabue, na primeira metade, e do mundo urbano e os conflitos políticos da capital, Harare, na segunda.
Máis información | Entrevista con el director.
CINECLUBE. HONOR DE CAVALLERIA O XOVES 4 DE FEBREIRO AS 22:00
Feb/100
Honor de cavalleria é unha adaptación libre do Quixote. O rodala, o equipo técnico e artístico realiza unha viaxe paralela (cinematográfico e biográfico) a dos dous protagonistas do libro.
A identificación destas duas viaxes e o tema principal do filme. A nivel artístico, por tanto, non e unha “narración dunha aventura, sino a aventura dunha narración”. E a nivel personal podesé considerar “O primeiro filme do Quixote feito por xente quixotesca”.
Lluís Carbó y Lluís Serrat interpretan os dous protagonistas. A poesía, a sinxeleza, e a beleza da relación íntima das dúas persoaxes, aportan a estes dous actores non profesionais .
A película está rodada íntegramente en exteriores naturales e nela non aparece ningunha forma de construcción humana.
Mais información | Honor de cavalleria en miradas de cine
CineClub : Charles Chaplin
Ene/100
O xoves 28 de Xaneiro teremos unha pequena mostra do traballo do gran cineasta Charles Chaplin, famoso polas súas películas mudas e cheas de humor ácido e crítica social. Neste repaso por parte da súa obra centraremonos nos comenzos de Chaplin como director e proxectaremos as seguintes curtas:
- The tramp (1915) : foi o debut do persoaxe que catapultou a Chaplin á fama e onde comenza a mellor etapa da súa obra.
- The cure (1917): un alcoholico entra nun centro de saude para se someter a unha cura e alí empezan as desternillantes esceas.
- The Inmigrant (1917) : Chaplin segue a explotar a súa persoaxe do vagabundo, esta vez inculpado dun roubo na súa chegada a América.
- A dog´s life (1918) : unha das mais famosas obras de Chaplin
A cita con Charles Chaplin será o xoves 28 de Xaneiro ás 22:00 con entrada libre.
Mais información | Charles Chaplin na wikipedia
ROJO, cineclub en Tarabela
Ene/100
O Xoves 21 as 22:00 con entrada libre no local de Tarabela a ultima proxección da triloxía cromática de Kieslowski
Kieslowski cierra su “trilogía de los colores” de forma perfecta; además de ser la más conseguida de las tres, el gran director polaco captura personajes y situaciones de sus dos anteriores filmes y los incorpora en esta última película sin perder ésta su autonomía, dando un sentido más completo e interesante a la trilogía.
Mais información | Crítica de Rojo en cinevertigo
BLANCO, CINECLUB EN TARABELA
Ene/100
O xoves 14 de xaneiro, ás 22:00 no Local de Tarabela, cineclub coa proxección de “Tres Colores: Blanco“.

Continuamos en Tarabela coa proxección da triloxía de Krzysztof Kieslowski. Con Blanco o autor cóntanos a historia dun home que volve á súa Polonia natal coa intención de arranxar as súas miserias.
Máis información aquí.
ACTIVIDADES EN TARABELA DO 11 O 17 DE XANEIRO
Ene/100
O xoves 14, ás 22:00 no Local de Tarabela, Cineclub: Tres Colores: Blanco
.
O venres 15 ás 22:00 e o sábado 16 ás 17:30 (sesión infantil) no Local de Tarabela, “Tío Miseria“, espectáculo de títeres de Fantoches Baj.
“Tío Miseria” é un espectáculo de títeres de luva e variña, onde as personaxes son utensilios de cociña de uso cotián. A historia, creada a partir dos contos populares “O Ferreiro e o Demo” e “O peral da Tía Miseria”, conta en clave humorística o porqué da existencia da miseria no mundo.

.
O sábado 16 ás 21:30 no Local de Tarabela, exposición de fotos de David Silva.
BLEU, CINECLUB EN TARABELA
Ene/101
O xoves 7 de xaneiro, ás 22:00 no Local de Tarabela, “BLEU” de Krzysztof Kieslowski

Esta é a primeira das películas que forman a triloxía das “Tres Cores” do famoso director polaco Krzysztof Kieslowski, quen, para facer este traballo, inspírase na liberdade para brindar unha mirada pausada á dor da morte e á loita do ser humano por reconstruir a súa vida cando lle bate a traxedia.
Coa actriz francesa Juliette Binoche como protagonista, a película conta a historia de Julie (Binoche) quen é a única supervivinte dun accidente no que morren o seu home, un famoso compositor, e o seu único fillo. Ante esto, Julie tenta suicidarse, pero non é capaz de rematar coa súa vida. Decide entón borralo todo e comezar de novo destruindo tódolos signos da súa existencia pasada.
Azul é a máis fermosa das tres películas dende o punto de vista formal e transmite a forza e a complexidade da asombrosa interpretación de Binoche con xeito que captura a tenacidade da humanidade con unha profundidade pouco usual. A película tamén reflexa a intelixencia visual do seu director e sírvese da música como catalizador dos seus propósitos.











