CINECLUBE: Arrebato
Xoves 29 de Abril ás 22:00 h
Local da Tarabela . Entrada de balde.
TEATRO: Maribingo
Viernes 30 de Abril ás 22:00 h
Local da Tarabela . Entrada 5€ (socios 4€)
CONCERTO: Ultima Sacudida + Albert Fish
Sábado 1 de Maio ás 22:00 h
Local da Tarabela . Entrada 4€
Tras o éxito acadado o pasado ano, na súa primeira convocatoria, o Festival de Animación do IES Ramón Mª Aller Ulloa (ANIrmau) inicia este ano unha colaboración coa Tarabela , na procura de levar as suas actividades fóra do marco do instituto e a fin de convertelo tamén nun referente cinematográfico dentro de toda a comarca do Deza.
Como xa se fixera o pasado ano, as curtas escollidas móvense dentro dun marco abondo diversificado dende o punto de vista das súas técnicas, contando con exemplos realizados dende o máis habitual ordenador nos últimos tempos, ata aqueles máis minoritarios como os recortables ou a pintura directa sobre película.
A variedade de xéneros tampouco fica atrás, contando con interesantes exemplos que van dende o documental ata a ciencia ficción, pasando pola comedia, o cine negro, o thriller, entre outros moitos.
Ademáis os asistentes da Tarabela otorgarán un Premio do Público .
PROGRAMA:
Mércores 5 de Maio
21:30 Selección de Curtametraxes Educativas.
22:30 Selección Oficial. Curtametraxes I.
Xoves 6 de Maio
21:30 Selección de Curtametraxes Publicitarias.
22:30 Selección Oficial. Curtametraxes 2.
Venres 7 de Maio
22:30 Selección Oficial. Curtametraxes 3.
24:00 Sesión Golfa. + 18.
Sabado 8 de Maio
12:00 Rolda de Prensa
22:30 Selección Oficial. Curtametraxes 4.
Domingo 9 de Maio
15:30 Selección de Curtametraxes Esperimentais.
16:30 Selección de Videoclips.
19:00 Selección das Curtametraxes gañadoras na presente edición.
20:00 Convocatoria do I Concuros de Guión Cinematográfico Conde Saavedra.
Todas as actividades do Festival terán lugar no Local da Tarabela agás as do Domingo 9 de Maio que se levarán a cabo no Barriga Verde e a rolda de prensa que será no Cantigas o Sábado 8 de Maio. Entrada de balde.
Mais información | Libro oficial ANIrmau10
“El Proceso” conta a historia de Josef K., quen se esperta atopando á policía na súa habitación.
Dinlle que debe ir a un xuízo, pero non lle informan do que foi acusado. Para pescudar o motivo da súa acusación e protestar pola súa inocencia, tenta ver o que hai detrás do sistema xudicial.
Pero dado que as súas investigacións non dan froitos, parece non haber escapatoria para el neste pesadelo kafkiano.
O Xoves 22 de Abril ás 22:00 h no Local de Tarabela . Entrada de balde.
Xoves 15 . No local ás 22h
Entrada de balde
Tom Joad (Henry Fonda ) regresa ao seu fogar tras cumprir condena en prisión, pero a ilusión de reencontrarse coa súa familia transfórmase en frustración ó ter que unirse a eles, fuxindo da pobreza, para emprender unha forzada viaxe en busca dunha oportunidade na terra prometida: California
No local da Tarabela o Xoves 8 de abril as 22:00 |Entrada de balde.
Saber máis: Artigo de Cine & Letras
Un home volve á cidade de Estrasburgo, na que se namorou locamente catro anos atrás, para buscar á moza e recuperar aquel máxico momento.
É verán.
O xove estranxeiro camiña observando e debuxando xestos e expresións captadas azarosamente na rúa. Busca a esa muller que coñeceu tempo atrás, o seu recordo gravita sobre a cidade.
Esta procura condúcelle a outra muller que lle conduce a outra… sempre baixo a invocación da ausente.
Saber máis: Artigo en Miradas de Cine
Harold Lloyd (1893-1971), co que completamos o triunvirato de grandes cómicos do cine mudo. A súa fama máis temperá débea ao seu personaxe Lonesome Luke , existente dende 1915 ata 1917, contando con certas influencias chaplinescas.
Posteriormente, incorporaría o seu novo personaxe que aínda lle daría máis éxitos, coñecido como “gafitas”, etapa á que pertencen as películas da nosa selección, sempre baixo a produción de Hal Raoch.
Así pois, comezamos con Harold Apaixonado (Bumping into Broadway , 1919), mostra de cine máis maduro dentro da produción global do seu autor.
A continuación, contamos con Tribulacións (Haunted Spoks , 1920) e Número, por favor? (Number, Please? , 1920), ambas dirixidas polo seu produtor Hal Roach.
En último termo, teríamos A Caza do Zorro (Never Weaken , 1921), exemplo dirixido polo director Fred C. Newmeyer onde anticipa certas acrobacias presentes máis tarde na súa obra mestra “O Home Mosca”, a un tempo que se trata da súa última curtametraxe.
No local da Tarabela o Xoves 25 de Marzo as 22:00. Entrada de balde.
Antes de realizar “En la Ciudad de Sylvia”, José Luís Guerín pasou gran cantidade de tempo filmando e traballando cunha serie de apuntamentos que agora ven a luz baixo o título de “Unas Fotos en la Ciudad de Sylvia”. Esta película posúe total independencia narrativa con respecto á xa mencionada “En la Ciudad de Sylvia”.
“En ningún caso ‘Unas Fotos en la Ciudad de Sylvia’ deben verse como un esbozo, está feita a partir de fotografías en branco e negro, mudas, nese caso o que conta é a pequena elipsis que hai entre unha fotografía e outra… Entre unha foto e outra hai un tempo que se foxe, un misterio que se escapa…. Esas limitacións autoimpostas requirían dun enunciado en primeira persoa que actuase como vía ou condutor. Neste sentido esas notas son moito máis narrativas que “En la Ciudad de Sylvia” (Extracto da entrevista realizada a José Luís Guerín no nº 5 de Cahiers du Cinéma, edición española).
No local da Tarabela o Xoves 11 as 22:00.
Baseándose nun texto de Kazuo Ishiguro, escritor inglés de orixe xaponesa que asinou a aclamada novela “O que queda do día” -a súa adaptación cinematográfica foi a cargo de James Ivory.
Guy Maddin cambia infinidade de elementos, comezando por onde sitúa a acción: Inglaterra é substituída pola súa cidade natal, Winnipeg, nos anos da Gran Depresión.
A película narra a estraña historia de Lady Helen Port-Huntley (personaxe interpretado por Isabella Rosellini) quen organiza un concurso para atopar a música máis triste do mundo; o evento servirá como escusa para o desfile dos máis excéntricos personaxes.
De marcada influencia expresionista, The Saddest Music in the World mostra os acenos identificativos do cinema de Maddin e está considerada unha das súas obras cumes.
No local da Tarabela – Entrada de balde.
O filme xira en torno a Johan un menonita do norte de México que, ainda que esta casado con Esther, coa que ten 7 fillos e contra a ley do seu deus, namorouse dunha muller diferente, Marianne, coa que vive unha historia de paixón dende fai dous anos.
Cunha historia de amor que involucra á comunidade menonita, o cineasta intenta conquistalos espectadores a través dunha “obra que nos dice que, a pesar de los problemas, las cosas siempre pueden resolverse si ponemos todo de nuestra parte para que así suceda”, tal como a definiu o propio Reygadas (El Financiero).
Stellet Licht e a terceira pelicula do cineasta Carlos Reygadas, con este filme logrou que, por primeira vez, un realizador mexicano fora recoñecido co premio do xurado no Festival de Cine de Cannes. Tamén acadou o Premio da Crítica en Río de Janeiro e foi seleccionado pola Academia de Artes y Ciencias Cinematográficas para representar a México na edición dos premios Oscar na categoría Mejor Película Extranjera.
Entrada de balde
Maís información | Páxina web