APRAZANSE AS ACTIVIDADES DA FIN DE SEMANA
Feb/100
Debido factores meteorolóxicos, e xa que a maior parte da actividade é o aire libre, vémonos na obriga de aprazar as actividades previstas para esta fin de semana, a xuntanza de Arte e Natureza e o concerto de Rumba Oeste do sábado 27.
Pedimos desculpas a todos aqueles que tiñades pensado participar.
Avisaremos da próxima data destas actividades.
CONCERTO RUMBA OESTE – SABADO 27 | 22:00
Feb/100
AVISO: APRAZANSE AS ACTIVIDADES DA FIN DE SEMANA. Leer mais
————————————————————————————————————————————————-
Ecléctica formación dende as suas orixes, esta formación rumbeira comeza a sua carreira no maxico e mitico barrio do Raval (Barcelona), expoñente máximo das tendenzas da fusión musical dos sons latinos e da rumba en Barcelona e verdadeiro berce da Rumba Catalana.
A primeira formación desta banda é unha fusión de dúas bandas moi diferentes. Por unha banda esta formada por excomponentes do grupo O Jarbanzo Negro, rumberos irreverentes con reminiscencias do punk-folk residentes en Barcelona e actualmente desaparecidos do panorama musical, e doutra banda, os compoñentes do grupo Norte Flamenco, residente na Coruña e cunha vea moito máis purista dentro da linguaxe flamenca.
A banda adopta unha clara tendencia rumberofiestera como vehículo de expresión, sen descoidar a alta calidade interpretativa musical dos seus compoñentes e os seus arranxos atrevidos e novos. Esta é a liña que seguen na actualidade.
Nos concertos da Rumba Oeste o máis importante é pasalo ben . Rumba Oeste ó West Rumba,(como se coñece noutras latitudes) gusta de ser simplemente a escusa musical para unha festa lúdica . Para iso utilizan a fusión rumbera e caribeña, en forma de versións e temas de colleita propia, tan ben elaborados e arranxados musicalmente, que non teñen precedente. As versións, renden homenaxe a artistas rumbeiros de todolos tempos entre os que se atopan o mestre Peret, Rubén Blades, Os Amaya e Celia Cruz, Gato Perez, A Fania all stars, entre outros.
Os compoñentes na actualidade son Pulpiño Viascón multiinstrumentista con tradición circense, que toca o caixón flamenco, zendrum , serrucho musical e voz, Xullo Andrade ao baixo e babybass eléctricos e voz, Fran Castro aos teclados, piano e voz, e Miguel Ladrón de Guevara á guitarra flamenca e voz solista.
O concerto será no local da Tarabela. Entrada 5€ (socios da Tarabela 4€).
SECOND ARMY + MALCOM X – SABADO 20 | 22:00
Feb/100
Second Army, punk rock de Donramiro é un dos grupos máis novos do mobemento musical a zona, tendo como referencia bandas como Skarmento, Tiro Na Testa, Ultima Sacudida ou Spit Your.
Actuará na Tarabela traendo como grupo convidado a Malcom X do Baixo Miño.
No local de Tarabela
Entradas anticipadas 4€ (+información en contacto@tarabela.org)
Mais información | My Space Second Army
FRED MARTINS + UXIA – VENRES 19 | 22:00
Feb/100
Destacado entre os artistas da súa xeración o cantautor e compositor Fred Martins, lanzou 4 albuns nos que colaboraron artistas de renome como María Rita, Ney Matogroso ou Zélia Duncan. Foi gañador do 9º premio Visa de Música Brasileira no que recibiu o premio con unanimidade do xurado e o voto popular.

En 2008 lanzou Guanabara, disco dedicado á musicalidade do Río de Janeiro, cun repertorio de Bossa nova e samba. Actualmente está en Galiza convidado polo ciclo Portuarias de Ferrol, e participou, entre outros moitos eventos, do festival Cantos na Maré en Pontevedra.
Na súa estancia en Galiza, Fred Martíns estreitou lazos musicais e amizade con Uxía. Dende entón teñen programados varios concertos en dúo tanto en Galiza como en Brasil.
Neste concerto en Tarabela, Fred convida a Uxía a cantar algunhas das súas composicións como “Samba de Diz” ou “Novamente”, e tamén a acompañalo en algunhas pezas do seu último traballo, “Eterno Navegar”
No Local de Tarabela
Entradas anticipadas en contacto@tarabela.org ou no tlf 679946957
Mais información | Páxina web
CONCERTO DE SKARMENTO + BORN TO LOSE
Feb/100
O Punk Rock de Donrramiro de Skarmento xúntase nunha cita única con Born to Lose de Austin (Texas), que están de xira por Europa, o 6 de Febreiro as 21:30 h no local da Tarabela.
As entradas xa están esgotadas, o aforo de Tarabela é moi limitado polo que pedimos desculpas a todas e todos os que quedástedes sen elas.
CRONICA DO CONCERTO DE MALANDROMEDA
Feb/100
Unhas 30 persoas disfrutaron a noite do venres 23 do concerto que o duo Malandromeda dou no Local de Tarabela.
MC Hevi y DJ Caldeirada viñeron a amosarnos o seu novo traballo “Malandromeda 7”, que do mesmo xeito que o resto dos seus traballos podedelo descargar de balde na sua páxina web.
Os mellores momentos do concerto foron as improvisacions que arrincaron os risos dos asistentes.
Malandromeda o 23 de Xaneiro
Ene/100
O colectivo Malandromeda leva dez anos facendo hip hop dende Compostela e ofrecendo os seus directos enerxéticos por escenarios de todo o pais. MC Hevi de DJ Caldeirada pararan nesta ocasión por Donramiro e de seguro que montarán unha boa festa malandromica como reza o single do seu novo disco que nos veñen presentar titulado “7“. A discografía de Malandromeda está publicada baixo licenza Creative Commons e podedela descargar copiar e difundir .
A cita con Malandromeda será o SABADO 23 de XANEIRO as 22:00 cunha entrada de 5 € para os non socios e 4 € para os socios. Podedes ver o seu show na habitación de Felucas
OSCAR FERNANDEZ, CONCERTO EN TARABELA
Ene/100
O venres 8 de xaneiro, ás 22:00 no Local de Tarabela, Oscar Fernandéz.
Concerto totalmente acústico con temas compostos por Oscar Fernández específicamente para unha zanfona contemporánea (17 cordas) buscando novos camiños de expresión para este instrumento milenario máis moi preto das melodías e temas populares. Pezas tranquilas, pezas de máis virtuosismo e tamén versións de temas populares e composicións de outros autores. 50 Minutos.
Oscar Fernández é músico de formación autodidacta. Interesado, principalmente, na música tradicional e folc de raíces europeas, comenza a estudar a técnica da Zanfona en 1997 e a introducila no repertorio de Os Cempés, actualmente co dúo Fdz. & Quintá e bOnOvO dos que é compoñente.
Tamén é profesor de zanfona na Escola Municipal de Música de Narón, na Escola Livre da MPG de aCentral Folque e no coro Cantigas da Terra de A Coruña.
Entrada 5€ (Socios 4€)
http://www.myspace.com/oscarfernandez
http://www.myspace.com/bonovo
ACTIVIDADES EN TARABELA DO 4 O 10 DE XANEIRO
Ene/100
O xoves 7, ás 22:00 no Local de Tarabela, Cineclub coa película “Azul” de Krzysztof Kieslowski.
.
O venres 8, ás 22:00 no Local de Tarabela, Concerto de Oscar Fernández (zanfoña). Prezo 5€ (socios 4€).
CRONICA DO CONCERTO DE OLAIA TURNER TRIO
Dic/090
O 26 de decembro o Local de Tarabela quedouse pequeno e, con 66 espectadores ansiosos de asistir a unha xornada de Flamenco, podemos dicir que foi probablemente o mellor concerto deste xénero na comarca do Deza. Quen dixo que non había afección?

Olaia Turner ofreceunos coa súa Voz unha mostra do seu repertorio acompañada da Guitarra de Iván García e as Percusións de Lar Legido, quen tamén nos permitiron desfrutalos en temas instrumentais, combinando saberes e arrincando aplausos con mestría.
Olaia Turner Trío repasou distintos cantes flamencos con unha proposta persoal e moderna, sen esquecer nunca o aspecto máis tradicional desta música.
Unha noite de flamenco en excelente compañía que supón un remate de ouro para as actividades desenroladas por Tarabela neste ano que en breve se nos vai.









FOTOS: M.J.Méijome (c)









