PROGRAMA FESTA DO VENTO

13
Jul/10
0

FESTA DO VENTO – 17, 18, 21 E 24 DE XULLO

2
Jul/10
2

Tarabela cumpre un ano de existencia, xa somos máis de 200 socios, que apoian e colaboran nas actividades.

Dende o nacemento da asociación o 18 de xullo do ano pasado non deixamos de xirar, propoñendo un cento de actividades no que levamos de ano…… e hai que celebralo!

Grazas a tod@s por ser tan tarabelos !!

Programa de actividades: Festa do Vento

Etiquetado como:

ARTE E NATUREZA NA TARABELA 2-3-4 DE XULLO

27
Jun/10
0

Os dias 2 e 3 de Xullo a Tarabela organiza o I Encontro de Arte e Natureza, tamén chamado Lalinarte onde os artistas pontevedreses Antón Sobral e Fernando Lafuente dirixirán a actividade creativa.

O encontro constará dunha sesión teorica-visual o venres 2 a partir das 18h onde se fará unha aproximación as experiencias de land art realizadas en Galicia e no mundo. Proxectarase material que describe o proceso artístico dos artistas mais importates neste eido. Proxectarase a película Rios e Mareas.

O sábado 3 a partir das 9:30 xuntaremonos na Tarabela para inciar o día de traballo in situ na carballeira da Crespa onde os artistas realizarán as suas obras na mesma natureza sempre efímeras, e respetuosas co entorno e contando co asesoramento dos coordinadores da actividade. As 20:00 voltaremos a Tarabela pra poñer en común os traballos realizados.

O Domingo 4 a partir das 12:00 xuntaremonos na Tarabela para por en común das propostas e ás 14:30 celebraremos un xantar de despedida.

A filosofía do encontro será traballar a partir dos sentidos. Percibir o espiritu do bosque. Escoitar, ollar, cheirar, degustar, tocar o espacio natural. Deixarse transportar polas cores das vellas árbores con miles de formas e texturas. Deter o tempo. Pasear paseniño. Escoitar o son do vento. Intervir con delicadeza e creatividade. Pintar con flores. Escribir con trozos de ramas. Ordear as follas caidas do inverno ..

E un obradoiro aberto onde artistas e amigos da natureza traballarán na Carballeira da Crespa.

As persoas que interesadas poden inscribirse contactando a través das seguintes opcións:

ó correo: otto@tarabela.org

no móbil: 687481816

Cuota de participación 10€ – socios da Tarabela, de balde. -

Animadevos, ainda quedan prazas.

F do Vento: “Quen non pediu un desexo de pequeno ..”

26
May/10
1

O desexo do I cumpreanos Tarabelo, nada menos!

O pasado Xoves 20 de Maio presentouse ante os medios de comunicación Dezanos

a Festa do Vento. Como sabedes celebrarase entre os días 16-24 de xullo.

Dende alí fíxose un chamamento a tódolos veciños e sectores empresarias comprometidos co proxecto tarabelo,

para que na medida das súas posibilidades boten unha man á hora de facer posible o noso I Aniversario.

Aproveitamos a ocasión para presentar o deseño que dará corpo ao cartaz, obra de Armindo Salgueiro, e tamén disfrutamos da complicidade e bó facer de Carlos Quintá - Linho do Cuco - para amenizar o encontro cun “cántico regional” ou “gallegada” como soe nomear, non sen certa retranca, o propio músico ese tipo de peticións.

Gracias aos dous polo voso compromiso tarabelo.

Non poideron “estar tod@s @s que son, pero son tod@s @s que estiveron“..

Que a forza do vento nos acompañe e moitos FOLGOS, que ainda queda moito por facer!

+ info: -A FdoV nos medios-

-FdoV  La Voz de Galicia -FdoV  Faro de Vigo -FdV  DezTV

Concerto: Coral polifonica de Agolada

24
Abr/10
0

Éxito de crítica e público na noite do pasado venres 23 en Donramiro.

Coral Polifónica de Agolada . Cortesía blog da coral

A Coral polifónica de Agolada ven de demostranos que Donramiro 17 pode ser un punto de encontro onde convivir e compatir experiencias interxeracionáis ben enriquecedoras para tod@s.

Dende a Tarabela queremos agradecerlles o seu bó facer i espíritu aberto. Grazas por traer á nosa casa -vosa dende xa- a polifonía máis alternativa da comarca.

Moitos éxitos!

máis info no seu blog

APRAZANSE AS ACTIVIDADES DA FIN DE SEMANA

25
Feb/10
0

Debido factores meteorolóxicos, e xa que a maior parte da actividade é o aire libre, vémonos na obriga de aprazar as actividades previstas para esta fin de semana, a xuntanza de Arte e Natureza e o concerto de Rumba Oeste do sábado 27.

Pedimos desculpas a todos aqueles que tiñades pensado participar.

Avisaremos da próxima data destas actividades.

CRONICA DO SERAN DE TARABELA

29
Dic/09
0

O Serán comezou ás 5:30 na Casa da Xuventude de Lalín, o 21 de Novembro, xuntando durante as horas que durou algo máis de 130 persoas.

Para abrir boca comezamos a tocar os da casa: “Os Pedalá”. Os primeiros convidados en chegar foron os da Residencia “Geriatros”, que viñeron a compartir un ratiño con nós e algúns ata se animaron a botar uns bailes. Víanse ganas de festa!

Foi pasando a tarde, e caldeándose o ambiente. Tocaron unhas pezas algúns dos compoñentes dos “Xuncos”, despois os de “Outras Herbas”…, e a pistade baile que se ía enchendo: unha roda por aquí, un grupiño de cativas e cativos por alá, algúns observadores internacionais (estudando as distintas técnicas dos danzantes)…

E a iso das oito da tarde chegou o momento estelar: “As Señoras e Señores de Zobra”, que tanto nos teñen aprendido a todos os cantadores e bailadores de Galicia. GRACIAS POR MANTER SEMPRE VIVA A NOSA CULTURA.

A estas alturas xa non había quen parase o baile, as pernas ían soas pola pista: daba igual muiñeira, que xota, que mazurca, que rumba… Nesto chegou a quenda dos de Saídres, os “Pau de Buxo”, que maneira de tocar!!!!! Que ben se baila ao ritmo da súa música!!!!!!

Despois de tanto exercicio, foi preciso repoñer forzas antes dunha última atacada, sentámonos todos a cear unhas empanadas e un riquísimo potaxe de garavanzos que nos fixo Currás.

As fotos para os que non puidestes vir. Graciñas por elas  a Luisa Areán, Nuria Vicente e Raquel Castro:

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

VEMONOS NO PROXIMO SERAN!!!!!!!

GRUPOS DO SERAN

18
Nov/09
1

Están confirmados para participar no Serán de Tarabela (máis información aquí)  os seguintes grupos:

PAU DE BUXO, de Saídres

OUTRAS HERBAS, de Santiso

PANDERETEIRAS DE ZOBRA

PEDALÁ, de Tarabela

OS XUNCOS, de Santiso

cartelseran

SERAN DE TARABELA

17
Nov/09
2

O sábado 21, ás 17:30 Casa da Xuventude de Lalín, 1º Serán de Tarabela.

Serán é o nome que se lles dá nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra ás festas participativas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban, claro, polo “serán”, á tardiña. Poderiamos dicir que é un “circuito de inverno”, o mellor xeito de ir de festa a tocar, cantar e bailar cando non hai máis a onde ir. Por iso a festa fana os que van ao serán.

seran_post

E tampouco o fan de calquera xeito, existe unha organización tradicional ben clara e definida para os seráns, sobre todo no tocante ás pezas que leva un baile. En xeral nesta zona comézase a tocar polos solto: primeiro a jota, e logo á muiñeira (tamén chamada ribeirana), para pasar logo aos agarrados, xeralmente dous, a escoller en orde e tipo entre a danza (ou rumba, mazurca –por confusión-, tras-trás…), o pasodoble, o valse, ou o chiqui-chiqui (ou dous pasos), mazurca…

Tradicionalmente ao serán íase única e exclusivamente a tocar ou a bailar, porque digamos que estaba socialmente establecido así, era un moi bo xeito de relación dos mozos coas mozas. Pero non vos preocupedes se aínda non sabedes botar un solto: os seráns son unha moi boa escola, un dos mellores sitios onde aprender de xeito “natural” como botar unha jota ou unha muiñeira, vendo a mestría de moitos dos máis veteranos e expertos bailadores de toda a zona.

Así que animádevos, e integrádevos nunha das festas máis ancestrais e arraigadas que aínda se conservan no noso país: O SERÁN!!.”

Texto: Guillerme Ignacio Costa

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 16 O 22 DE NOVEMBRO

15
Nov/09
1

O luns 16, ás 22:15 no Local de Tarabela, Faladoiro co tema Os Pazos do Deza. Teremos como convidado a César Gomez Buxán.

pazosdezalibro

O martes 17, ás 21:30 no Local de Tarabela, terceira xornada do ANIRMAU09 adicada á Animación con Técnicas Mixtas.

cartelAnirmau09_post

O sábado 21, ás 17:30 na Casa da Xuventude de Lalín, 1º Serán de Tarabela.

Un serán é un encontro de música e baile tradicional galego que antigamente se facía nas aldeas ao por o sol. O motivo era reunirse os veciños para tocar, bailar e cantar.

Dende Tarabela convidaremos a grupos de gaiteiros, de baile e canto da zona para tentar darlle vida a un serán. Estades todos convidados!!!

seran_post