Por necesidades da organización o monólogo de Denny Horror celebraráse esta noite na cantina “O Galopin” as 22:00.
Desculpade as molestias
Tarabela cumpre un ano de existencia, xa somos máis de 200 socios, que apoian e colaboran nas actividades.
Dende o nacemento da asociación o 18 de xullo do ano pasado non deixamos de xirar, propoñendo un cento de actividades no que levamos de ano…… e hai que celebralo!
Grazas a tod@s por ser tan tarabelos !!
Programa de actividades: Festa do Vento
O venres 13 , ás 22:00 no Local de Tarabela , Pedro Brandariz presenta “P.G.U.” . A entrada será de 4€.
Pedro Brandariz é un dos cómicos galegos máis emerxentes. Actor, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro … Brandariz aborda o humor dende moi diferentes eidos: narración oral, teatro, clown, cabaré …
Este artista “polipatético” ten un amplo curriculum teatral. Procede do mundo do clown (modalidade teatral que pon en práctica en diferentes compañías) aínda que ten traballado en compañías de teatro máis clásico, teatro infantil, etc. Tamén ten participado en espectáculos de cabaré e sobre todo como “conteiro” (monologuista por se non se entende). E esto non remata aquí pois tamén participou en varias curtas de cinema. Na súa formación ten traballado cos mellores mestres do clown: Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Jango Edwards e Peter Ercolano, Loco Brusca, Elliot, … En definitiva, un actor que bebe de fontes teatrais moi diversas para ofrecer espéctaculos no que se mesturan todas esas variedades.
Na actualidade podemos velo polos garitos e teatriños da xeografía galega actuando como conteiro ou cos seus espectáculos persoais. Pero ademáis traballa nas seguntes compañías.
- Os Sete Magníficos + Un (compañía de clown).
- Dous son Compañía (compañía de clown).
- Manicómicos (compañía de clown e teatro de rúa)
- Produccións Desaqueloutradas (compañía de teatro infantil e xuvenil)
- DINAMO Teatro (teatro de texto).
E tamén o foi de:
- Clowntacontos.
- Grupo Estable de teatro do Concello de Oleiros.
P.G.U. é un monólogo cómico no que se narra a vida dun gordo. Pedro Brandariz , cun estilo agresivo e transgresor, conta diversas peripecias da súa vida dende a perpectiva de gordo. P.G.U. non é un monólogo clásico, onde toda a importancia está no guión, senón que Brandariz leva a cabo un “monólogo clown”, onde non só importa o que se dí, senón tamén a forma de dicilo, a personaxe, etc.
O actor fala en primeiro lugar da crueldade da súa infancia e xuventude, onde todos os seus compañeiros se metían con el, por ser o gordo da clase, o gordo da pandilla, o gordo do equipo, en fin o gordo dos gordos. Todo esto tomado con moita filosofía e con moito, moito humor. Logo Brandariz comenta as desvantaxes de ser gordo, dende as máis simples e coñecidas ata as máis graciosas, incongruentes e sorprendentes. Despois das desvantaxes o “gordo” decide tomar medidas e ponse mans á obra para adelgazar, probando os máis variopintos métodos de adelgazamento: ximnasia, dietas, biomanán, teletienda, etc. Evidentemente ningún destes productos da resultado.Debido a esto o “gordo” decide aceptarse tal e como é, buscando as ventaxas de ter uns cantos kilos demáis, e incluso acaba formando o P.G.U: “Partido dos Gordos Unidos”
A maioria das anécdotas e peripecias que se narran son reais, aínda que algunhas están un pouco esaxeradas e outras poucas inventadas. En fin, trátase dun monólogo que non deixará indeferente a ninguén, e sobre todo que provocará as gargalladas do público.
Máis información: www.blogoteca.com/pedrobrandariz
O luns 9 , ás 22:15 no Local de Tarabela , Curso de 1º Auxilios . Os primeiros auxilios son as medidas que se toman inicialmente nun accidente ata que chega a axuda sanitaria, resultando fundamental que sexan aplicados con rapidez e criterio. Falaremos das técnicas básicas e de como levalas a cabo.
O martes 10 , ás 21:30 no Local de Tarabela , segunda xornada do ANIRMAU09 , adicado á animación en 2D , os coñecidos debuxos animados.
O venres 13 , ás 22:00 no Local de Tarabela , Pedro Brandariz presenta “P.G.U.” , un monólogo cómico no que se narra a vida dun gordo. Cun estilo agresivo e transgresor, Pedro Brandariz conta diversas peripecias da súa vida dende a perspectiva de gordo. Prezo 4€.
O sábado 14 Campionato de Ping-Pong . Se vos queredes apuntar ao primeiro Campionato de Ping Pong de Tarabela , mandádenos un correo a contacto@tarabela.org ou chamade/sms ao teléfono 689715300 . Informarémosvos das bases e do lugar de celebración.
O sábado 14 , ás 16:00 no Local de Tarabela , taller de Stop Motion . Seguindo coa programación do ANIRMAU09 propoñémosvos este taller de animación impartido por Sergio Mella .
O sábado 14 , ás 21:30 no Local de Tarabela , Aniversario do Prestige: Exposición e vídeo . No 7º Aniversario dun dos sucesos máis tráxicos da Galiza celebraremos un acto para lembrarnos do suceso e que nunca máis se repita. Inauguraremos unha exposición fotográfica de Suso Rivas e proxectaremos a reportaxe Sobrevivir ao Prestige de Cristina Fernández . Contaremos cunha persoa que nos informará sobre a situación actual do caso Prestige.
Aquí está! Despois de darlle moitas voltas e traballalo a fondo, presentamos a programación de actividades que dende Tarabela temos preparadas para os meses de outubro, novembro e decembro de 2009.
O cartel de actividades (clic sobre el para ver en grande):
Ler máis…
Sentados, xogando ao redor, caladiños por momentos e tomando parte na contada en moitas ocasións. Deste xeito transcorreu esta primeira actividade de Tarabela no exterior, tal e como a denominaron algúns compañeiros.
A praza da vila estaba chea a rebentar de pícaros trouleando cando, chegada a hora da merenda, Rosabel Canos empezou os seus “Contos do Mundo” . Pousáronse as bicicletas e os balóns para, durante máis dunha hora, gozar de historias que a pequenos e maiores nos fixeron imaxinar e sorrir con picardía. Rematou cun conto imaxinado, improvisado coas palabras que xurdiron entre todos, mentres a nosa tarabela xigante xiraba no medio do quiosco da música.
FOTOS: M.J.Méijome (c)
Estas son as propostas da semana. Iremos ampliando a información sobre cada unha delas, pero xa podedes anotalas nas vosas axendas.
Ler máis…