O domingo 27 , ás 16:00 no Local de Tarabela , a Lalín Factory Crew organiza un torneo do videoxogo “ISS Pro Evolution” .
Podedes apuntarvos no Barriga Verde , no Cuco , no Estudiante ou no propio Local de Tarabela antes de comezar a xogar. O prezo será de 3€ por parella e o premio será unha Cesta de Nadal .
O luns 28 , martes 29 e mércores 30 , ás 22:00 no Local de Tarabela , proxectaranse respectivamente “American Harcore” (documental), “American me” e “Skinhead Attitude” (documental).
O xoves 31 , ás 19:00 no Local de Tarabela , proxectarase “This is England “, un retrato da xuventude da clase obreira inglesa de principios dos anos 80 coa guerra das Malvinas e o racismo coma telón de fondo.
Ás 11:00 da mañán do sabado 14 no Colexio Manuel Rivero , ás ordes do organizador, entrenador e monitor Ramón Barcala , dou comezo o 1ºtorneo de Ping Pong de Tarabela .
Foi un torneo moi reñido debído o alto nivel dos presentes, 18 competidores que desenfundaron as raquetas e pelotearon ata as 14h.
Despois de moitas eliminatorias chegou a Final: Breogán contra Diego Conde nun disputa larga e emocionante, co público asistente berrando os nomes dos finalistas e aplaudindo os fallos e os acertos de cada un. Finalmente Breogán logrou eliminar a Diego e facerse co primeiro posto, quedando Diego co segundo.
Os premios foron duas cesas do nadal, e á pregunta do reporteiro Otto ¿que pensades facer co premio? Diego Conde respostou, “Tapar algún buratiño”.
Temos que dar a benvida a todos os novos Tarabelos que a traves do Ping Pong conoceron o noso proxecto e que según eles, Queremos máis!!!!
Queda para a posteridade a tablas clasificatoria desta intensa xornada que xa avisamos se repetirá en breve.
Agradecementos especiais a o Colexio Manuel Rivero polas facilidades prestadas e deixarnos as suas instalacións.
O sábado 14 celebraremos o 1º Campionato Tarabelo de Ping-Pong , dirixido a pequenos e maiores ós que lles guste este deporte.
Empezaremos ás 11:00 e lugar de celebración será no Ximnasio do Novo Manuel Rivero (colexio ó que agradecemos dende aquí a súa colaboración), sendo o formato de xogo tipo liga ou mediante eliminación directa, dependendo do número de participantes.
Se queredes participar enviade un correo a contacto@tarabela.org ou chamade/sms ó 689715300 para poder facernos unha idea do total de participantes. Se vos animades a última hora achegádevos antes do comezo polo ximnasio e seguro que podedes participar.
Como xa vimos anunciando este sábado 17 celébrase o Mundialiño de Futbol de Mondelivre . O cartel case que xa di todo:
Ler máis…
O venres 16 , ás 22:00 no Local de Tarabela , teatro de títeres con Fantoches Baj representando “Rei, rei?”
Esta historia sobre porqué os merlos ao cantar semellan dicir “rei, rei” foi escrita por Karel Kapeck poñéndose no lugar dos máis desfavorecidos socialmente. Nós aproveitamos para investigar sobre técnica tradicional dos títeres de luva e recuperar a súa frescura e rebeldía. Prezo 4€.
Ler máis…
Entre as actividades que propón Tarabela para o 4º Trimestre do ano, e que terán continuidade no tempo, podedes atopar os seguintes obradoiros:
Ler máis…
Aquí está! Despois de darlle moitas voltas e traballalo a fondo, presentamos a programación de actividades que dende Tarabela temos preparadas para os meses de outubro, novembro e decembro de 2009.
O cartel de actividades (clic sobre el para ver en grande):
Ler máis…
A xente de Mondelivre vén de convidarnos á 1ª Festa Afrogalaica , que se celebrará o vindeiro sábado 26 en San Vicente de Elviña, na Coruña.
Dende Tarabela asistiremos un grupiño para compartir con eles a festa e participar nas actividades programadas. Se alguén se anima a ir con nós, que avise no correo contacta@tarabela.org ou no teléfono 689715300 e, deste xeito, poderemos preparar a cuestión do transporte.
Foi unha ruta moi suave, que todos rematamos sen dificultade. Tivemos un día boísimo, máis propio de xullo ca de setembro, pero a pesar disto nós fomos case todo o tempo ao fresco da sombra que nos ofrecía o bosque de ribeira que acompaña ao Lérez no seu camiñar.
Ler máis…
O sábado 5 , sairemos ás 10:00 da mañá dende o Local de Tarabela para percorrer esta ruta e disfrutar de todo o entorno do Lerez. É importante que traiades de comer e lembrade que a volta está programada para as 17:00 (aproximado). Tamén compre que avisedes por correo a contacta@tarabela.org ou chamando/sms ó 689715300 , así poderemos organizar mellor o transporte e o roteiro. Lembrade que é de dificultade baixa polo que pode apuntarse todo o mundo.
Ler máis…