PROGRAMA: SEMANA 31 MAYO – 6 XUNHO

30
May/10
0

EXPOSICIÓN: Miguel Calvo

Inauguración Venres 4 de Xuño

Local da Tarabela . Entrada de balde.

CONCERTO: Diadermin

Venres 4 de Xuño ás 22:00 h

Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€).

EXPOSICION FOTOGRAFICA: LUIS BLANCO – VENRES 7 DE MAIO | 21:00

5
May/10
2

Demos paso á era do cemento, dando as costa ó pasado. Crimos nos cantos de serea da industralización e marchamos á cidade, abandoando as casas de nosos pais.

Agora vémolas apodrecer nas beirarúas, nos pobos baldeiros, agardando por alguén que as volte á vida.

Velaiquí unha pequena homenaxe….

Venres 7 de Maio ás 21:00 h no Local da Tarabela. Entrada de balde.

As fotografías estarán expostas no Local da Tarabela ata o 2 de Xuño.

Etiquetado como:

PROGRAMA: SEMANA 3 – 9 DE MAIO

2
May/10
0

FESTIVAL DE CURTOS: ANIRmau’10

Do 5 ó 9 de Maio

Local da Tarabela, Barriga Verde é Cantigas. Entrada de balde.

Ver programa do Festival

EXPOSICION FOTOGRAFICA: Luis Blanco

Venres 7 de Maio ás 21:00

Local da Tarabela. Entrada de balde.

CONCERTO: Marcelo Mercadante

Domingo 9 de Maio ás 21:00

Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€)

Reserva anticipada de entradas en admin@tarabela.org é no 679946957

Re.citando dende O Courel ata Marin

19
Abr/10
0

Cronica dunha finde anunciada:

uns o bordan ao tempo que  as emocións nos desborban.

O músico quece as mans aterecidas polos nervios do estreo, na mentres un Novoneyra reinventado en lalinense sae dende a zona escura do espazo escénico para guiarnos polo lado mais luminoso da poesía.

En Donramiro 17, non houbo escano baleiro.

En Donramiro 17, non houbo escano baleiro.

Poesía visual e sonora a de fANTOCHES bAJ, que nos leva e nos trae, facéndonos percorrer as campas de Oencia para logo debalar lenes surcando augas do Mandeo nos Caneiros de Betanzos, recreando, con gran sutileza e sensibilidade,  pasaxes  bretemosas da historia da Galiza de mediados de século pasado, a historia de tod@s nós.

Camiño da costa, Ourense acolleunos coma nunca coas cancións de ERGOM coma banda sonora cómplice do noso camiñar.

O Marin(-heiro) mais Tarabelo

O Marin(-heiro) mais Tarabelo

De tanto desexalo, o mar chegou a Lalín -poderían titular hoxe os medios de comunicación local-, tamén con tolemias coma Os camiños do Cocido e tantas  outras coma se propoña o marinense mais Tarabelo de todos nós, Antón Sobral. Proxectando unhas das súas mais novedosas creacións audiovisuais “Diario da muller que miraba o mar” e “Océano Sobral”, coa compaña dos versos de Xaime Toxo, trobador sen igual i mellor evocador de infancias costeiras.

- Exposición de pinturas ata o 7 de Maio -

GRAZAS a tod@s, polo voso compromiso e ARTE;  por mil Tarabelas máis ..

DAVID SILVA, FOTOGRAFIA EN TARABELA

15
Ene/10
0

O sábado 16 de xaneiro, ás 21:30 no Local de Tarabela, inauguración da Exposición de Fotografía: Piezas, con obras de David Silva.

Podedes atopar máis información deste fotógrafo no seu Flickr.

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 11 O 17 DE XANEIRO

10
Ene/10
0

O xoves 14, ás 22:00 no Local de Tarabela, Cineclub: Tres Colores: Blanco

.

O venres 15 ás 22:00 e o sábado 16 ás 17:30 (sesión infantil) no Local de Tarabela, “Tío Miseria, espectáculo de títeres de Fantoches Baj.

“Tío Miseria” é un espectáculo de títeres de luva e variña, onde as personaxes son utensilios de cociña de uso cotián. A historia, creada a partir dos contos populares “O Ferreiro e o Demo” e “O peral da Tía Miseria”, conta en clave humorística o porqué da existencia da miseria no mundo.

Fantoches Baj - Tío Miseria I(2)

.

O sábado 16 ás 21:30 no Local de Tarabela, exposición de fotos de David Silva.

OTTO ROCA, ASI FOI A PRESENTACION

15
Dic/09
0

O venres 11 presentamos no Local de Tarabela unha exposición de fotografías de Otto Roca e a proxección dunha pequena curta-documental.

Flyer.12noitesTF_post

As fotografías tiveron moi boa acollida entre os asistentes, e entre castañas e conversas fumos intercambiando opinións

MeiSaa_091211_2144_02

MeiSaa_091211_2144

MeiSaa_091211_2145_03

O autor, Otto Roca, explicounos a historia de Piedad, así como os diferentes momentos polos que transcurreu o proxecto de filmación

MeiSaa_091211_2209

MeiSaa_091211_2226_01

FOTO: M.J.Méijome (c)

O vídeo, dunha beleza certamente salientable, provoca, con imaxes e palabras, que ninguén permaneza indiferente

Piedad Ferreiro, 76, disfruta dos últimos días na súa vila natal, antes de trasladarse á cidade onde se instalará, de manera definitiva, baixo o coidado dos seus fillos.

“12 Noites con Piedad”, constitue a parte inicial dun proxecto documental que profundiza, dende unha perspectiva local, nun feito xeralizado a escala global: o éxodo da poboación do medio rural cara ás cidades e o proceso de readaptación, en ocasións hostil, que ésta debe afrontar ante o seu novo e alleo entorno.

OTTO ROCA: 12 NOITES CON PIEDAD

8
Dic/09
0

O venres 11, ás 21:30 no Local de Tarabela, presentación de “12 noites con Piedad“, mostra de fotografía e documental da man de Otto Roca.

“Cando José estaba moi enfermo díxome que quería que morrésemos xuntos, eu contesteille que non podía ser; non podíamos deixar aos fillos sós. O día que morreu, queimámolo. Gardo as súas cinzas en Leiroso, na casa na que naceu el, que tamén é na que nacín eu. Cando chegue o momento e me queimen a min, teño encargado que solten as nosas cinzas xuntas, ao pé dun castiñeiro“.

Piedad Ferreiro. Leiroso. Outono de 2009

Flyer.12noitesTF_post
76 anos de vivencias e amor polo que lle rodea a un, dan para moito.
12 noites convivindo con Piedad en Leiroso, mentras tentas captar a esencia da súa vida en fotografías, algo menos, mais había que tentalo.

Amor que hoxe atopa refuxio nas mans de Piedad, no xeito de desenvolverse no monte de castiñeiros e nas súas lembranzas; as mesmas que iranse diluindo coma vago espellismo do que foron, solapado polos danos colaterais da súa inqueda ancianidade.

12 noites con Piedad”, estación orixinaria dun proxecto documental que pretende percorrer o éxodo do rural cara as cidades. Os seus protagonistas, persoas anónimas que por moi diversas situacións vense abocadas a deixa-lo campo, extensión de sí mesmos, para verse de un día para outro mergullados na súa nova i.realidade. Mantendo a ilusión, quizáis, de poder retornar algún día, ainda que sexa nunha pequena furna.

Otto Roca. Compostela. Inverno de 2009

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 7 O 13 DE DECEMBRO

7
Dic/09
0

O martes 8, ás 21:00 no Local de Tarabela, Cine Foro con Sempre Xonxa de Chano Piñeiro.

Lembraremos a historia de Xonxa, Paco e Birutas co gallo do 20 aniversario deste título emblemático da cinematografía galega.

sempre xonxa

.

O venres 11, ás 21:30 no Local de Tarabela, Exposición de Vídeo e Fotografía: Otto Roca.

Otto Roca. A Coruña, 1976. [E-(au)sencias] – work in progres ou cadernos dunha viaxe infinita- Fotoxornalista e fotógrafo documental especializado en reportaxes de interese humanístico e estilos de vida rural e tradicional.

Otto

Dende hai anos Compostela é cuarto obscuro onde procura refuxio, namentres, sen esgotar a súa capacidade de asombro, edita na súa mesa de luz realidades que se revelan ao outro lado do visor.

O autor convidanos a tod@s a adentrarnos nese territorio incerto e intanxible entre o alleo e o propio, o real e o imaxinario, a través dunha seleccción de pequenos mordiscos de realidade, que o axudan a percibir e recoñecer o que o rodea, e ilumina coordenadas cara a novos territorios inexplorados na procura de efímeros instantes de harmonía fugaz.

.

.

O sábado 12, ás 22:00 no Local de Tarabela, Concerto de 3AZOTEAS.

Jazz como punto de partida, pero dende unha perspectiva aberta, sen prexuízos nen imposicións estilísticas ou compositivas.

3azoteas

O nome do grupo pode verse como unha alegoría do que implica este elemento constructivo: tres azoteas decoradas, organizadas e amobladas dunha forma diferente, pero integrantes do mesmo. A entrada será de 4€.

ANIVERSARIO DO PRESTIGE: EXPOSICION E VIDEO

13
Nov/09
0

O sábado 14, ás 21:30 no Local de Tarabela, Conmemoración do 7º Aniversario do Prestige.

Cúmplense 7 anos dun dos sucesos máis tráxicos da Galiza: o afundimento do Prestige. Cremos que ten que ser recordado para que Nunca Máis pase de novo.

PRESTIGE 2 internet

No acto inauguraremos unha exposición sobre a catástrofe, proxectaremos a reportaxe Sobrevivir ó Prestige de Cristina Fernández e contaremos coa presenza dunha persoa que nos informará sobre a situación actual do caso Prestige.

As fotografías son de Suso Rivas, tomadas no día de noiteboa do ano da desfeita. 7 imaxes de carrete de 35mm en B/N e positivadas por Juana Mª Arregui Indurain. Acompáñanse do seguinte texto (click para agrandar)

PRESTIGE 3 internet_post