ACTIVIDADES EN TARABELA DO 9 O 15 DE NOVEMBRO

8
Nov/09
0

O luns 9, ás 22:15 no Local de Tarabela, Curso de 1º Auxilios. Os primeiros auxilios son as medidas que se toman inicialmente nun accidente ata que chega a axuda sanitaria, resultando fundamental  que sexan aplicados con rapidez e criterio. Falaremos das técnicas básicas e de como levalas a cabo.

primerosauxilios

O martes 10, ás 21:30 no Local de Tarabela, segunda xornada do ANIRMAU09, adicado á animación en 2D, os coñecidos debuxos animados.

cartelAnirmau09_post

O venres 13, ás 22:00 no Local de Tarabela, Pedro Brandariz presenta “P.G.U.”, un monólogo cómico no que se narra a vida dun gordo. Cun estilo agresivo e transgresor, Pedro Brandariz conta diversas peripecias da súa vida dende a perspectiva de gordo. Prezo 4€.

pedro brandariz

O sábado 14 Campionato de Ping-Pong. Se vos queredes apuntar ao primeiro Campionato de Ping Pong de Tarabela, mandádenos un correo a contacto@tarabela.org ou chamade/sms  ao teléfono 689715300. Informarémosvos das bases e do lugar de celebración.

ping pong

O sábado 14, ás 16:00 no Local de  Tarabela, taller de Stop Motion. Seguindo coa programación do ANIRMAU09 propoñémosvos este taller de animación impartido por Sergio Mella.

anirmautalleres_post

O sábado 14, ás 21:30 no Local de Tarabela, Aniversario do Prestige: Exposición e vídeo. No 7º Aniversario dun dos sucesos máis tráxicos da Galiza celebraremos un acto para lembrarnos do suceso e que nunca máis se repita. Inauguraremos unha exposición fotográfica de Suso Rivas e proxectaremos a reportaxe Sobrevivir ao Prestige de Cristina Fernández. Contaremos cunha persoa que nos informará sobre a situación actual do caso Prestige.

PRESTIGE

PROGRAMACION CUARTO TRIMESTRE 2009

17
Sep/09
1

Aquí está! Despois de darlle moitas voltas e traballalo a fondo, presentamos a programación de actividades que dende Tarabela temos preparadas para os meses de outubro, novembro e decembro de 2009.

O cartel de actividades (clic sobre el para ver en grande):

tarabela cartel4¼trim09

Ler máis…

FOTOGRAFIA: OBRADOIRO E NOVAS PROPOSTAS

20
Ago/09
0

Na última xuntanza de fotógrafos tivemos a sorte de poder ver as fotografías que co tema común “Lalín”, e o único requisito de que fosen tomadas dentro do casco urbano, propuxeramos realizar na primeira quedada.

Algunhas desas fotos:

Café_MeisaaCafé
Foto: M.J. Méijome (MeiSaa)

Ler máis…

MOISES E GABRIEL: PALABRAS E IMAXES

19
Ago/09
0

Unha noite para escoitar, ver e falar. Deste xeito podería definirse a xornada de onte en Tarabela.

O coloquio e a exposición non deixaron indiferente a ninguén, e os presentes tiveron a oportunidade de preguntar a Moisés Madma e Gabriel Tizón sobre as súas vivencias, os momentos e os países percorridos. Aprendimos, comparamos experiencias e formas de pensar, de ser, de ver a vida segundo o lugar en que nos atopemos e que ocupa cada un de nós. Falouse de inxustizas, de amizade, de sufrimentos e sorrisos, de muros que separan e conversas que unen. Para todos os presentes foi unha oportunidade única de coñecer de primeira man como se oculta a realidade, quen son os verdadeiros protagonistas e onde se crean e propician as diferenzas.

Esperamos poder contar con máis xornadas así e agradecemos sinceramente a Moisés e Gabriel a súa presenza en Tarabela.

MeiSaa_090818_2154_01

Ler máis…

FOTOGRAFIA, AUDIOVISUAL E CONFERENCIA

17
Ago/09
2

O martes 18, ás 21:30 h. no Local de Tarabela, contaremos cunha interesante actividade múltiple.

Inauguraremos en primeiro lugar a exposición de fotografía Sorrisos do Sur de Gabriel Tizón. A exposición está conformada por dez imaxes do día a día que amosan a alegría da xente en países moi pobres do continente africano. Alegría que alimenta a esperanza e as ansias de vivir destes pobos tan acostumados a convivir coa pobreza, en beneficio, entre outras, de sociedades coma a europea, causantes desta miseria para o seu enriquecemento. Dez imaxes que amosan que a ilusión por vivir a través dos sorrisos é algo que xamais poderá ser roubado, ademais de constituír unha lección para nós que tanto nos laiamos de non posuír máis.

Tizon

Ler máis…

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 17 AO 23 DE AGOSTO

16
Ago/09
0

Temos unha semana bastante chea de actividades en Tarabela. Estade atentos á axenda.

Tomade nota:

Ler máis…

TARABELA NA EXPOSICION “ARTE CARRETILLEIRO” DE VILA DE CRUCES

8
Ago/09
0

Despois de darlle moitas voltas, e moi apurados pola falta de tempo, Tarabela presentou unha carretilla para a exposición Arte Carretilleiro celebrada en Vila de Cruces co gallo do Rally de Carretillas. Poderédelas ver pola rúa nestes días das festas e posteriormente no Auditorio Xosé Casal.

MeiSaa_090807_1607

FOTO: M.J.Méijome (c)

Ler máis…

Etiquetado como: Exposicion, Xeral