Os dias 2 e 3 de Xullo a Tarabela organiza o I Encontro de Arte e Natureza, tamén chamado Lalinarte onde os artistas pontevedreses Antón Sobral e Fernando Lafuente dirixirán a actividade creativa.
O encontro constará dunha sesión teorica-visual o venres 2 a partir das 18h onde se fará unha aproximación as experiencias de land art realizadas en Galicia e no mundo. Proxectarase material que describe o proceso artístico dos artistas mais importates neste eido. Proxectarase a película Rios e Mareas .
O sábado 3 a partir das 9:30 xuntaremonos na Tarabela para inciar o día de traballo in situ na carballeira da Crespa onde os artistas realizarán as suas obras na mesma natureza sempre efímeras, e respetuosas co entorno e contando co asesoramento dos coordinadores da actividade. As 20:00 voltaremos a Tarabela pra poñer en común os traballos realizados.
O Domingo 4 a partir das 12:00 xuntaremonos na Tarabela para por en común das propostas e ás 14:30 celebraremos un xantar de despedida.
A filosofía do encontro será traballar a partir dos sentidos. Percibir o espiritu do bosque. Escoitar, ollar, cheirar, degustar, tocar o espacio natural. Deixarse transportar polas cores das vellas árbores con miles de formas e texturas. Deter o tempo. Pasear paseniño. Escoitar o son do vento. Intervir con delicadeza e creatividade. Pintar con flores. Escribir con trozos de ramas. Ordear as follas caidas do inverno ..
E un obradoiro aberto onde artistas e amigos da natureza traballarán na Carballeira da Crespa .
As persoas que interesadas poden inscribirse contactando a través das seguintes opcións:
ó correo: otto@tarabela.org
no móbil: 687481816
Cuota de participación 10€ – socios da Tarabela, de balde. -
Animadevos, ainda quedan prazas.
O luns 21 , ás 23:00 no local de Tarabela , Faladoiro sobre o Antroido , no que Kg , Luchi e Celso contarannos o traballo desenvolvido durante estes dous anos cos veciños de A Cacharela á hora de crear un Antroido Urbano basado na tradición.
Contarannos como fixeron o traballo de recompilación de máscaras e persoaxes do antroido na Galiza e areas limítrofes, as entrevistas realizadas a xente maior sobre o que lembraban do Antroido cando eran nenos, a busqueda de iniciativas similares de recuperación e re-elaboración no estado Español, a anterior experiencia a hora de crear unha mascara do antroido en Lalín, e o que foi a exposición do traballo a elaboración comunal dos resultados para crear unha persoaxe e dotar de contidos a este antroido.
Proxectaremos unha pequena escolma de fotografías de personaxes do Antroido de Galiza, Zamora e Portugal, e xeneraremos entre os presentes unha recolllida de ideas para o Antroido deste ano.
Luns 21 , ás 23:00 no Local de Tarabel a, Faladoiro sobre o Antroido .
Kg , Luchi e Celso contarannos o traballo desenvolvido durante estes dous anos cos veciños de A Cacharela á hora de crear un Antroido urbano basado na tradición.
.
.
Martes 22 , ás 21:30 no Local de Tarabela , Cine Foro: Un Conto de Noel, Desplechin .
Drama sobre unha familia que loita contra unha rara enfermidade xenética, pola cal xa perderon un fillo e perderán outro membro da familia se non atopan doante compatible de médula ósea.
.
.
Sábado 26 , ás 22:00 no Local de Tarabela , Concerto de Olaia Turner Trio .
Olaia Turner , cantaora afincada en Santiago de Compostela, amosa o seu novo espectáculo. Arroupada por músicos que camiñan entre o Flamenco e o Jazz, Olaia fai un repaso polos distintos cantes flamencos amosándonos unha proposta persoal e moderna, sen perder en ningún momento o aspecto máis tradicional desta música.
Olaia Turner Trio son:
Olaia Turner : Cante
Iván García : Guitarra Flamenca
Lar Legido : Percusións
Tivemos que facer un cambio de ultimísima hora polo cal o Faladoiro programado para o luns 16 queda adiado ata o 21 de decembro .
Desculpade as molestias.
O luns 16 , ás 22:15 no Local de Tarabela , Faladoiro co tema Os Pazos do Deza .
Contando con César Gómez Buxán como convidado, co-autor do libro Os pazos e moradas fidalgas do Deza , adicaremos un tempo de conversa á riqueza da nosa comarca nestas construccións e ó seu estado e valoración actual.
O luns 16 , ás 22:15 no Local de Tarabela , Faladoiro co tema Os Pazos do Deza . Teremos como convidado a César Gomez Buxán .
O martes 17 , ás 21:30 no Local de Tarabela , terceira xornada do ANIRMAU09 adicada á Animación con Técnicas Mixtas .
O sábado 21 , ás 17:30 na Casa da Xuventude de Lalín , 1º Serán de Tarabela .
Un serán é un encontro de música e baile tradicional galego que antigamente se facía nas aldeas ao por o sol. O motivo era reunirse os veciños para tocar, bailar e cantar.
Dende Tarabela convidaremos a grupos de gaiteiros, de baile e canto da zona para tentar darlle vida a un serán . Estades todos convidados!!!
O luns 19 de outubro , ás 22:15 no Local de Tarabela , 1º faladoiro .
Un faladoiro é unha reunión informal, para debater, informarse, compartir, crear ideas e xerar correntes de opinión. Un faladoiro é un instrumento educativo que ensina tolerancia e sentido crítico. Permite aos interesados estreita relacións e enriquecer a súa cultura, aos neófitos aprender dos máis experimentados e coñecer informalmente ás persoas da súa esfera. Os faladoiros serán grabados e extractaranse para tentar facer unha publicación en forma de Caderno que estará a disposición do público de xeito gratuito.
Este primeiro faladoiro terá como tema a debater a Situación Medioambiental da Comarca do Deza . A tal fin, temos convidadas a unha chea de persoas que profesionalmente, ou por devoción, poden aportar ideas e datos a tan interesante tema. Como convidado que dará a súa visión e abrirá o debate teremos con nós a Daniel Manso .
Daniel Manso é axente forestal que traballa actualmente na zona de Chantada. Anteriormente estivo 7 anos destinado no Parque do Xurés. Ten varias publicacións na revista natureza galega, colaboracións fotográficas con distintos medios e artigos na revista Nova Acta Científica Compostelana da Universidade de Santiago con novas citas de especies no Parque do Xurés. Actualmente é veciño da parroquia de Vilatuxe.
Os faladoiros serán gravados e extractaranse para tentar facer unha publicación en forma de Caderno para poñela gratuitamente a dispor do público en xeral. Deste faladoiro sairán algunhas iniciativas a facer nos vindeiros meses, unha relacionada coa fotografía e outra co sendeirismo . Estades todos/as convidados/as a participar e aportar neste debate.