CONTINUA A FESTA DO VENTO – SABADO 24 DE XULLO

22
Jul/10
1

CONCERTOS

Emilio José

Leo i Arremecághona,

Diadermín

Mosca Gogó

Sábado 24 de Xullo ás 22:00 h.

No local de Tarabela. Entrada de balde.


Unha vez rematada a Festa do Vento, darémonos un respiro para coller novos folgos e analizar este primeiro ano tan intenso.

Agardamos regresar con un bó acopio de ar fresco nos pulmóns para , entre todos, seguir facendo xirar a Tarabela de cara ao vindeiro outono.

Bó verán a tod@s.

Máis información | Programa da Festa do Vento

AVISO: CAMBIO DE LOCAL – MONOLOGO DENNY HORROR

21
Jul/10
0

Por necesidades da organización o monólogo de Denny Horror celebraráse esta noite na cantina “O Galopin” as 22:00.

Desculpade as molestias

SORTEO CARTEL DA FESTA DO VENTO

21
Jul/10
0

O sábado 17 de Xullo sorteouse o cartel da Festa do Vento, diseñado por Armindo Salgueiro.

O número premiado é o: 00362

Se eres o afortunad@ posuidor deste número escribenos a admin@tarabela.org.

PROGRAMA FESTA DO VENTO

13
Jul/10
0

FESTA DO VENTO – 17, 18, 21 E 24 DE XULLO

2
Jul/10
2

Tarabela cumpre un ano de existencia, xa somos máis de 200 socios, que apoian e colaboran nas actividades.

Dende o nacemento da asociación o 18 de xullo do ano pasado non deixamos de xirar, propoñendo un cento de actividades no que levamos de ano…… e hai que celebralo!

Grazas a tod@s por ser tan tarabelos !!

Programa de actividades: Festa do Vento

Etiquetado como:

F do Vento: “Quen non pediu un desexo de pequeno ..”

26
May/10
1

O desexo do I cumpreanos Tarabelo, nada menos!

O pasado Xoves 20 de Maio presentouse ante os medios de comunicación Dezanos

a Festa do Vento. Como sabedes celebrarase entre os días 16-24 de xullo.

Dende alí fíxose un chamamento a tódolos veciños e sectores empresarias comprometidos co proxecto tarabelo,

para que na medida das súas posibilidades boten unha man á hora de facer posible o noso I Aniversario.

Aproveitamos a ocasión para presentar o deseño que dará corpo ao cartaz, obra de Armindo Salgueiro, e tamén disfrutamos da complicidade e bó facer de Carlos Quintá - Linho do Cuco - para amenizar o encontro cun “cántico regional” ou “gallegada” como soe nomear, non sen certa retranca, o propio músico ese tipo de peticións.

Gracias aos dous polo voso compromiso tarabelo.

Non poideron “estar tod@s @s que son, pero son tod@s @s que estiveron“..

Que a forza do vento nos acompañe e moitos FOLGOS, que ainda queda moito por facer!

+ info: -A FdoV nos medios-

-FdoV  La Voz de Galicia -FdoV  Faro de Vigo -FdV  DezTV