Tarabela cumpre un ano de existencia, xa somos máis de 200 socios, que apoian e colaboran nas actividades.
Dende o nacemento da asociación o 18 de xullo do ano pasado non deixamos de xirar, propoñendo un cento de actividades no que levamos de ano…… e hai que celebralo!
Grazas a tod@s por ser tan tarabelos !!
Programa de actividades: Festa do Vento
Preséntase en Tarabela en primicia mundial “A festa do Vento “, a festa grande de Tarabela que será do 16 ao 24 de Xullo , cun montón de actividades.
Tamén presentamos o cartel feito polo Pintor Armindo Salgueiro , a obra será sorteada durante a festa, podes mercar a túa rifa nuns días.
Ide quentando motores, en breve teredes máis información.
Xa está todo preparado para o primeiro dos actos do Entroido deste ano: a subida de Santo Torrisco á Cacharela!!!
A toda a xente que vos gusta cantar, estades todos/as convidados!!!
Mais información | Repertorio da Subida de Santo Torrisco.
Tal como anunciamos a primeiros de semana (aquí ) o sábado 2 sairemos Cantar os Reis polas tabernas de Lalín, na procura de pasar unha noite festeira e divertida, coma as de antes que se di.
O punto de saída será a Taberna do Matelo , na Praza das Pipas , e acordamos quedar ás 19:00 . Logo teremos unha cea nun restaurante de Lalín no que continuaremos a festa. Se vos interesa avisade de que vides á cea en contacto@tarabela.org ou cun sms/chamada no telf: 68971530.
Os que queirades ir ensaiando podedes facelo con esta Recopilación de Cantos
O Serán comezou ás 5:30 na Casa da Xuventude de Lalín, o 21 de Novembro , xuntando durante as horas que durou algo máis de 130 persoas.
Para abrir boca comezamos a tocar os da casa: “Os Pedalá” . Os primeiros convidados en chegar foron os da Residencia “Geriatros” , que viñeron a compartir un ratiño con nós e algúns ata se animaron a botar uns bailes. Víanse ganas de festa!
Foi pasando a tarde, e caldeándose o ambiente. Tocaron unhas pezas algúns dos compoñentes dos “Xuncos” , despois os de “Outras Herbas” …, e a pistade baile que se ía enchendo: unha roda por aquí, un grupiño de cativas e cativos por alá, algúns observadores internacionais (estudando as distintas técnicas dos danzantes)…
E a iso das oito da tarde chegou o momento estelar: “As Señoras e Señores de Zobra” , que tanto nos teñen aprendido a todos os cantadores e bailadores de Galicia. GRACIAS POR MANTER SEMPRE VIVA A NOSA CULTURA.
A estas alturas xa non había quen parase o baile, as pernas ían soas pola pista: daba igual muiñeira, que xota, que mazurca, que rumba… Nesto chegou a quenda dos de Saídres, os “Pau de Buxo” , que maneira de tocar!!!!! Que ben se baila ao ritmo da súa música!!!!!!
Despois de tanto exercicio, foi preciso repoñer forzas antes dunha última atacada, sentámonos todos a cear unhas empanadas e un riquísimo potaxe de garavanzos que nos fixo Currás .
As fotos para os que non puidestes vir. Graciñas por elas a Luisa Areán , Nuria Vicente e Raquel Castro :
VEMONOS NO PROXIMO SERAN!!!!!!!
O sábado 2 sairemos Cantar os Reis polas tabernas de Lalín e entre viños e cantigas pasaremos unha noite coma as de antes.
A hora e o lugar do que sairemos anunciarémolo con tempo, pero lembrade que será o sábado 2 , e non o martes 5 tal e como estaba publicado no programa do 4º trimestre. Despois, os que veñades cantar e aqueles que vos queirades xuntar, teremos unha cea nun restaurante de Lalín no que continuaremos a festa. Se vos interesa avisade de que vides cantar e/ou á cea en contacto@tarabela.org ou cun sms ou chamada no telf: 689715300
Andamos a preparar un pequeno libriño de cantares no cal, se queredes, podedes participar remitíndonos algún. Repartirémolos por alí onde pasemos e entre os que veñades.
Informaremos con máis detalle durante a semana pero pedímosvos que avisedes canto antes para reservar a cea.
Estades tod@s convidad@s!!!!!!
10 anos de bo traballo nótanse de seguido en calquer formación musical, e no caso de Atmósfera 0 puidemos comprobalo xa nos primeiros acordes do que foi unha das mellores noites de música en Tarabela .
O sábado 7 de novembro non foi un dia no que a climatoloxía acompañase especialmente, pero á noitiña o tempo respetou e xuntámonos preto de medio cento de buscadores de sensacións para asistir ó concerto de Atmósfera 0 no Local de Tarabela .
Tendo sufrido cambios na súa composición ó longo da década que levan deixándose escoitar, Atmósfera 0 destila un xeito musical definido e fresco, que anima a seguir escoitando dende o primeiro momento e a poñer tódolos sentidos a traballar para non perder detalle do que regalan en cada nota.
O concerto dou comezo sobre as 22:00 e levounos a unha viaxe de case tres horas nas que a complicidade co público foi constante, sabendo manter as risas con chanzas, pezas adicadas e continuos ánimos a participar no espectáculo.
Músicos, artistas, definicións e calificativos apropiados para Atmósfera 0 : Vito , Fran , Mauro , Cacheda , Iago e Lorenzo .
Tampouco faltaron as colaboracións expontaneas, animadas e provocadas polos integrantes de Atmósfera 0 e que dan conta da calidade profesional e persoal que atesouran.
Dende Tarabela non podemos máis que reiterar o noso agradecemento por térennos regalado unha xornada excelente, poñéndose á nosa disposición dende o primeiro momento e achegando tódalas facilidades para levar adiante este concerto.
En definitiva, unha noite resolta coa máxima nota, chea de sensacións e detalles dificiles de esquecer, e que esperamos poder repetir máis e mellor nun futuro o menos lonxano posible.
FOTOS: M.J.Méijome (c)
Podedes saber máis de Atmósfera 0 no seu MySpace: http://www.myspace.com/atmosfera0
E para os que non puidestes asistir un anaquiño do que foi a noite gracias a DezTV (levan 10 anos, non se presentaron en Tarabela tal como se indica no comezo do vídeo )
Están confirmados para participar no Serán de Tarabela (máis información aquí ) os seguintes grupos:
PAU DE BUXO , de Saídres
OUTRAS HERBAS , de Santiso
PANDERETEIRAS DE ZOBRA
PEDALÁ , de Tarabela
OS XUNCOS , de Santiso
O sábado 21 , ás 17:30 Casa da Xuventude de Lalín , 1º Serán de Tarabela .
“Serán é o nome que se lles dá nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra ás festas participativas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban, claro, polo “serán”, á tardiña. Poderiamos dicir que é un “circuito de inverno”, o mellor xeito de ir de festa a tocar, cantar e bailar cando non hai máis a onde ir. Por iso a festa fana os que van ao serán.
E tampouco o fan de calquera xeito, existe unha organización tradicional ben clara e definida para os seráns , sobre todo no tocante ás pezas que leva un baile. En xeral nesta zona comézase a tocar polos solto: primeiro a jota, e logo á muiñeira (tamén chamada ribeirana), para pasar logo aos agarrados, xeralmente dous, a escoller en orde e tipo entre a danza (ou rumba, mazurca –por confusión-, tras-trás…), o pasodoble, o valse, ou o chiqui-chiqui (ou dous pasos), mazurca…
Tradicionalmente ao serán íase única e exclusivamente a tocar ou a bailar, porque digamos que estaba socialmente establecido así, era un moi bo xeito de relación dos mozos coas mozas. Pero non vos preocupedes se aínda non sabedes botar un solto: os seráns son unha moi boa escola, un dos mellores sitios onde aprender de xeito “natural” como botar unha jota ou unha muiñeira, vendo a mestría de moitos dos máis veteranos e expertos bailadores de toda a zona.
Así que animádevos, e integrádevos nunha das festas máis ancestrais e arraigadas que aínda se conservan no noso país: O SERÁN!! .”
Texto: Guillerme Ignacio Costa
O luns 16 , ás 22:15 no Local de Tarabela , Faladoiro co tema Os Pazos do Deza . Teremos como convidado a César Gomez Buxán .
O martes 17 , ás 21:30 no Local de Tarabela , terceira xornada do ANIRMAU09 adicada á Animación con Técnicas Mixtas .
O sábado 21 , ás 17:30 na Casa da Xuventude de Lalín , 1º Serán de Tarabela .
Un serán é un encontro de música e baile tradicional galego que antigamente se facía nas aldeas ao por o sol. O motivo era reunirse os veciños para tocar, bailar e cantar.
Dende Tarabela convidaremos a grupos de gaiteiros, de baile e canto da zona para tentar darlle vida a un serán . Estades todos convidados!!!