MAGOSTO EN TARABELA

30
Oct/09
0

Mañá sábado 31 magosto en Tarabela, e lembrade que temos saídas para recoller cogomelos. O cartel xa di todo:

magosto_revisado_POST

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 26 O 31 DE OUTUBRO

25
Oct/09
0

Semana de fotos, medos, cogomelos e magosto en Tarabela:

O martes 27, ás 22:00 no Local de Tarabela, teremos a segunda xuntanza de fotógrafos, onde planificaremos as rutas da próxima actividade e proxectaremos o documental “Fotógrafo de Guerra”, baseado na vida profesional de James Nachtwey. Tedes máis información aquí: II Xuntanza de Fotógrafos

WarPhotographer

O venres 30, dende as 20:00 ata as 6:oo, Noite de Terror nunha casa sorpresa de Lalín. Proxectaranse de forma continuada varios filmes de terror que iremos coñecendo durante a semana para ir mantendo o suspense. Haberá chocolate con churros para os que aguantes ata o final.

Para asistir a esta actividade é importante que chamedes/sms 689715300 ou remitades correo a contacto@tarabela.org para poder ter unha idea da xente que seremos.

medo

O venres 30, ás 22:00 no Local de Tarabela, Charla de Micoloxía.

Chega o outubro e ¿que mellor escusa que ir buscar uns cogomelos para dar un paseiño, desfrutar do monte e compartir unha recolleita cunha botella de bo viño? En Tarabela convocámosvos a unha pequena charla sobre os cogomelos na que veremos moitas das especies que o sábado, nunha saída conxunta, atoparemos polos montes do Deza. Á noite cociñaremos os cogomelos recollidos no centro social e posteriormente irémolos comer ao magosto de Tarabela. Poderás aprender a distinguir unhas poucas especies, as suficientes para, con seguridade, introducirte no coñecemento dos cogomelos. Bon apetit!.

cogomelo

O sábado 31 faremos dúas saídas a buscar cogomelos: unha ás 10:30 da mañá e outra ás 16:30.  O lugar de saída será o Local de Tarabela e se queres participar sen ter asistido á charla do venres chama/sms 689715300 ou remite un correo a contacto@tarabela.org

O sábado 31, ás 21:30, Magosto de Tarabela

Esta noite xuntarémonos no Prado de Tarabela se o tempo nos acompaña, se non no Local,  para comer castañas acompañadas de bo viño e bailar os catro bailares…

magosto1

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 19 O 24 DE OUTUBRO

17
Oct/09
0

O luns 19 de outubro, ás 22:15 no Local de Tarabela, 1º faladoiro.

Un faladoiro é unha reunión informal, para debater, informarse, compartir, crear ideas e xerar correntes de opinión. Un faladoiro é un instrumento educativo que ensina tolerancia e sentido crítico. Permite aos interesados estreita relacións e enriquecer a súa cultura, aos neófitos aprender dos máis experimentados e coñecer informalmente ás persoas da súa esfera. Os faladoiros serán grabados e extractaranse para tentar facer unha publicación en forma de Caderno que estará a disposición do público de xeito gratuito.

O tema deste primeiro faladoiro será “A situación medioambiental na Comarca do Deza”, contando como convidado con Daniel Manso, axente forestal e bo coñecedor da situación do medio natural da comarca.

faladoiro

O martes 20 de outubro, ás 21:30 no Local de Tarabela, Ciclo de Curtas Saharauis.

Proxectaranse tres curtas sobre a vida de varios nenos saharauis e posteriormente teremos coloquio.

neno_sahar

O xoves 22 de outubro, ás 20:30 no Local de Tarabela, Obradoiro de Literatura.

O obxectivo principal deste obradorio é o intercambio de información e opinión sobre obras actuais de calquera xénero literario. As primeiras sesións adicaranse á proposta de ideas sobre unha obra de lectura común para a súa posterior análise e comentario. O resultado final será unha reseña sobre o contido da obra obxecto de análise nas sesións iniciais.

literatura

O sábado 24, ás 21:30 no Local de Tarabela, 2º Ceador Intercultural.

Esta iniciativa enmárcase dentro dun proxecto de Tarabela no que se pretende, mediante unha actividade gastronónmica, fomentar a convivencia entre veciños e veciñas e novos veciños e veciñas. Unha vez ao mes presentarase en Tarabela unha das novas culturas que viven na vila a través da súa gastronomía e da convivencia cos seus protagonistas. “A cea está servida, quen se apunta?”.

ceadorucr

Iredes tendo máis información destas actividades nesta web ó longo da semana ou no correo contacto@tarabela.org

MUNDIAL FUTBOL MONDELIVRE

15
Oct/09
0

Como xa vimos anunciando este sábado 17 celébrase o Mundialiño de Futbol de Mondelivre. O cartel case que xa di todo:

mundi_post

Ler máis…

A CULTURA ABRE CASAS

9
Oct/09
0

O sábado 10 de outubro de 2009, “a cultura abre casas” ofrece degustacións musicais en vivo, en dous sitios de Lalín: o BALCÓN da Maragota + O XARDÍN do nº3 da rúa Principal…

Microsoft Word - Documento1

Ler máis…

FESTA AFROGALAICA DE MONDELIVRE

30
Sep/09
0

Alá fomos uns cantos en representación de Tarabela, e puidemos ir comprobando o que será o Mundialiño do 17 de outubro (podedes irvos anotando).

Isto é o que contan eles na súa web:

Decir que la jornada de la Festa Afrogalaica fue IMPRESIONANTE es quedarse muy corto. El nivel de participación de gente llegada desde Cerceda, Lalín, Ferrol, Santiago, Pontevedra… para compartir con Cameruneses, Caboverdianos, Nigerianos, Senegaleses… superó todo lo imaginado.

Gracias a los brasileños que aparecieron para bailar capoeira, gracias a la gente de Elviña por acogernos, gracias a los cocineros cameruneses e galegos, gracias a los cientos de personas por participar durante todo el día, por colaborar, por aportar… por demostrar que aquí nadie sobra!!!


Enhorabuena y besos a tod@s
!!!”

Lembrarvos que a súa web é http://mondelivre.blogspot.com/

Unha foto e un fotomatón:

Etiquetado como: Festa, Xeral