Demos paso á era do cemento, dando as costa ó pasado. Crimos nos cantos de serea da industralización e marchamos á cidade, abandoando as casas de nosos pais.
Agora vémolas apodrecer nas beirarúas, nos pobos baldeiros, agardando por alguén que as volte á vida.
Velaiquí unha pequena homenaxe….
Venres 7 de Maio ás 21:00 h no Local da Tarabela . Entrada de balde.
As fotografías estarán expostas no Local da Tarabela ata o 2 de Xuño .
O sábado 16 de xaneiro , ás 21:30 no Local de Tarabela , inauguración da Exposición de Fotografía: Piezas , con obras de David Silva .
Podedes atopar máis información deste fotógrafo no seu Flickr .
O xoves 14 , ás 22:00 no Local de Tarabela , Cineclub: Tres Colores: Blanco
.
O venres 15 ás 22:00 e o sábado 16 ás 17:30 (sesión infantil) no Local de Tarabela , “Tío Miseria “, espectáculo de títeres de Fantoches Baj .
“Tío Miseria” é un espectáculo de títeres de luva e variña, onde as personaxes son utensilios de cociña de uso cotián. A historia, creada a partir dos contos populares “O Ferreiro e o Demo” e “O peral da Tía Miseria” , conta en clave humorística o porqué da existencia da miseria no mundo.
.
O sábado 16 ás 21:30 no Local de Tarabela , exposición de fotos de David Silva .
Este é o roteiro seguido na Saída Fotográfica que realizamos o 12 de decembro no entorno do Mosteiro de Carboeiro e a Fervenza do Toxa :
Quedamos na Estación de Autobuses, lugar acordado para atoparnos e de onde saimos 5 afecionados á fotografía.
Chegamos ó mirador co Toxa aínda cuberto de neboa, empezan a sacarse as primeiras fotos pois a paisaxe de outono é perfecta para sacar o fotógrafo que cada un leva dentro.
Antes de baixar cara á Fervenza dirixímonos en sentido contrario ó discorrer do río polo canal da presa, entre os tuneis e pasos sobre o canal chegamos á ponte do AVE onde nos dispersamos: unhos baixan polo río, outros céntranse na ponte e algún tenta alcanzar a presa con dificultade.
Na volta engadimos un membro máis ó grupo e tralas presentacións baixamos seguindo o canal, chegando ó pé da Fervenza onde cada un desempéñase como pode loitando para que a auga non molle a cámara. Seguimos baixando o Toxa ata onde se xunta co Deza , escoitándose os opturadores das cámaras durante todo o camiño.
Na ponte sobre o Deza buscamos un lugar axeitado pra xantar sen alonxarnos moito.
Na volta á Fervenza seguimos parando na búsqueda de imaxes, facendo antes de irnos a necesaria foto de grupo. Pasamos de novo polo mirador e imos camiño do mosteiro. Recorremos o seu interior por todo lugar onde podemos, facendo o posible por aproveitar ata o último resto de luz tamén nos arredores do Deza .
Xa de noitiña voltamos pra Lalín pensando na próxima saída e as imaxes que levamos.
Algún exemplo:
FOTO: Manuel Iglesias Gómez
FOTO: Manuel Iglesias Gómez
FOTO: Angela García
FOTO: Angela García
FOTO: Pepe Barallobre
FOTO: Pepe Barallobre
FOTO: Pepe Barallobre
FOTO: Pepe Barallobre
FOTO: Pepe Barallobre
O venres 11 presentamos no Local de Tarabela unha exposición de fotografías de Otto Roca e a proxección dunha pequena curta-documental.
As fotografías tiveron moi boa acollida entre os asistentes, e entre castañas e conversas fumos intercambiando opinións
O autor, Otto Roca , explicounos a historia de Piedad , así como os diferentes momentos polos que transcurreu o proxecto de filmación
FOTO: M.J.Méijome (c)
O vídeo, dunha beleza certamente salientable, provoca, con imaxes e palabras, que ninguén permaneza indiferente
Piedad Ferreiro, 76, disfruta dos últimos días na súa vila natal, antes de trasladarse á cidade onde se instalará, de manera definitiva, baixo o coidado dos seus fillos.
“12 Noites con Piedad”, constitue a parte inicial dun proxecto documental que profundiza, dende unha perspectiva local, nun feito xeralizado a escala global: o éxodo da poboación do medio rural cara ás cidades e o proceso de readaptación, en ocasións hostil, que ésta debe afrontar ante o seu novo e alleo entorno.
O martes 15 , ás 21:00 no Local de Tarabela , teremos unha nova Xuntanza de Fotógrafos .
Se che gusta a fotografía, sexas afecionado ou profesional, tiras mil fotos ó mes ou duas ó ano, se pasas horas diante do ordenador procesando imaxes e buscando as mellores tomas ou ves as imaxes tal cual saen da cámara, seguro que che interesa asistir e pasar un bo momento falando do que nos gusta.
Na xuntanza miraremos e comentaremos algunha das fotografías que se tomaron na saída do sábado polo entorno da Fervenza do Toxa.
Teremos tamén unha pequena charla introductoria ó programa de procesado qtpfsgui , gratuito e específico para a técnica do HDR (os que estedes interesados podedes descargalo aquí ). O taller-charla será impartido por Manuel Iglesias .
Falaremos logo do Proxecto Pazos , do que posiblemente se presentarán e entregarán os roteiros e documentación, e de diversos temas como a creación dunha web conxunta na que mostrar as nosas fotografías, novos proxectos e outros.
O martes 15 , ás 21:30 no Local de Tarabela , Xuntanza de Fotógrafos .
Teremos a proxección das fotografías tomadas na saída do sábado, un pequeno taller e debatiremos diversas cuestións sobre o grupo de fotografía e próximas actividades.
.
O venres 18 , ás 22:00 no Local de Tarabela , Benxamín e Ivan . Prezo 4€.
Dous showmans e virtuosos da música lalinense quérennos regalar un anaquiño das súas creacións. Unha guitarra flamenca e un oboe, Iván e Benxamín . Algo incrible que non podedes perder.
.
O Obradoiro de Literatura do xoves 17 e o Ceador Intercultural do sábado 19 anunciados no programa trimestral pospóñen a súa celebración ata novo aviso.
En vistas do cambio de climatoloxía cara ó final da semana veñen de propoñernos unha saída fotográfica mañá sábado 12 .
O plan do día é:
10:00 Saída da estación de autobuses (mirarase de non levar un cento de coches). Se alguén quere incorporarse pola tarde ou a outra hora que envíe un correo a contacto@tarabela.org para poñer un punto de encontro.
10:30 Mirador da Fervenza do Toxa . Aproveitaremos esta zona para empezar a facer fotos, ensinando e aprendendo unhos dos outros.
14:00 Xantar “de campo” . Buscaremos un lugar axeitado, sendo preciso que levedes a comida (tamén é recomendable auga ou “líquido elemento”)
15:00 Río Deza . Baixaremos pola ruta marcada a carón do Deza ata que a luz acompañe.
Repetimos que hai que levar o xantar, e é recomendable roupa e calzado apropiado para camiñar. Para os máis despistados lembrade coller a cámara e “carretes”. As fotografías que se tomen proxectarémolas o martes 15 nunha xuntanza de fotógrafos da que xa informaremos.
Se vos animades estade un chisco antes das 10:00 na estación de autobuses, e a ser posible comunicade asistencia en contacto@tarabela.org .
O venres 11 , ás 21:30 no Local de Tarabela , presentación de “12 noites con Piedad “, mostra de fotografía e documental da man de Otto Roca .
“Cando José estaba moi enfermo díxome que quería que morrésemos xuntos, eu contesteille que non podía ser; non podíamos deixar aos fillos sós. O día que morreu, queimámolo. Gardo as súas cinzas en Leiroso, na casa na que naceu el, que tamén é na que nacín eu. Cando chegue o momento e me queimen a min, teño encargado que solten as nosas cinzas xuntas, ao pé dun castiñeiro “.
Piedad Ferreiro. Leiroso. Outono de 2009
76 anos de vivencias e amor polo que lle rodea a un, dan para moito.
12 noites convivindo con Piedad en Leiroso, mentras tentas captar a esencia da súa vida en fotografías, algo menos, mais había que tentalo.
Amor que hoxe atopa refuxio nas mans de Piedad, no xeito de desenvolverse no monte de castiñeiros e nas súas lembranzas ; as mesmas que iranse diluindo coma vago espellismo do que foron, solapado polos danos colaterais da súa inqueda ancianidade .
“12 noites con Piedad ”, estación orixinaria dun proxecto documental que pretende percorrer o éxodo do rural cara as cidades. Os seus protagonistas, persoas anónimas que por moi diversas situacións vense abocadas a deixa-lo campo, extensión de sí mesmos, para verse de un día para outro mergullados na súa nova i.realidade. Mantendo a ilusión, quizáis, de poder retornar algún día, ainda que sexa nunha pequena furna.
Otto Roca. Compostela. Inverno de 2009
O martes 8 , ás 21:00 no Local de Tarabela , Cine Foro con Sempre Xonxa de Chano Piñeiro .
Lembraremos a historia de Xonxa, Paco e Birutas co gallo do 20 aniversario deste título emblemático da cinematografía galega.
.
O venres 11 , ás 21:30 no Local de Tarabela , Exposición de Vídeo e Fotografía: Otto Roca .
Otto Roca . A Coruña, 1976. [E-(au)sencias] – work in progres ou cadernos dunha viaxe infinita- Fotoxornalista e fotógrafo documental especializado en reportaxes de interese humanístico e estilos de vida rural e tradicional.
Dende hai anos Compostela é cuarto obscuro onde procura refuxio, namentres, sen esgotar a súa capacidade de asombro, edita na súa mesa de luz realidades que se revelan ao outro lado do visor.
O autor convidanos a tod@s a adentrarnos nese territorio incerto e intanxible entre o alleo e o propio, o real e o imaxinario, a través dunha seleccción de pequenos mordiscos de realidade, que o axudan a percibir e recoñecer o que o rodea, e ilumina coordenadas cara a novos territorios inexplorados na procura de efímeros instantes de harmonía fugaz.
.
.
O sábado 12 , ás 22:00 no Local de Tarabela , Concerto de 3AZOTEAS .
Jazz como punto de partida, pero dende unha perspectiva aberta, sen prexuízos nen imposicións estilísticas ou compositivas.
O nome do grupo pode verse como unha alegoría do que implica este elemento constructivo: tres azoteas decoradas, organizadas e amobladas dunha forma diferente, pero integrantes do mesmo. A entrada será de 4€.