ANIVERSARIO DO PRESTIGE: EXPOSICION E VIDEO

13
Nov/09
0

O sábado 14, ás 21:30 no Local de Tarabela, Conmemoración do 7º Aniversario do Prestige.

Cúmplense 7 anos dun dos sucesos máis tráxicos da Galiza: o afundimento do Prestige. Cremos que ten que ser recordado para que Nunca Máis pase de novo.

PRESTIGE 2 internet

No acto inauguraremos unha exposición sobre a catástrofe, proxectaremos a reportaxe Sobrevivir ó Prestige de Cristina Fernández e contaremos coa presenza dunha persoa que nos informará sobre a situación actual do caso Prestige.

As fotografías son de Suso Rivas, tomadas no día de noiteboa do ano da desfeita. 7 imaxes de carrete de 35mm en B/N e positivadas por Juana Mª Arregui Indurain. Acompáñanse do seguinte texto (click para agrandar)

PRESTIGE 3 internet_post

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 9 O 15 DE NOVEMBRO

8
Nov/09
0

O luns 9, ás 22:15 no Local de Tarabela, Curso de 1º Auxilios. Os primeiros auxilios son as medidas que se toman inicialmente nun accidente ata que chega a axuda sanitaria, resultando fundamental  que sexan aplicados con rapidez e criterio. Falaremos das técnicas básicas e de como levalas a cabo.

primerosauxilios

O martes 10, ás 21:30 no Local de Tarabela, segunda xornada do ANIRMAU09, adicado á animación en 2D, os coñecidos debuxos animados.

cartelAnirmau09_post

O venres 13, ás 22:00 no Local de Tarabela, Pedro Brandariz presenta “P.G.U.”, un monólogo cómico no que se narra a vida dun gordo. Cun estilo agresivo e transgresor, Pedro Brandariz conta diversas peripecias da súa vida dende a perspectiva de gordo. Prezo 4€.

pedro brandariz

O sábado 14 Campionato de Ping-Pong. Se vos queredes apuntar ao primeiro Campionato de Ping Pong de Tarabela, mandádenos un correo a contacto@tarabela.org ou chamade/sms  ao teléfono 689715300. Informarémosvos das bases e do lugar de celebración.

ping pong

O sábado 14, ás 16:00 no Local de  Tarabela, taller de Stop Motion. Seguindo coa programación do ANIRMAU09 propoñémosvos este taller de animación impartido por Sergio Mella.

anirmautalleres_post

O sábado 14, ás 21:30 no Local de Tarabela, Aniversario do Prestige: Exposición e vídeo. No 7º Aniversario dun dos sucesos máis tráxicos da Galiza celebraremos un acto para lembrarnos do suceso e que nunca máis se repita. Inauguraremos unha exposición fotográfica de Suso Rivas e proxectaremos a reportaxe Sobrevivir ao Prestige de Cristina Fernández. Contaremos cunha persoa que nos informará sobre a situación actual do caso Prestige.

PRESTIGE

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 2 O 8 DE NOVEMBRO

2
Nov/09
0

O martes 3, ás 21:30 no Local de Tarabela, 1ª sesión do Festival de Curtas ANIRMAU09

anirmauflyer1_post

O sábado 7, ás 16:00 no Local de Tarabela, taller de Tilt Shift. Dentro do programa do ANIRMAU09 incluense dous talleres de vídeo e fotografía para animación sendo o primeiro de Tilt Shift, técnica que consiste en semellar “maquetas” nas nosas imaxes da realidade. José Manuel Rozas, cámara e membro de Tarabela, leva xa tempo facendo pequenos traballos en vídeo e fotografía empregando e investigando esta técnica.

tilfFoto: José Manuel Rozas

O sábado 7, ás 21:30 no Local de Tarabela, concerto de Atmósfera0 previo ó lanzamento da súa maqueta. Atmósfera0 son:

Voz e guitarra rítmica: Vito da Silva

Teclados: Iago Mouriño

Baixo: Mauro

Guitarrista solista: David Cacheda

Trompeta: Fran Lareu

Batería: Lorenzo Pérez

atmos0

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 26 O 31 DE OUTUBRO

25
Oct/09
0

Semana de fotos, medos, cogomelos e magosto en Tarabela:

O martes 27, ás 22:00 no Local de Tarabela, teremos a segunda xuntanza de fotógrafos, onde planificaremos as rutas da próxima actividade e proxectaremos o documental “Fotógrafo de Guerra”, baseado na vida profesional de James Nachtwey. Tedes máis información aquí: II Xuntanza de Fotógrafos

WarPhotographer

O venres 30, dende as 20:00 ata as 6:oo, Noite de Terror nunha casa sorpresa de Lalín. Proxectaranse de forma continuada varios filmes de terror que iremos coñecendo durante a semana para ir mantendo o suspense. Haberá chocolate con churros para os que aguantes ata o final.

Para asistir a esta actividade é importante que chamedes/sms 689715300 ou remitades correo a contacto@tarabela.org para poder ter unha idea da xente que seremos.

medo

O venres 30, ás 22:00 no Local de Tarabela, Charla de Micoloxía.

Chega o outubro e ¿que mellor escusa que ir buscar uns cogomelos para dar un paseiño, desfrutar do monte e compartir unha recolleita cunha botella de bo viño? En Tarabela convocámosvos a unha pequena charla sobre os cogomelos na que veremos moitas das especies que o sábado, nunha saída conxunta, atoparemos polos montes do Deza. Á noite cociñaremos os cogomelos recollidos no centro social e posteriormente irémolos comer ao magosto de Tarabela. Poderás aprender a distinguir unhas poucas especies, as suficientes para, con seguridade, introducirte no coñecemento dos cogomelos. Bon apetit!.

cogomelo

O sábado 31 faremos dúas saídas a buscar cogomelos: unha ás 10:30 da mañá e outra ás 16:30.  O lugar de saída será o Local de Tarabela e se queres participar sen ter asistido á charla do venres chama/sms 689715300 ou remite un correo a contacto@tarabela.org

O sábado 31, ás 21:30, Magosto de Tarabela

Esta noite xuntarémonos no Prado de Tarabela se o tempo nos acompaña, se non no Local,  para comer castañas acompañadas de bo viño e bailar os catro bailares…

magosto1

II XUNTANZA DE FOTOGRAFOS

24
Oct/09
0

O martes 27, ás 22:00 no Local de Tarabela, teremos a segunda xuntanza de fotógrafos, onde planificaremos as rutas da próxima actividade e proxectaremos o documental “Fotógrafo de Guerra”, baseado na vida profesional de James Nachtwey.

Tal e como acordamos na última xuntanza, estivemos a preparar unha serie de saídas fotográficas para as próximas semanas. O proxecto consistirá en marcar unhas rutas a percorrer polos fotógrafos, dispoñendo de 3-4 semanas para facelo, e logo recopilalas e facer unha proxección conxunta e publicalas na páxina web que estamos a preparar.

albariza_balado

FOTO: M.J.Méijome (c)

Con motivo do faladoiro que terá lugar en Tarabela o 16 de novembro, con tema “Os pazos do Deza”, pensamos que sería interesante que as rutas discorresen polo entorno dalgunhas destas edificacións, conxugando así a fotografía e unha labor de documentación e divulgación necesaria e practicamente inexistente. Na xuntanza do martes propoñeranse un grupo de rutas das que escolleremos aquelas que consideremos máis accesibles tanto en tempo como por proximidade, dando así o primeiro paso de cara a un proxecto que esperemos perdure no tempo  e sirva para coñecer algúns dos valores máis importantes e máis amiazados da nosa comarca.

É coñecido o grado de desprotección, abandono e destrucción que certo tipo de entornos e edificacións están a sufrir día a día, esquecendo moitas veces valores pouco visibles pero que forman parte da nosa historia e cultura. Como exemplo deses valores ocultos é salientable o traballo Toño Chouza sobre as congostras e corredoiras, no que en pouco máis de 4 minutos nos fai reflexionar sobre a importancia e riqueza dos nosos antigos camiños:

O camiño da Loureira from Toño Chouza on Vimeo.

Esta actividade está aberta a todos aqueles que queiran participar, independientemente do seu nivel, técnica ou preferencias fotográficas, polo que publicaremos as decisións que se tomen para que, aqueles que non poidan asistir o martes, se unan ó proxecto.

Despois de poñer as pautas para desenrolar este proxecto proxectaremos o documental “Fotógrafo de Guerra”, baseado na vida profesional de James Nachtwey, e no que se conta a vida, sensacións e percances no día a día destes profesionais.

WarPhotographer

James Nachtwey (Syracusa, estado de Nova Iorque, 1948) é un influinte fotógrafo de guerra estadounidense.

JamesNachtweyNacido en Siracusa e criado en Massachussetts, formouse en Historia da Arte e Ciencias Políticas. Influenciado polas imaxes da guerrra do Vietnam e o movemento dos direitos civiles dos afroamericanos, dicidiu adicarse a fotografía, ser fotógrafo. Traballou en navíos da mariña mercante e, mentres aprendía a fotografiar, traballou como interino na edición de películas documentais e como camioneiro. En 1976 comezou a traballar como fotógrafo de xornais en Novo México e, en 1980, mudouse a Nova Iorque para dar inicio a unha carreira de fotógrafo freelance para revistas. O seu primeiro traballo como fotógrafo internacional foi a cobertura do movemento civil en Irlanda do Norte en 1981 durante a folga de fame dos membros do IRA. Dende entón, James Nachtwey tense adicado a documentar guerras, conflictos e situacións sociais precarias.

Dende 1984 é fotógrafo da revista Time. Estivo asociado a Black Star de 1980 a 1985 e foi membro da Axencia Magnum de 1986 a 2001. Neste ano participou na fundación da axencia de fotografía VII Photo Agency. Ten feito exposicións individuais no International Center of Photography de Nova Iorque, na Bibliothèque Nationale de France en París, no Palazzo delle Esposizioni de Roma, no Museum of Photographic Arts de San Diego, na Culturgest de Lisboa, no Círculo de Bellas Artes de Madrid e na Fahey/Klein Gallery de Los Ángeles, entre as máis destacadas. Está asociado á Royal Photograpfic Society e é Doutor Honoris Causa na Facultade de Belas Artes de Massachusetts.

No 2001 publicouse o documental “War Photographer” baseado na súa obra, dirixido por Christian Frei e nominado ós Oscar como mellor película documental.

Pola duración do documental e os temas a tratar pregámosvos máxima puntualidade. Ás 22:00 comezaremos a expoñer e decidir as rutas e normas para a toma de fotografías e ás 22:30 comezará a proxección do documental. Animámosvos a asistir, tanto unha como outra actividade son do máximo interese.


Etiquetado como: Cine, Fotografía, Xeral

PROGRAMACION CUARTO TRIMESTRE 2009

17
Sep/09
1

Aquí está! Despois de darlle moitas voltas e traballalo a fondo, presentamos a programación de actividades que dende Tarabela temos preparadas para os meses de outubro, novembro e decembro de 2009.

O cartel de actividades (clic sobre el para ver en grande):

tarabela cartel4¼trim09

Ler máis…

OBRADOIRO DE FOTOGRAFIA

28
Ago/09
2

O venres 21, tal e como estaba anunciado, tivemos o primeiro obradoiro de fotografía. Adicado á evolución das cámaras fotográficas e ao manexo básico das cámaras réflex, tivemos a oportunidade de aprender algunhas sinxelas pautas para compoñer e facer distintas as nosas fotografías. Focais, velocidade, profundidade de campo, composición… Un taller certamente produtivo e cunha charla máis que amena entre os asistentes.

TallerFoto

Sodes moitos os que comunicastes que non poderiades asistir e estades a pedir que se repita (as datas son de moita festa e non se dá atendido a todo). Xa vos comunicamos que este obradoiro en concreto será repetido en setembro e están a prepararse outros (revelado dixital, almacenamento de imaxes, etc.).

FOTO: M.J.Méijome (c)
Etiquetado como: Fotografía, Taller, Xeral

FOTOGRAFIA: OBRADOIRO E NOVAS PROPOSTAS

20
Ago/09
0

Na última xuntanza de fotógrafos tivemos a sorte de poder ver as fotografías que co tema común “Lalín”, e o único requisito de que fosen tomadas dentro do casco urbano, propuxeramos realizar na primeira quedada.

Algunhas desas fotos:

Café_MeisaaCafé
Foto: M.J. Méijome (MeiSaa)

Ler máis…

MOISES E GABRIEL: PALABRAS E IMAXES

19
Ago/09
0

Unha noite para escoitar, ver e falar. Deste xeito podería definirse a xornada de onte en Tarabela.

O coloquio e a exposición non deixaron indiferente a ninguén, e os presentes tiveron a oportunidade de preguntar a Moisés Madma e Gabriel Tizón sobre as súas vivencias, os momentos e os países percorridos. Aprendimos, comparamos experiencias e formas de pensar, de ser, de ver a vida segundo o lugar en que nos atopemos e que ocupa cada un de nós. Falouse de inxustizas, de amizade, de sufrimentos e sorrisos, de muros que separan e conversas que unen. Para todos os presentes foi unha oportunidade única de coñecer de primeira man como se oculta a realidade, quen son os verdadeiros protagonistas e onde se crean e propician as diferenzas.

Esperamos poder contar con máis xornadas así e agradecemos sinceramente a Moisés e Gabriel a súa presenza en Tarabela.

MeiSaa_090818_2154_01

Ler máis…

FOTOGRAFIA, AUDIOVISUAL E CONFERENCIA

17
Ago/09
2

O martes 18, ás 21:30 h. no Local de Tarabela, contaremos cunha interesante actividade múltiple.

Inauguraremos en primeiro lugar a exposición de fotografía Sorrisos do Sur de Gabriel Tizón. A exposición está conformada por dez imaxes do día a día que amosan a alegría da xente en países moi pobres do continente africano. Alegría que alimenta a esperanza e as ansias de vivir destes pobos tan acostumados a convivir coa pobreza, en beneficio, entre outras, de sociedades coma a europea, causantes desta miseria para o seu enriquecemento. Dez imaxes que amosan que a ilusión por vivir a través dos sorrisos é algo que xamais poderá ser roubado, ademais de constituír unha lección para nós que tanto nos laiamos de non posuír máis.

Tizon

Ler máis…