PROGRAMA FESTA DO VENTO

13
Jul/10
0

FESTA DO VENTO – 17, 18, 21 E 24 DE XULLO

2
Jul/10
2

Tarabela cumpre un ano de existencia, xa somos máis de 200 socios, que apoian e colaboran nas actividades.

Dende o nacemento da asociación o 18 de xullo do ano pasado non deixamos de xirar, propoñendo un cento de actividades no que levamos de ano…… e hai que celebralo!

Grazas a tod@s por ser tan tarabelos !!

Programa de actividades: Festa do Vento

Etiquetado como:

CrONICA: Albert Fish + Ultima Sacudida

6
May/10
0

Ventos novos saen da Tarabela:

Eih, ooh, … let´s GO!

Nunha noite de confraternidade Punkarra luso-galaica, tivemos oportunidade de transgredir un pouco ao son de dúas bandas refentes no movemento Punk actual ao NORDE-SUL da Raia ..

exterior noite en Donramiro 17

exterior noite en Donramiro 17.

Man a man
entre Albert Fish e Última Sakudida.
Graciñas a todos polo voso bon facer!
Última Sakudida (e) + Albert Fish (d)

Última Sakudida (e) + Albert Fish (d) no local.

CrONICA: Maribingo

5
May/10
0

Se a Señora Condesa levantase a cabeza, tería pasado a tomarse un chupito de Licor café o pasado venres por Donramiro 17.

Nesta ocasión o local social engalanouse para recibir a Pía de Tolomei e Fernanda Pardo co seu espectáculo performático MARIBINGO.

Pía de Tolomei (e) e Fernanda Pardo (d)

Estas dúas persoeiras senlleiras  nos movementos asociativos e de loita polas igualdades de  galiza  fixeron boas migas coas veciñas do lugar, coma podedes supor.

Fernanda Pardo (e) aos mandos

Agradecénllose o seu paso por Donramiro, nomeámolas madriñas honorarias do segundo trimestre de 2010.

A placa conmemorativa ilumina dende entón o noso particular Hall of fame Tarabelo sobre a barra do local.

Etiquetado como: Concerto, Música, Teatro

Concerto: Coral polifonica de Agolada

24
Abr/10
0

Éxito de crítica e público na noite do pasado venres 23 en Donramiro.

Coral Polifónica de Agolada . Cortesía blog da coral

A Coral polifónica de Agolada ven de demostranos que Donramiro 17 pode ser un punto de encontro onde convivir e compatir experiencias interxeracionáis ben enriquecedoras para tod@s.

Dende a Tarabela queremos agradecerlles o seu bó facer i espíritu aberto. Grazas por traer á nosa casa -vosa dende xa- a polifonía máis alternativa da comarca.

Moitos éxitos!

máis info no seu blog

CABARET D’AQUI: PEPA & DAVIDE + MADAMME CELL – VENRES 12 AS 22:00

9
Feb/10
1

Dos creadores de Cabaret D’aquí…

Dúas voces temperamentais que seguen un camiño paralelo: a beleza, un obxectivo diferente ao que nos teñen acostumados con “Unha noite no muíño…”: o fin agora mesmo? BAILAR, os medios póñenos eles. Partindo dunha melodía que escoitaron nun bar, dunha vella copla, dun vinilo raiado dun faiado, revolven outra vez no saber popular, rural pero urbano en definitiva, séguenlle o rastro ata facelo evoluír de xeito natural e chegar a un son de hoxe, á vangarda. Somos novos e iso ai que festexalo. Esta nova viaxe empréndena cun vello acompañante: Madame Cell dende o piano ata as programacións electronicas.

O negro vai con todo”

E a antropoloxía non só e cousa nas aldeas. A sociedade urbán, sometida á insobornable velocidade viriliana do tempo real, está infestada de arrabais dixitais, códigos fonte desfigurados, singles raiados, píxeles errantes, motores de parabrisas tartaxas e outras pantasmas numéricas e pre-numéricas.

Pero isto non é un disco vello restaurado nen unha entrega- fascículo máis da nosa memoria-tradición. Esa mugre-egregor, rexeitada pola asepsia-píxel das coleccións subvencionadas e ignorada pola compresión-refaixo do mini-disc, a mini dv e demaís minis do infinito posmodernista, é o alimento vital de Pepa, Davide+ Madamme cell. O negro vai con todo:

Noisse, sudor, drum´bass, humidade, electro, sabor, cheiros de Marín, 70´house, bolero, sexo, pasodoble, máis sexo, o negro vai con todo autotempo

relax relax relax

Coma eles mesmos dín: …definitivamente, nós non facemos recollidas. Nós recollémonos entre nós mesmos nas alboradas á saída dos locais, salas, antros e demáis espacios alternativos, é decir, de alterne. Por un Alterne Xusto e solidario…

Mais información | Web Cabaret D’Aqui

Malandromeda o 23 de Xaneiro

20
Ene/10
0

O colectivo Malandromeda leva dez anos facendo hip hop dende Compostela e ofrecendo os seus directos enerxéticos por escenarios de todo o pais. MC Hevi de DJ Caldeirada pararan nesta ocasión por Donramiro e de seguro que montarán unha boa festa malandromica como reza o single do seu novo disco que nos veñen presentar titulado “7“. A discografía  de Malandromeda está publicada baixo licenza Creative Commons e podedela descargar copiar e difundir .Malandromeda 23 de Xaneiro

A cita con Malandromeda será o SABADO 23 de XANEIRO as 22:00 cunha entrada de 5 € para os non socios e 4 € para os socios. Podedes ver o seu show na habitación de Felucas

Páxina de Malandromeda

OSCAR FERNANDEZ, CONCERTO EN TARABELA

5
Ene/10
0

O venres 8 de xaneiro, ás 22:00 no Local de Tarabela, Oscar Fernandéz.

Oscar Foto

Concerto totalmente acústico con temas compostos por Oscar Fernández específicamente para unha zanfona contemporánea (17 cordas) buscando novos camiños de expresión  para este instrumento milenario máis moi preto das melodías e temas populares. Pezas tranquilas, pezas de máis virtuosismo e tamén versións de  temas populares e composicións de outros autores.  50 Minutos.

Oscar Fernández é músico de formación autodidacta. Interesado, principalmente, na música tradicional e folc de raíces europeas, comenza a estudar a técnica da Zanfona en 1997 e a introducila no repertorio de Os Cempés, actualmente co dúo Fdz. & Quintá e bOnOvO dos que  é compoñente.

Tamén é profesor de zanfona na Escola Municipal de Música de Narón, na Escola Livre da MPG de aCentral Folque e no coro Cantigas da Terra de A Coruña.

Entrada 5€ (Socios 4€)

http://www.myspace.com/oscarfernandez

http://www.myspace.com/bonovo

http://www.bonovo.org

Etiquetado como: Concerto, Música, Xeral

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 4 O 10 DE XANEIRO

3
Ene/10
0

O xoves 7, ás 22:00 no Local de Tarabela, Cineclub coa película  “Azul” de Krzysztof Kieslowski.

.

O venres 8, ás 22:00 no Local de Tarabela, Concerto de Oscar Fernández (zanfoña). Prezo 5€ (socios 4€).

Etiquetado como: Cine, Concerto, Música, Xeral

SAIMOS CANTAR OS REIS!!!!!!!!

31
Dic/09
0

Tal como anunciamos a primeiros de semana (aquí) o sábado 2 sairemos Cantar os Reis polas tabernas de Lalín, na procura de pasar unha noite festeira e divertida, coma as de antes que se di.

reisO punto de saída será a Taberna do Matelo, na Praza das Pipas, e acordamos quedar ás 19:00. Logo teremos unha cea nun restaurante de Lalín no que continuaremos a festa. Se vos interesa avisade de que vides  á cea en contacto@tarabela.org ou cun sms/chamada no telf: 68971530.

Os que queirades ir ensaiando podedes facelo con esta Recopilación de Cantos



Etiquetado como: Festa, Música, Xeral