CRONICA DO CONCERTO DE OLAIA TURNER TRIO

31
Dic/09
0

O 26 de decembro o Local de Tarabela quedouse pequeno e, con 66 espectadores ansiosos de asistir a unha xornada de Flamenco, podemos dicir que foi probablemente o mellor concerto deste xénero na comarca do Deza. Quen dixo que non había afección?

MeiSaa_091226_2301_15

Olaia Turner ofreceunos coa súa Voz unha mostra do seu repertorio acompañada da Guitarra de Iván García e as Percusións de Lar Legido, quen tamén nos permitiron desfrutalos en temas instrumentais, combinando saberes e arrincando aplausos con mestría.

Olaia Turner Trío repasou distintos cantes flamencos con unha proposta persoal e moderna, sen esquecer nunca o aspecto máis tradicional desta música.

Unha noite de flamenco en excelente compañía que supón un remate de ouro para as actividades desenroladas por Tarabela neste ano que en breve se nos vai.

MeiSaa_091226_2329_05

MeiSaa_091226_2345_08

MeiSaa_091226_2330_08

MeiSaa_091226_2330_11

MeiSaa_091226_2329_11

MeiSaa_091226_2318_01

MeiSaa_091226_2249_02

MeiSaa_091226_2239

MeiSaa_091226_2347_07

FOTOS: M.J.Méijome (c)
Etiquetado como: Concerto, Música, Xeral

BENXAMIN E IVAN, CRONICA DUNHA NOITE MAXICA

31
Dic/09
0

“tamén nós amamos a vida cando podemos”

MeiSaa_091219_0005_01

Esta referencia a Mahmud Darwish foi a entrada a outro dos momentos certamente especiais do feixe que estes dous artistas nos fixeron vivir na noite do 18 de decembro, unha frase que en si mesma resume a sorte de poder formar parte dunha ocasión única, dificilmente esquecible, máxica.

MeiSaa_091218_2330_04

Desfrutamos dun pequeno recital íntimo, recollido, con unha temperatura exterior que non superaba os 0ºC, pero que Iván e Benxamín nos souberon tornar coa música que levan dentro.

MeiSaa_091218_2253

Os algo máis de 25 espectadores saímos contentos, admirados, sabedores de que fora unha xornada máxica e digna de repetirse. A combinación do Flamenco de Iván, con unha guitarra que saca lume nas súas mans, xunto coa Música Contemporanea que nace do Oboe de Benxamín, supón un espectáculo para o que as palabras quizais non sexan o mellor medio de descripción, debendo deixar ós sentidos que sexan eles quen conten e expresen o que captan.

MeiSaa_091218_2257_02

MeiSaa_091218_2315

Iván e Benxamín, Benxamín e Iván, dous Músicos, con maiúscula, pois non hai mellor palabra para definilos. Dende Tarabela agradecer a vosa presencia e os nosos desexos de voltar a tervos tocando para nós canto antes.

MeiSaa_091218_2359_01

FOTOS: M.J.Méijome (c)

Etiquetado como: Concerto, Música, Xeral

CRONICA DO CONCERTO DE 3AZOTEAS

29
Dic/09
0

Algo máis de 25 persoas acudiron o sábado 12 de novembro  ó concerto do grupo de Jazz 3 Azoteas no Local de Tarabela.

chispon3

Foto: Chispón

Foi un concerto sorprendente, tanto para os afecionados ó xénero como para os primeirizos, cheo de versións e músicas compostas na maioría polo grupo e  inspiradas en situacións diarias, nas que intercalaron solos de contrabaixo, teclados e batería que foron especialmente aplaudidos.

O éxito da actuación mideuse nos minutos de aplausos que lles dedicaron os asistentes, o cal convenceu ó grupo a saltar a súa tradición de non facer bises e agasallarnos cunha improvisación espectacular, chea de risas e confidencias entre os músicos.

nuria1
Foto: Nuria Vicente

Despedímonos deles apalabrando unha nova actuación no primeiro trimestre do 2010, na que virán a presentarnos o seu primeiro traballo discográfico, en proceso de produción.

Para máis información sobre eles podedes visitar http://www.myspace.com/3azoteas

Etiquetado como: Concerto, Música, Xeral

CRONICA DO SERAN DE TARABELA

29
Dic/09
0

O Serán comezou ás 5:30 na Casa da Xuventude de Lalín, o 21 de Novembro, xuntando durante as horas que durou algo máis de 130 persoas.

Para abrir boca comezamos a tocar os da casa: “Os Pedalá”. Os primeiros convidados en chegar foron os da Residencia “Geriatros”, que viñeron a compartir un ratiño con nós e algúns ata se animaron a botar uns bailes. Víanse ganas de festa!

Foi pasando a tarde, e caldeándose o ambiente. Tocaron unhas pezas algúns dos compoñentes dos “Xuncos”, despois os de “Outras Herbas”…, e a pistade baile que se ía enchendo: unha roda por aquí, un grupiño de cativas e cativos por alá, algúns observadores internacionais (estudando as distintas técnicas dos danzantes)…

E a iso das oito da tarde chegou o momento estelar: “As Señoras e Señores de Zobra”, que tanto nos teñen aprendido a todos os cantadores e bailadores de Galicia. GRACIAS POR MANTER SEMPRE VIVA A NOSA CULTURA.

A estas alturas xa non había quen parase o baile, as pernas ían soas pola pista: daba igual muiñeira, que xota, que mazurca, que rumba… Nesto chegou a quenda dos de Saídres, os “Pau de Buxo”, que maneira de tocar!!!!! Que ben se baila ao ritmo da súa música!!!!!!

Despois de tanto exercicio, foi preciso repoñer forzas antes dunha última atacada, sentámonos todos a cear unhas empanadas e un riquísimo potaxe de garavanzos que nos fixo Currás.

As fotos para os que non puidestes vir. Graciñas por elas  a Luisa Areán, Nuria Vicente e Raquel Castro:

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

VEMONOS NO PROXIMO SERAN!!!!!!!

CANTO DE REIS E CEA

28
Dic/09
1

O sábado 2 sairemos Cantar os Reis polas tabernas de Lalín e entre viños e cantigas pasaremos unha noite coma as de antes.

reisA hora e o lugar do que sairemos anunciarémolo con tempo, pero lembrade que será o sábado 2, e non o martes 5 tal e como estaba publicado no programa do 4º trimestre. Despois, os que veñades cantar e aqueles que vos queirades xuntar, teremos unha cea nun restaurante de Lalín no que continuaremos a festa. Se vos interesa avisade de que vides cantar e/ou á cea en contacto@tarabela.org ou cun sms ou chamada no telf: 689715300

Andamos a preparar un pequeno libriño de cantares no cal, se queredes, podedes participar remitíndonos algún. Repartirémolos por alí onde pasemos e entre os que veñades.

Informaremos con máis detalle durante a semana pero pedímosvos que avisedes canto antes para reservar a cea.

Estades tod@s convidad@s!!!!!!

Etiquetado como: Festa, Música, Xeral

OLAIA TURNER TRIO, FLAMENCO EN TARABELA

23
Dic/09
0

O sábado 26, ás 22:00 no Local de Tarabela, Concerto de Olaia Turner Trio. 4€.

Olaia Turner, cantaora afincada en Santiago de Compostela, amosa o seu novo espectáculo. Arroupada por músicos que camiñan entre o Flamenco e o Jazz, Olaia fai un repaso polos distintos cantes flamencos amosándonos unha proposta persoal e moderna, sen perder en ningún momento o aspecto máis tradicional desta música.

MeiSaa_091223_1758

FOTO: M.J.Méijome (c)

Olaia Turner Trio son:

Olaia Turner: Cante

Iván García: Guitarra Flamenca

Lar Legido: Percusións

Etiquetado como: Concerto, Música, Xeral

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 21 O 27 DE DECEMBRO

20
Dic/09
0

Luns 21, ás 23:00 no Local de Tarabela, Faladoiro sobre o Antroido.

Kg, Luchi e Celso contarannos o traballo desenvolvido durante estes dous anos cos veciños de A Cacharela á hora de crear un Antroido urbano basado na tradición.

.

.

Martes 22, ás 21:30 no Local de Tarabela, Cine Foro: Un Conto de Noel, Desplechin.

Drama sobre unha familia que loita contra unha rara enfermidade xenética, pola cal xa perderon un fillo e perderán outro membro da familia se non atopan doante compatible de médula ósea.

.

.

Sábado 26, ás 22:00 no Local de Tarabela, Concerto de Olaia Turner Trio.

Olaia Turner, cantaora afincada en Santiago de Compostela, amosa o seu novo espectáculo. Arroupada por músicos que camiñan entre o Flamenco e o Jazz, Olaia fai un repaso polos distintos cantes flamencos amosándonos unha proposta persoal e moderna, sen perder en ningún momento o aspecto máis tradicional desta música.

Olaia Turner Trio son:

Olaia Turner: Cante

Iván García: Guitarra Flamenca

Lar Legido: Percusións

BENXAMIN E IVAN EN CONCERTO

17
Dic/09
1

O venres 18, ás 22:00 no Local de Tarabela, Concerto de Iván e Benxamín. Prezo 4€.

benxaivanFOTO: Juan L. Amado
www.flickr.com/gatomurr
.
.

Dous showmans e virtuosos da música lalinense quérennos regalar un anaquiño das súas creacións.

……

Unha guitarra flamenca e un oboe, Iván e Benxamín. Algo incrible que non podedes perder.

Etiquetado como: Concerto, Música, Xeral

3AZOTEAS, JAZZ EN TARABELA

9
Dic/09
0

O sábado 12, ás 22:oo no Local de Tarabela, concerto de 3AZOTEAS. Entrada 4€.

logo

3AZOTEAS ten como única pretensión darlle cabida ás inquedanzas musicais colectivas dos seus integrantes, tomando o jazz como punto de partida, pero dende unha perspectiva aberta, sen prexuízos nin imposicións estilísticas ou compositivas. O nome do grupo pode verse como unha alegoría do que implica como elemento construtivo; tres azoteas decoradas, organizadas e amobladas dunha forma diferente, pero integrantes do mesmo edificio e por tanto ensambladas dentro dunha construción e duns parámetros arquitectónicos similares. Este encontro musical, esta sorte de comunidade de veciños creativa, tenta facer un compendio dos gustos e experiencias musicais dos seus inquilinos para dar lugar a un proxecto no que a música se estenda como un fluído por riba das estruturas.

grupo

O trío participou no Festival de Jazz de Vigo Imaxinasons 2008, no XXXVI Certame Audiovisual Casino Liceo de Vilagarcía, no Festival Iberojazz 2009, no Arteria Noroeste Jazz Festival na sede da SGAE en Santiago de Compostela, no Pontevedra Campus Jazz 09, e no festival de Jazz das Mariñas.

PabloPerez

Pablo Pérez (contrabaixo, baixo eléctrico) ten unha bagaxe ampla e aberta como instrumentista e como compositor. Estudou con músicos como Daniel Martínez, Cecilio Morales, Quique Alvarado, Paco Charlín, Kin García, Dalibor Sebestnik e Alfonso Morán. Compuxo música para curtametraxes como “Tauromaquia” ou montaxes teatrais como “O Navegante” de Chévere. Neste mesmo ámbito é contrabaixista de directo da compañía Berrobambán. A súa música pode escoitarse en documentais, programas de televisión, spots comerciais de tv, radio e videoxogos. A súa actividade instrumental pasa por diversas formacións de música tradicional como “Fía Na Roca” ou “Xúa”, sendo nesta última tamén compositor e arranxista.

IagoMouriño

Iago Mouriño (piano, teclados) formouse inicialmente como pianista clásico, combinando ou seus estudos de Grao Medio cos seus primeiros pasos na música moderna. Formouse con músicos como Xavier Constenla e Carlos Calviño e actualmente é estudiante do Conservatorio Superior de Música de A Coruña. A súa actividade musical uniuse á teatral como compositor e guionista da compañía Teatro Secundario e colaborador habitual na montaxe de espazos sonoros para a Escola Municipal de Teatro de Lalín e actualmente formando parte da compañía profesional Fantoches Baj. Compuxo música para spots e fixo guións e fondos sonoros de radionovelas así como programas diversos de radio. Forma parte do Cuarteto Ancestral da productora Ancestral Música, participando en espectáculos de cine mudo con música en directo e concertos didácticos de música clásica, ademais de tocar ou gravar con grupos de pop-rock como Heissel, Gloomy House, Deuteronistas, Suitable, Atmósfera 0, facer colaboracións co Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín ou formar parte de grupos de jazz como Tres Tria Trium, Telegraph Vadis, DinA4ou Jazzeros Inoxidables.

MiguelQueixas

Miguel Queixas (batería) comeza no mundo da música de forma autodidácta ós 15 anos animado pola idea de montar unha banda de rock xunto cos seus amigos de sempre. Toma leccións de batería e linguaxe musical en Escuela de Músicos (A Coruña) onde recibe leccións dos bateristas Andrés Rivas e Manolo Brei. Un ano máis tarde comeza a estudiar na Escola Municipal de Música de A Coruña. Alí coñece a Miguel Cabana, o que significa un punto de inflexión á hora de decidir entregarse a tempo total á música e á batería. Con el estudia oficialmente durante 8 anos, e sígueo a facelo día a día compartindo un proxecto de percusión afro-cubana xunto co tamén gran percusionista Javier Ferreiro “Man” (Luar na lubre) Entre os anos 1999-2004 pasa por diferentes orquestras de baile galegas para logo continua-los os seus estudos tanto na Escola Municipal de Música de A Coruña na súa especialidade de jazz, impartida polo guitarrista José Antonio Acuña, como na “Escuela de Músicos” onde recibe clases da baterista Teresa Sayas. Dende o ano 2005 forma parte dos músicos compañía Nova Galega de Danza, ca que representa os espectáculos “Alento” e “Engado”. Durante o curso 2006-07 impartiu clases de bateria na xa citada “Escuela de Músicos” e no “Centro de Ensinanzas Musicais Adagio Cantabile” (A Coruña) Nese mesmo curso presentase ás probas de acceso ó Conservatorio Superior de Música de A Coruña, na especialidade de Jazz, onde estudia o terceiro curso. É o baterista da xa citada Nova Galega de Danza, ca que representa actualmente o seu novo espectáculo “Tradicción”.

Crítica no xornal “La Opinión” con motivo do concerto de 3AZOTEAS no IBEROJAZZ09

Hace aproximadamente un año, los integrantes de 3 Azoteas participaban junto a otros alumnos de la especialidad de jazz del Conservatorio Superior de Música de A Coruña -como lo harán el próximo día 29- en el combo que servía de muestra, bajo la dirección y atenta vigilancia de sus profesores, de las evoluciones de esos músicos tan jóvenes en su perfeccionamiento musical.

El proyecto del trío en cuestión nació, por tanto, como expresión de las inquietudes de una cantera que reclamaba su sitio con paso firme. Su actuación del pasado viernes, y el próximo lanzamiento de su primer disco, justifican sobradamente ese sitio ya ocupado y los logros de un trabajo serio y bien encauzado.

Su jazz bebe -en lo referente a su estructura, armonía e intención- del rock y el jazz progresivos, más empeñados en contar una historia que en limitarse a jugar con una progresión armónica estandarizada.

El pianista Iago Mouriño dispara alto, seguido y con tanto acierto que no deja una sola lata sobre su pedestal. Su mano derecha fluye con una dinámica y una técnica asombrosas, pero su discurso no pretende ser apabullante -a pesar de su inevitable protagonismo dado el formato- y también expresa buenas cotas de romanticismo. Éste quedó patente en su elocuente pasaje a piano solo en la versión del preludio de Chopin que también inspiró aquel célebre Insensatez arbolado por Jobim.

Otra versión de mérito fue el desfigurado Thriller de Michael Jackson. El resto del repertorio lo ocuparon bellos originales que lucirán con personalidad en su trabajo discográfico.

Miguel Queixas y Pablo Pérez dirigen desde sus puestos la trayectoria de la nave con mucho tacto: el primero con un toque sensible, equilibrado, alegre y exento de la descarga energética presumible para un contexto jazz rock (todo un acierto en pro del sonido del trío); el segundo con un gran sentido del espacio, con líneas muy emotivas en las baladas y con solvencia en los momentos de presión. Jazz con mucha salud.

QUINITO L. MOURELLE

Etiquetado como: Concerto, Música, Xeral

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 7 O 13 DE DECEMBRO

7
Dic/09
0

O martes 8, ás 21:00 no Local de Tarabela, Cine Foro con Sempre Xonxa de Chano Piñeiro.

Lembraremos a historia de Xonxa, Paco e Birutas co gallo do 20 aniversario deste título emblemático da cinematografía galega.

sempre xonxa

.

O venres 11, ás 21:30 no Local de Tarabela, Exposición de Vídeo e Fotografía: Otto Roca.

Otto Roca. A Coruña, 1976. [E-(au)sencias] – work in progres ou cadernos dunha viaxe infinita- Fotoxornalista e fotógrafo documental especializado en reportaxes de interese humanístico e estilos de vida rural e tradicional.

Otto

Dende hai anos Compostela é cuarto obscuro onde procura refuxio, namentres, sen esgotar a súa capacidade de asombro, edita na súa mesa de luz realidades que se revelan ao outro lado do visor.

O autor convidanos a tod@s a adentrarnos nese territorio incerto e intanxible entre o alleo e o propio, o real e o imaxinario, a través dunha seleccción de pequenos mordiscos de realidade, que o axudan a percibir e recoñecer o que o rodea, e ilumina coordenadas cara a novos territorios inexplorados na procura de efímeros instantes de harmonía fugaz.

.

.

O sábado 12, ás 22:00 no Local de Tarabela, Concerto de 3AZOTEAS.

Jazz como punto de partida, pero dende unha perspectiva aberta, sen prexuízos nen imposicións estilísticas ou compositivas.

3azoteas

O nome do grupo pode verse como unha alegoría do que implica este elemento constructivo: tres azoteas decoradas, organizadas e amobladas dunha forma diferente, pero integrantes do mesmo. A entrada será de 4€.