Este é o roteiro seguido na Saída Fotográfica que realizamos o 12 de decembro no entorno do Mosteiro de Carboeiro e a Fervenza do Toxa :
Quedamos na Estación de Autobuses, lugar acordado para atoparnos e de onde saimos 5 afecionados á fotografía.
Chegamos ó mirador co Toxa aínda cuberto de neboa, empezan a sacarse as primeiras fotos pois a paisaxe de outono é perfecta para sacar o fotógrafo que cada un leva dentro.
Antes de baixar cara á Fervenza dirixímonos en sentido contrario ó discorrer do río polo canal da presa, entre os tuneis e pasos sobre o canal chegamos á ponte do AVE onde nos dispersamos: unhos baixan polo río, outros céntranse na ponte e algún tenta alcanzar a presa con dificultade.
Na volta engadimos un membro máis ó grupo e tralas presentacións baixamos seguindo o canal, chegando ó pé da Fervenza onde cada un desempéñase como pode loitando para que a auga non molle a cámara. Seguimos baixando o Toxa ata onde se xunta co Deza , escoitándose os opturadores das cámaras durante todo o camiño.
Na ponte sobre o Deza buscamos un lugar axeitado pra xantar sen alonxarnos moito.
Na volta á Fervenza seguimos parando na búsqueda de imaxes, facendo antes de irnos a necesaria foto de grupo. Pasamos de novo polo mirador e imos camiño do mosteiro. Recorremos o seu interior por todo lugar onde podemos, facendo o posible por aproveitar ata o último resto de luz tamén nos arredores do Deza .
Xa de noitiña voltamos pra Lalín pensando na próxima saída e as imaxes que levamos.
Algún exemplo:
FOTO: Manuel Iglesias Gómez
FOTO: Manuel Iglesias Gómez
FOTO: Angela García
FOTO: Angela García
FOTO: Pepe Barallobre
FOTO: Pepe Barallobre
FOTO: Pepe Barallobre
FOTO: Pepe Barallobre
FOTO: Pepe Barallobre
En vistas do cambio de climatoloxía cara ó final da semana veñen de propoñernos unha saída fotográfica mañá sábado 12 .
O plan do día é:
10:00 Saída da estación de autobuses (mirarase de non levar un cento de coches). Se alguén quere incorporarse pola tarde ou a outra hora que envíe un correo a contacto@tarabela.org para poñer un punto de encontro.
10:30 Mirador da Fervenza do Toxa . Aproveitaremos esta zona para empezar a facer fotos, ensinando e aprendendo unhos dos outros.
14:00 Xantar “de campo” . Buscaremos un lugar axeitado, sendo preciso que levedes a comida (tamén é recomendable auga ou “líquido elemento”)
15:00 Río Deza . Baixaremos pola ruta marcada a carón do Deza ata que a luz acompañe.
Repetimos que hai que levar o xantar, e é recomendable roupa e calzado apropiado para camiñar. Para os máis despistados lembrade coller a cámara e “carretes”. As fotografías que se tomen proxectarémolas o martes 15 nunha xuntanza de fotógrafos da que xa informaremos.
Se vos animades estade un chisco antes das 10:00 na estación de autobuses, e a ser posible comunicade asistencia en contacto@tarabela.org .
Aquí está! Despois de darlle moitas voltas e traballalo a fondo, presentamos a programación de actividades que dende Tarabela temos preparadas para os meses de outubro, novembro e decembro de 2009.
O cartel de actividades (clic sobre el para ver en grande):
Ler máis…
Foi unha ruta moi suave, que todos rematamos sen dificultade. Tivemos un día boísimo, máis propio de xullo ca de setembro, pero a pesar disto nós fomos case todo o tempo ao fresco da sombra que nos ofrecía o bosque de ribeira que acompaña ao Lérez no seu camiñar.
Ler máis…
O sábado 5 , sairemos ás 10:00 da mañá dende o Local de Tarabela para percorrer esta ruta e disfrutar de todo o entorno do Lerez. É importante que traiades de comer e lembrade que a volta está programada para as 17:00 (aproximado). Tamén compre que avisedes por correo a contacta@tarabela.org ou chamando/sms ó 689715300 , así poderemos organizar mellor o transporte e o roteiro. Lembrade que é de dificultade baixa polo que pode apuntarse todo o mundo.
Ler máis…
A Comisión de Actividades anda a preparar con intensidade as actividades do 4º trimestre do ano (contacta con Tarabela se tes algunha proposta ou queres colaborar). Polo de agora informamos do que vai suceder a próxima semana:
Ler máis…
Ao final non choveu o domingo. O día acompañou con sol e un airiño que fixo máis que agradable o camiñar.
Despois dunha fin de semana de inverno foron moitos os que cancelaron a súa asistencia ao roteiro, pero cinco intrépidos collimos camiño de Oseira sobre as 10 da mañá e chegamos ás 18 h. a Lalín, despois dun bo paseo de algo máis de 20 km con visita ao mosteiro incluída.
FOTOS: M.J.Méijome (c)
Semana completiña con teatro, música e un paseo xeitoso.
Lembrade que o teatro do día 30 ten unha entrada de 4€. Así mesmo, pedímosvos que comuniquedes con antelación a vosa asistencia ao teatro e á ruta ben mediante correo a contacto@tarabela.org ou ben no telf.: 689715000.