FESTA DO VENTO – 17, 18, 21 E 24 DE XULLO

2
Jul/10
2

Tarabela cumpre un ano de existencia, xa somos máis de 200 socios, que apoian e colaboran nas actividades.

Dende o nacemento da asociación o 18 de xullo do ano pasado non deixamos de xirar, propoñendo un cento de actividades no que levamos de ano…… e hai que celebralo!

Grazas a tod@s por ser tan tarabelos !!

Programa de actividades: Festa do Vento

Etiquetado como:

CRONICA DO SERAN DE TARABELA

29
Dic/09
0

O Serán comezou ás 5:30 na Casa da Xuventude de Lalín, o 21 de Novembro, xuntando durante as horas que durou algo máis de 130 persoas.

Para abrir boca comezamos a tocar os da casa: “Os Pedalá”. Os primeiros convidados en chegar foron os da Residencia “Geriatros”, que viñeron a compartir un ratiño con nós e algúns ata se animaron a botar uns bailes. Víanse ganas de festa!

Foi pasando a tarde, e caldeándose o ambiente. Tocaron unhas pezas algúns dos compoñentes dos “Xuncos”, despois os de “Outras Herbas”…, e a pistade baile que se ía enchendo: unha roda por aquí, un grupiño de cativas e cativos por alá, algúns observadores internacionais (estudando as distintas técnicas dos danzantes)…

E a iso das oito da tarde chegou o momento estelar: “As Señoras e Señores de Zobra”, que tanto nos teñen aprendido a todos os cantadores e bailadores de Galicia. GRACIAS POR MANTER SEMPRE VIVA A NOSA CULTURA.

A estas alturas xa non había quen parase o baile, as pernas ían soas pola pista: daba igual muiñeira, que xota, que mazurca, que rumba… Nesto chegou a quenda dos de Saídres, os “Pau de Buxo”, que maneira de tocar!!!!! Que ben se baila ao ritmo da súa música!!!!!!

Despois de tanto exercicio, foi preciso repoñer forzas antes dunha última atacada, sentámonos todos a cear unhas empanadas e un riquísimo potaxe de garavanzos que nos fixo Currás.

As fotos para os que non puidestes vir. Graciñas por elas  a Luisa Areán, Nuria Vicente e Raquel Castro:

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

VEMONOS NO PROXIMO SERAN!!!!!!!

GRUPOS DO SERAN

18
Nov/09
1

Están confirmados para participar no Serán de Tarabela (máis información aquí)  os seguintes grupos:

PAU DE BUXO, de Saídres

OUTRAS HERBAS, de Santiso

PANDERETEIRAS DE ZOBRA

PEDALÁ, de Tarabela

OS XUNCOS, de Santiso

cartelseran

SERAN DE TARABELA

17
Nov/09
2

O sábado 21, ás 17:30 Casa da Xuventude de Lalín, 1º Serán de Tarabela.

Serán é o nome que se lles dá nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra ás festas participativas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban, claro, polo “serán”, á tardiña. Poderiamos dicir que é un “circuito de inverno”, o mellor xeito de ir de festa a tocar, cantar e bailar cando non hai máis a onde ir. Por iso a festa fana os que van ao serán.

seran_post

E tampouco o fan de calquera xeito, existe unha organización tradicional ben clara e definida para os seráns, sobre todo no tocante ás pezas que leva un baile. En xeral nesta zona comézase a tocar polos solto: primeiro a jota, e logo á muiñeira (tamén chamada ribeirana), para pasar logo aos agarrados, xeralmente dous, a escoller en orde e tipo entre a danza (ou rumba, mazurca –por confusión-, tras-trás…), o pasodoble, o valse, ou o chiqui-chiqui (ou dous pasos), mazurca…

Tradicionalmente ao serán íase única e exclusivamente a tocar ou a bailar, porque digamos que estaba socialmente establecido así, era un moi bo xeito de relación dos mozos coas mozas. Pero non vos preocupedes se aínda non sabedes botar un solto: os seráns son unha moi boa escola, un dos mellores sitios onde aprender de xeito “natural” como botar unha jota ou unha muiñeira, vendo a mestría de moitos dos máis veteranos e expertos bailadores de toda a zona.

Así que animádevos, e integrádevos nunha das festas máis ancestrais e arraigadas que aínda se conservan no noso país: O SERÁN!!.”

Texto: Guillerme Ignacio Costa