Os dias 2 e 3 de Xullo a Tarabela organiza o I Encontro de Arte e Natureza, tamén chamado Lalinarte onde os artistas pontevedreses Antón Sobral e Fernando Lafuente dirixirán a actividade creativa.
O encontro constará dunha sesión teorica-visual o venres 2 a partir das 18h onde se fará unha aproximación as experiencias de land art realizadas en Galicia e no mundo. Proxectarase material que describe o proceso artístico dos artistas mais importates neste eido. Proxectarase a película Rios e Mareas .
O sábado 3 a partir das 9:30 xuntaremonos na Tarabela para inciar o día de traballo in situ na carballeira da Crespa onde os artistas realizarán as suas obras na mesma natureza sempre efímeras, e respetuosas co entorno e contando co asesoramento dos coordinadores da actividade. As 20:00 voltaremos a Tarabela pra poñer en común os traballos realizados.
O Domingo 4 a partir das 12:00 xuntaremonos na Tarabela para por en común das propostas e ás 14:30 celebraremos un xantar de despedida.
A filosofía do encontro será traballar a partir dos sentidos. Percibir o espiritu do bosque. Escoitar, ollar, cheirar, degustar, tocar o espacio natural. Deixarse transportar polas cores das vellas árbores con miles de formas e texturas. Deter o tempo. Pasear paseniño. Escoitar o son do vento. Intervir con delicadeza e creatividade. Pintar con flores. Escribir con trozos de ramas. Ordear as follas caidas do inverno ..
E un obradoiro aberto onde artistas e amigos da natureza traballarán na Carballeira da Crespa .
As persoas que interesadas poden inscribirse contactando a través das seguintes opcións:
ó correo: otto@tarabela.org
no móbil: 687481816
Cuota de participación 10€ – socios da Tarabela, de balde. -
Animadevos, ainda quedan prazas.
Obradoiro
de NOVAS TECNOLOXIAS para MAIORES .
Obradoiro de NOVAS TECNOLOXIAS para MAIORES
Recibirás AXUDA atopando solucións prácticas e sinxelas sobor:
NAVEGAR POR INTERNET, TDT , CONTESTADOR AUTOMÁTICO, SMS, BLOG, SKYPE, E-MAIL , FACEBOOK
REDES SOCIAIS, AUTOAPRENDIZAXE, RESPONSABILIDADE , DE XEITO DIVERTIDO e SEGURO
Neste obradoiro dirixido a maiores de 40 anos trataremos de estreitar algo a famosa fenda dixital , tentando axudarte a lle perder o medo ás novas tecnoloxías para que aprendas a empregalas no teu favor. De seguro, non has de quedar defraudad@. Agardámoste por Donramiro 17. ANÍMATE !!
Reunión Informativa - sen compromiso algún -
Luns 26 de Abril ás 5 da tarde
Local Social: Donramiro 17
Debido factores meteorolóxicos, e xa que a maior parte da actividade é o aire libre, vémonos na obriga de aprazar as actividades previstas para esta fin de semana, a xuntanza de Arte e Natureza e o concerto de Rumba Oeste do sábado 27.
Pedimos desculpas a todos aqueles que tiñades pensado participar.
Avisaremos da próxima data destas actividades.
O martes 15 , ás 21:00 no Local de Tarabela , teremos unha nova Xuntanza de Fotógrafos .
Se che gusta a fotografía, sexas afecionado ou profesional, tiras mil fotos ó mes ou duas ó ano, se pasas horas diante do ordenador procesando imaxes e buscando as mellores tomas ou ves as imaxes tal cual saen da cámara, seguro que che interesa asistir e pasar un bo momento falando do que nos gusta.
Na xuntanza miraremos e comentaremos algunha das fotografías que se tomaron na saída do sábado polo entorno da Fervenza do Toxa.
Teremos tamén unha pequena charla introductoria ó programa de procesado qtpfsgui , gratuito e específico para a técnica do HDR (os que estedes interesados podedes descargalo aquí ). O taller-charla será impartido por Manuel Iglesias .
Falaremos logo do Proxecto Pazos , do que posiblemente se presentarán e entregarán os roteiros e documentación, e de diversos temas como a creación dunha web conxunta na que mostrar as nosas fotografías, novos proxectos e outros.
O martes 15 , ás 21:30 no Local de Tarabela , Xuntanza de Fotógrafos .
Teremos a proxección das fotografías tomadas na saída do sábado, un pequeno taller e debatiremos diversas cuestións sobre o grupo de fotografía e próximas actividades.
.
O venres 18 , ás 22:00 no Local de Tarabela , Benxamín e Ivan . Prezo 4€.
Dous showmans e virtuosos da música lalinense quérennos regalar un anaquiño das súas creacións. Unha guitarra flamenca e un oboe, Iván e Benxamín . Algo incrible que non podedes perder.
.
O Obradoiro de Literatura do xoves 17 e o Ceador Intercultural do sábado 19 anunciados no programa trimestral pospóñen a súa celebración ata novo aviso.
Como xa sabedes, durante o pasado mes de novembro, tivemos en Tarabela o ANIRMAU09 , un festival de curtas de animación froito do traballo da xente do IES Ramón María Aller Ulloa .
A asistencia de público ás proxecións foi en aumento cada xornada e as mostras de interés constantes, polo que xa estamos a preparar o ANIRMAU10 que virá cargado de novedades. Deixámosvos un resumo do que foron os dous talleres que se celebraron.
TILT SHIFT , con Jose Manuel Rozas , cámara e membro de Tarabela , leva xa tempo facendo pequenos traballos en vídeos e fotografía empregando e investigando a técnica de Tilt Shift . Con fotografías tomadas en diversas localizacións e eventos da vila de Lalín, púxonos no camiño de comezar a traballar nesta interesante técnica.
……………….
……………….
STOP MOTION , con Sergio Mella , membro do colectivo Miolos de Fume (Vila de Cruces) e bo coñecedor de distintas técnicas de animación, entre elas a de Stop Motion . Mostrounos que cunhas sinxelas ferramentas e materiais do máis común, se poden recrear esceas e darlle vía libre á imaxinación.
……………….
Se queredes participar na preparación do próximo ANIRMAU10 ou tendes algunha idea que consideredes interesante sobre o tema xa sabedes contacto@tarabela.org .
Veñen de comunicarnos a cancelación do Obradoiro de Literatura previsto no programa para o xoves 26 .
Pedimos desculpas a todos aqueles que tiñades pensado participar e agradecemos o voso interese.
O sábado 14 , ás 16:00 no Local de Tarabela , taller de “Stop Motion” impartido por Sergio Mella .
Seguindo coa programación do ANIRMAU09 traemos este sábado, da man de Sergio Mella, un taller de Stop Motion , unha oportunidade para empezar a introducirnos nesta técnica coa axuda dun membro de Miolos de Fume con experiencia xa neste tipo de animación.
O luns 9 , ás 22:15 no Local de Tarabela , Curso de Primeiros Auxilios .
Alberto Granja (Kg ), falaranos da importancia dos primeiros auxilios, as medidas que se toman inicialmente nun accidente ata que chega a axuda sanitaria, e que resultan fundamentais xa que, aplicados con rapidez e criterio, son determinantes para reducir as consecuencias e en ocasións salvar vidas.
Toda a poboación debería ter uns coñecementos mínimos para saber como afrontar situacións onde está en risco unha vida. Con sorte nunca nos atoparemos nunha situación na que sexa necesario actuar, pero…e se ocorre? entón o mellor é estar preparados para non ser invadidos pola sensación de impotencia de non saber que facer.
Nesta charla sobre primeiros auxilios falarase das técnicas básicas que se dan obrigatoriamente aos escolares en moitos países de Europa. Son consellos básicos sobre que facer e que non facer en determinadas situacións, para as que non hai que ter coñecementos sanitarios, pero que poden marcar a diferenza en tre a vida e a morte.
O luns 9 , ás 22:15 no Local de Tarabela , Curso de 1º Auxilios . Os primeiros auxilios son as medidas que se toman inicialmente nun accidente ata que chega a axuda sanitaria, resultando fundamental que sexan aplicados con rapidez e criterio. Falaremos das técnicas básicas e de como levalas a cabo.
O martes 10 , ás 21:30 no Local de Tarabela , segunda xornada do ANIRMAU09 , adicado á animación en 2D , os coñecidos debuxos animados.
O venres 13 , ás 22:00 no Local de Tarabela , Pedro Brandariz presenta “P.G.U.” , un monólogo cómico no que se narra a vida dun gordo. Cun estilo agresivo e transgresor, Pedro Brandariz conta diversas peripecias da súa vida dende a perspectiva de gordo. Prezo 4€.
O sábado 14 Campionato de Ping-Pong . Se vos queredes apuntar ao primeiro Campionato de Ping Pong de Tarabela , mandádenos un correo a contacto@tarabela.org ou chamade/sms ao teléfono 689715300 . Informarémosvos das bases e do lugar de celebración.
O sábado 14 , ás 16:00 no Local de Tarabela , taller de Stop Motion . Seguindo coa programación do ANIRMAU09 propoñémosvos este taller de animación impartido por Sergio Mella .
O sábado 14 , ás 21:30 no Local de Tarabela , Aniversario do Prestige: Exposición e vídeo . No 7º Aniversario dun dos sucesos máis tráxicos da Galiza celebraremos un acto para lembrarnos do suceso e que nunca máis se repita. Inauguraremos unha exposición fotográfica de Suso Rivas e proxectaremos a reportaxe Sobrevivir ao Prestige de Cristina Fernández . Contaremos cunha persoa que nos informará sobre a situación actual do caso Prestige.