O sábado 7 , ás 16:00 no Local de Tarabela , teremos o primeiro dos dous talleres anunciados no ANIRMAU09 , será o correspondente á técnica Tilt Shift e estará impartido por Jose Manuel Rozas :
Foto: Jose Manuel Rozas
A técnica do Tilt Shift consiste en tomar imaxes (vídeo ou foto) empregando obxetivos descentrables ou manipulándoas posteriormente con software para dar a sensación de que estamos a ver maquetas. Animádevos e asistide que seguro vai a ser interesante.
Aproveitando o traballo feito polos alumnos do IES RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA celebraremos este mes de novembro o festival de curtas ANIRMAU09 , no cal se proxectarán máis de 40 curtas de animación e se celebrarán dous talleres de técnicas para a elaboración desta disciplina. Nas distintas sesións teremos a posibilidade de ver traballos en animación 3D , animación tradicional , técnicas mixtas e unha selección especial de traballos galegos do últimos anos.
A primeira sesión , que se celebrara o martes 3 de novembro no Local de Tarabela , con entrada gratuita ás 21:30 , estará adicada a obras realizadas en 3d:
Con este festival dende Tarabela queremos xuntar a todos aqueles afecionados a esta disciplina artística e, co tempo e se resulta axeitado, tentar convertilo en algo de máis envergadura. Animámosvos a todos a asistir.
O sábado 31 tivemos no Local de Tarabela unha rolda de prensa onde presentamos o festival:
Faro de Vigo
O martes 3 , ás 21:30 no Local de Tarabela , 1ª sesión do Festival de Curtas ANIRMAU09
O sábado 7 , ás 16:00 no Local de Tarabela , taller de Tilt Shift . Dentro do programa do ANIRMAU09 incluense dous talleres de vídeo e fotografía para animación sendo o primeiro de Tilt Shift , técnica que consiste en semellar “maquetas” nas nosas imaxes da realidade. José Manuel Rozas , cámara e membro de Tarabel a, leva xa tempo facendo pequenos traballos en vídeo e fotografía empregando e investigando esta técnica.
Foto: José Manuel Rozas
O sábado 7 , ás 21:30 no Local de Tarabela , concerto de Atmósfera0 previo ó lanzamento da súa maqueta. Atmósfera0 son:
Voz e guitarra rítmica: Vito da Silva
Teclados: Iago Mouriño
Baixo: Mauro
Guitarrista solista: David Cacheda
Trompeta: Fran Lareu
Batería: Lorenzo Pérez
O xoves 22 de outubro , ás 21:30 no Local de Tarabela .
O obxectivo principal deste obradorio é o intercambio de información e opinión sobre obras actuais de calquera xénero literario. As primeiras sesións adicaranse á proposta de ideas sobre unha obra de lectura común para a súa posterior análise e comentario. O resultado final será unha reseña sobre o contido da obra obxecto de análise nas sesións iniciais.
O luns 19 de outubro , ás 22:15 no Local de Tarabela , 1º faladoiro .
Un faladoiro é unha reunión informal, para debater, informarse, compartir, crear ideas e xerar correntes de opinión. Un faladoiro é un instrumento educativo que ensina tolerancia e sentido crítico. Permite aos interesados estreita relacións e enriquecer a súa cultura, aos neófitos aprender dos máis experimentados e coñecer informalmente ás persoas da súa esfera. Os faladoiros serán grabados e extractaranse para tentar facer unha publicación en forma de Caderno que estará a disposición do público de xeito gratuito.
O tema deste primeiro faladoiro será “A situación medioambiental na Comarca do Deza” , contando como convidado con Daniel Manso , axente forestal e bo coñecedor da situación do medio natural da comarca.
O martes 20 de outubro , ás 21:30 no Local de Tarabela , Ciclo de Curtas Saharauis .
Proxectaranse tres curtas sobre a vida de varios nenos saharauis e posteriormente teremos coloquio.
O xoves 22 de outubro , ás 20:30 no Local de Tarabela , Obradoiro de Literatura .
O obxectivo principal deste obradorio é o intercambio de información e opinión sobre obras actuais de calquera xénero literario. As primeiras sesións adicaranse á proposta de ideas sobre unha obra de lectura común para a súa posterior análise e comentario. O resultado final será unha reseña sobre o contido da obra obxecto de análise nas sesións iniciais.
O sábado 24 , ás 21:30 no Local de Tarabela , 2º Ceador Intercultural .
Esta iniciativa enmárcase dentro dun proxecto de Tarabela no que se pretende, mediante unha actividade gastronónmica, fomentar a convivencia entre veciños e veciñas e novos veciños e veciñas. Unha vez ao mes presentarase en Tarabela unha das novas culturas que viven na vila a través da súa gastronomía e da convivencia cos seus protagonistas. “A cea está servida, quen se apunta?”.
Iredes tendo máis información destas actividades nesta web ó longo da semana ou no correo contacto@tarabela.org
Entre as actividades que propón Tarabela para o 4º Trimestre do ano, e que terán continuidade no tempo, podedes atopar os seguintes obradoiros:
Ler máis…
Aquí está! Despois de darlle moitas voltas e traballalo a fondo, presentamos a programación de actividades que dende Tarabela temos preparadas para os meses de outubro, novembro e decembro de 2009.
O cartel de actividades (clic sobre el para ver en grande):
Ler máis…
O venres 21, tal e como estaba anunciado, tivemos o primeiro obradoiro de fotografía. Adicado á evolución das cámaras fotográficas e ao manexo básico das cámaras réflex, tivemos a oportunidade de aprender algunhas sinxelas pautas para compoñer e facer distintas as nosas fotografías. Focais, velocidade, profundidade de campo, composición… Un taller certamente produtivo e cunha charla máis que amena entre os asistentes.
Sodes moitos os que comunicastes que non poderiades asistir e estades a pedir que se repita (as datas son de moita festa e non se dá atendido a todo). Xa vos comunicamos que este obradoiro en concreto será repetido en setembro e están a prepararse outros (revelado dixital, almacenamento de imaxes, etc.).
FOTO: M.J.Méijome (c)
Na última xuntanza de fotógrafos tivemos a sorte de poder ver as fotografías que co tema común “Lalín”, e o único requisito de que fosen tomadas dentro do casco urbano, propuxeramos realizar na primeira quedada.
Algunhas desas fotos:
Café
Foto: M.J. Méijome (MeiSaa)
Ler máis…