Tarabela cumpre un ano de existencia, xa somos máis de 200 socios, que apoian e colaboran nas actividades.
Dende o nacemento da asociación o 18 de xullo do ano pasado non deixamos de xirar, propoñendo un cento de actividades no que levamos de ano…… e hai que celebralo!
Grazas a tod@s por ser tan tarabelos !!
Programa de actividades: Festa do Vento
Chegada das profundidades mariñas, a larva do cabaret convírtese na raíña das pistas de baile, nace así: Mosca Gogó!!! Trío vigués-ourensano que ven ofrecer a mellor música disco cunha coidada actividade cabareteira, e non contamos máis do seu currículum musical que logo colledes complexos…
Venres 25 de Xuño ás 22:00 h no Local da Tarabela . Entrada 5€ (socios 4€)
CINECLUBE: Animación Portuguesa
Xoves 24 de Xuño ás 22:00 h
Local da Tarabela . Entrada de balde.
TEATRO-CONCERTO: Mosca Gogo
Venres 25 de Xuño ás 22:00 h
Local da Tarabela . Entrada 5€ (socios 4€).
O grupo Carrachanacacha está formado por Leandro Lamas, Gena Hernández, Antonio Estévez e María Veiga , todos eles membros da asociación teatral O aturuxo de Melpómene, asociación creada a finais do 2007 por a primeira promoción dos alunos da Escola de Teatro de Narón.
A súa primeira montaxe “Comendo pementos de Padrón con Tarantino ” é unha comedia surrealista que narra a singular vida de dúas mulleres, nai e filla, cos seus encontros e desencontros na peculiar escalada da filla ata a fama en todo o mundo mundial.
O Venres 14 de Maio ás 22:00 h no Local da Tarabela . Entrada 5€ (socios 4€).
Máis infomación | Blog de Carrachanacacha
CINECLUBE: Sans Soleil
Xoves 13 de Maio ás 22:00 h
Local da Tarabela . Entrada de balde.
TEATRO: Comendo Pementos de Padrón con Tarantino
Venres 15 de Maio ás 22:00 h
Local da Tarabela . Entrada 5€ (socios 4€).
CONCERTO: Alterazion del Orden
Sábado 16 de Maio ás 22:00 h
Local da Tarabela . Entrada + CD 5€ (socios 4€).
Se a Señora Condesa levantase a cabeza, tería pasado a tomarse un chupito de Licor café o pasado venres por Donramiro 17.
Nesta ocasión o local social engalanouse para recibir a Pía de Tolomei e Fernanda Pardo co seu espectáculo performático MARIBINGO .
Pía de Tolomei (e) e Fernanda Pardo (d)
Estas dúas persoeiras senlleiras nos movementos asociativos e de loita polas igualdades de galiza fixeron boas migas coas veciñas do lugar, coma podedes supor.
Fernanda Pardo (e) aos mandos
Agradecénllose o seu paso por Donramiro, nomeámolas madriñas honorarias do segundo trimestre de 2010.
A placa conmemorativa ilumina dende entón o noso particular Hall of fame Tarabelo sobre a barra do local.
Pia de Tolomei e Fernanda Pardo desembarcan na Tarabela .
Unha noite inesquecible, chea de sorpresas, premios, bo humor e a mellor música xamais imaxinada, animadevos a vir.
Venres 30 de Abril ás 22:00 no Local da Tarabela . Entrada 5€ (Socios 4€)
Máis información | Blog de Pia de Tolomei
CINECLUBE: Arrebato
Xoves 29 de Abril ás 22:00 h
Local da Tarabela . Entrada de balde.
TEATRO: Maribingo
Viernes 30 de Abril ás 22:00 h
Local da Tarabela . Entrada 5€ (socios 4€)
CONCERTO: Ultima Sacudida + Albert Fish
Sábado 1 de Maio ás 22:00 h
Local da Tarabela . Entrada 4€
C ronica dunha finde anunciada:
uns o bordan ao tempo que as emocións nos desborban .
O músico quece as mans aterecidas polos nervios do estreo, na mentres un Novoneyra reinventado en lalinense sae dende a zona escura do espazo escénico para guiarnos polo lado mais luminoso da poesía.
En Donramiro 17, non houbo escano baleiro.
Poesía visual e sonora a de fANTOCHES bAJ , que nos leva e nos trae, facéndonos percorrer as campas de Oencia para logo debalar lenes surcando augas do Mandeo nos Caneiros de Betanzos, recreando, con gran sutileza e sensibilidade, pasaxes bretemosas da historia da Galiza de mediados de século pasado, a historia de tod@s nós.
Camiño da costa, Ourense acolleunos coma nunca coas cancións de ERGOM coma banda sonora cómplice do noso camiñar.
O Marin(-heiro) mais Tarabelo
De tanto desexalo, o mar chegou a Lalín -poderían titular hoxe os medios de comunicación local-, tamén con tolemias coma Os camiños do Cocido e tantas outras coma se propoña o marinense mais Tarabelo de todos nós, Antón Sobral . Proxectando unhas das súas mais novedosas creacións audiovisuais “Diario da muller que miraba o mar ” e “Océano Sobral” , coa compaña dos versos de Xaime Toxo , trobador sen igual i mellor evocador de infancias costeiras.
- Exposición de pinturas ata o 7 de Maio -
GRAZAS a tod@s, polo voso compromiso e ARTE; por mil Tarabelas máis ..