PROGRAMA FESTA DO VENTO

13
Jul/10
0

FESTA DO VENTO – 17, 18, 21 E 24 DE XULLO

2
Jul/10
2

Tarabela cumpre un ano de existencia, xa somos máis de 200 socios, que apoian e colaboran nas actividades.

Dende o nacemento da asociación o 18 de xullo do ano pasado non deixamos de xirar, propoñendo un cento de actividades no que levamos de ano…… e hai que celebralo!

Grazas a tod@s por ser tan tarabelos !!

Programa de actividades: Festa do Vento

Etiquetado como:

TITERES: FANTOCHES BAJ: “REI, REI” – VENRES 26 DE MARZO | 22:00

25
Mar/10
0

Esta historia sobre porqué os merlos ao cantar semellan dicir “rei, rei” foi escrita por Karel Kapeck poñéndose no lugar dos máis desfavorecidos socialmente. Fantoches Baj aproveitan para investigar sobre a técnica tradicional dos títeres de luva e recuperar a súa frescura e rebeldía.

Un día o vagabundo Fuco Rei atópase cun forasteiro que vai tras o seu chapeo. O forasteiro, para poder perseguilo máis comodamente, deixa a súa maleta chea de diñeiro ao coidado de Fuco. Todo vai ben até que o policia Peixoto acusa prexuizosamente a Fuco de roubar os cartos e este acaba en prisión. Finalmente todo se aclara, e Fuco Rei é declarado melro branco dos vagabundos e rei dos melros.

Autor: Dramatización de Inacio Vilariño do conto de Karel Kapeck “Francisco Rei, Vagabundo”, editado por Siruela no libro “Nove contos e un de propina de Josepg Kapeck”

Encenador: Inacio Vilariño.

Intérpretes: Luis Iglesias “Luchi” e Inacio Vilariño.

Música: Carlos Paredes.

Técnica: Fantoches de luva, variña e actores.

Duración: 50 min.

Público: Familiar.

No local da Tarabela o Venres 26 de Marzo as 22:00 | Entrada 5€ (socios 4€)

DIA INTERNACIONAL DO TITERE – DOMINGO 21

20
Mar/10
0

O Museo Galego da Marioneta xunto con Tarabela, organizan con motivo do día internacional do títere a seguinte actividade:

AFRICA: UNHA MIRADA A TRAVÉS DO MICROTEATRO

A historia dun país tan rico e tan salvaxemente explotado, preséntase dunha forma singular e única a través de pequenos obxetos nunha atmosfera intensa e íntima.

En medio da escuridade aparecen múltiples  escenarios nos que se superpoñen as accións.

Toda a forza do microteatro posta ó servizo de unha nova sensibilidade que necesita da imaxinación dos asistentes.

3 PASES:

19:00
20:30
22:00

IMPORTANTE:

-ESPECTÁCULO PARA ADULTOS.

-IMPRESCINDIBLE RESERVAR INDICANDO DÍA, HORARIO DO PASE E NÚMERO DE RESERVAS, XA QUE SO ENTRAN 15 PERSOAS POR PASE .ENVIANDO UN EMAIL A info@viravolta.es OU NO TLF 630166194

-RECOMÉNDASE CHEGAR CON ANTELACIÓN XA QUE UNHA VEZ COMEZADO O ESPECTÁCULO NON SE PERMITIRÁ A ENTRADA.

No Museo Galego da Marioneta | Rúa Manuel Rivero nº 1 – 1º piso
Ver a promo

TIO MISERIA, CRONICA DE TITERES

17
Ene/10
1

Tío Miseria é a adaptación de dous contos populares moi difundidos en toda Europa coñecidos como O Peral da Tía Miseria e O ferreiro e o demo. O narrador é Iñaqui, cociñeiro vasco metido a titiriteiro que nos conta este vello conto usando como marionetas os utensilios da súa cociña. Na súa versión, o ferreiro Miseria consegue vencer e prender o demo acabando así co mal do mundo, sendo obrigado logo a ceibalo para que todo volva ser coma antes.

O espectáculo foi realizado por encargo do Instituto de Esudos de Literatura Tradicional da Universidade Nova de Lisboa (IELT), como unha mostra da posibilidade de dinamización e actualización dun conto popular con marionetas. Continuando con esta liña, a compañía ven de editar, co apoio do IELT, o mesmo conto (chamado en portugués Ti Miséria) con ilustracións de Carlos Augusto Ribero e versión en verso do poeta Jorge Castro.

Esta fermosa edición foi regalada a todos os asistentes ás duas representacións qeu o venres 15 e sábado 16 tivemos en Tarabela. Tamén estivo á venda a edición que a compañía fixo coa Editorial Baía do Tío Miseria, onde se conta a historia a través das fotos do espectáculo realizadas por Miguel Calvo. Serviron polo tanto estas actuacións de presentación do libro na vila.

FOTOS: M.J. Méijome (c)

Rematada a representación Iñaqui tivo a ben explicarnos un pouco polo miúdo a construción das distintas personaxes da obra, ilustrándonos do que con un pouco de imaxinación e instrumentos coñecidos en calquera cociña se pode facer.

FOTOS: M.J. Méijome (c)

Dende Tarabela queremos agradecer a Fantoches Baj, Iñaki e Marta,  a súa presencia e amabilidade para actuar no local e a tódolos asistentes por acompañarnos nestas duas xornadas.

www.fantochesbaj.com

Etiquetado como: Títeres, Xeral

TIO MISERIA, FANTOCHES BAJ EN TARABELA

13
Ene/10
0

O venres 15 ás 22:00, e o sábado 16 ás 17:00 (sesion para adultos e infantil respectivamente), no Local de Tarabela, teremos a Fantoches Baj coa obra Tío Miseria.

Fantoches Baj - Tío Miseria I

Tío Miseria é un espectáculo de títeres de luva e variña, onde as personaxes son utensilios de cociña de uso cotián. A historia, creada a partir dos contos populares “O ferreiro e o Demo” e “O peral da Tía Miseria”, conta en clave humorística o porqué da existencia da miseria no mundo.

miseria-1

Inacio Vilariño (Fantoches Baj) dirixe, produce e encárgase da manipulación das distintas personaxes da obra, sendo Marta Negro a operadora dos efectos de iluminación.

miseria2_

O vestiario está realizado por Carmen Nela (El Tenderete), e a música está representada por obras de Cabo San Roque, Piccola Orchestra Avion Travel, Quadro Nuevo, Circo du Soleil, Marlango, Salvatore Bonafede e Louis Couperain.

miseria3_

A cada un dos asistentes regalaráselles unha edición da Ti Miseria e durante o espectáculo estará á venda o libro Tío Miseria, editado por Baía, con textos de Inacio Vilariño e fotografías de Miguel Calvo Ulloa.

logo_fantochesbaj_1

fantochesbaj.com
.

Animámosvos a todos a asistir a esta boa oportunidade de desfrutar dun espectáculo de títeres, e lembrámosvos que o prezo da entrada será de 4€ para socios e 5€ para os non socios.

Cartel_Fantoches_post

Etiquetado como: Títeres, Xeral

ACTIVIDADES EN TARABELA DO 11 O 17 DE XANEIRO

10
Ene/10
0

O xoves 14, ás 22:00 no Local de Tarabela, Cineclub: Tres Colores: Blanco

.

O venres 15 ás 22:00 e o sábado 16 ás 17:30 (sesión infantil) no Local de Tarabela, “Tío Miseria, espectáculo de títeres de Fantoches Baj.

“Tío Miseria” é un espectáculo de títeres de luva e variña, onde as personaxes son utensilios de cociña de uso cotián. A historia, creada a partir dos contos populares “O Ferreiro e o Demo” e “O peral da Tía Miseria”, conta en clave humorística o porqué da existencia da miseria no mundo.

Fantoches Baj - Tío Miseria I(2)

.

O sábado 16 ás 21:30 no Local de Tarabela, exposición de fotos de David Silva.

CHARLA E TITERES A FAVOR DOS INDIOS MAPUCHES

3
Dic/09
0

O venres 4, ás 21:00 no Local de Tarabela, Títeres e Charla a favor dos Indios Mapuches. Prezo 4€

Comezaremos a noite cunha charla sobre os mapuches, que irá acompañada de proxeccións de vídeos, e finalizaremos coa obra de títeres “O Indio Lautaro”.

lautSinopse: O conquistador Pedro de Valdivia diríxese cara ao interior de Chile para conquistar todo o territorio e covertir ós indios en escravos. Alí atópase con Lautaro, un indio que fará todo o posible para evitar que os seus perdan o que máis aman, a súa terra.

APLAZASE A ACTUACION DE FANTOCHES BAJ

26
Nov/09
0

Comunícannos que por motivos de saúde Fantoches Baj non poderá representar mañá venres a obra “Tio Miseria”. En canto teñamos nova data será publicitada con tempo.

Fantoches Baj - Tío Miseria I

Pedimos desculpas a todos aqueles que tiñades pensado participar e agradecemos o voso interese.

Etiquetado como: Títeres

FANTOCHES BAJ EN TARABELA

25
Nov/09
0

O venres 27, ás 22:00 no Local de Tarabela, Fantoches Baj coa obra “Tío Miseria”.

Fantoches Baj - Tío Miseria I

“Tío Miseria” é un espectáculo de títeres de luva e variña, onde as personaxes son utensilios de cociña de uso cotián. A historia, creada a partir dos contos populares “O Ferreiro e o Demo” e “O peral da Tía Miseria”, conta en clave humorística o porqué da existencia da miseria no mundo.

miseria 1

Inacio Vilariño (Fantoches Baj) dirixe, produce e encárgase da manipulación das distíntas personaxes da obra, sendo Marta Negro a operadora dos efectos de iluminación.

miseria2O vestiario está realizado por Carmen Nela (El Tenderete), e a música está representada por obras de Cabo San Roque, Piccola Orchestra Avion Travel, Quadro Nuevo, Circo du Soleil, Marlango, Salvatore Bonafede e Louis Couperain.

miseria3Animámosvos a todos a asistir a esta boa oportunidade de desfrutar dun espectáculo de títeres, e lembrámosvos que coma sempre é recomendable reservar a entrada (4€) no mail contacto@tarabela.org ou no teléfono/sms 689715300

Durante a actuación estará á venda o libro Tío Miseria, editado por Baía, con textos de Inacio Vilariño e fotografías tomadas do espectáculo por Miguel Calvo Ulloa.

Etiquetado como: Títeres, Xeral