ULTIMA HORA – No Barriga Verde!! TEATRO-CONCERTO: MOSCA GoGo

25
Jun/10
0

Por necesidades da organización temos que comunicarvos que o concerto cambia de ubicación

será no Barriga Verde.


Etiquetado como: Xeral

F do Vento: “Quen non pediu un desexo de pequeno ..”

26
May/10
1

O desexo do I cumpreanos Tarabelo, nada menos!

O pasado Xoves 20 de Maio presentouse ante os medios de comunicación Dezanos

a Festa do Vento. Como sabedes celebrarase entre os días 16-24 de xullo.

Dende alí fíxose un chamamento a tódolos veciños e sectores empresarias comprometidos co proxecto tarabelo,

para que na medida das súas posibilidades boten unha man á hora de facer posible o noso I Aniversario.

Aproveitamos a ocasión para presentar o deseño que dará corpo ao cartaz, obra de Armindo Salgueiro, e tamén disfrutamos da complicidade e bó facer de Carlos Quintá - Linho do Cuco - para amenizar o encontro cun “cántico regional” ou “gallegada” como soe nomear, non sen certa retranca, o propio músico ese tipo de peticións.

Gracias aos dous polo voso compromiso tarabelo.

Non poideron “estar tod@s @s que son, pero son tod@s @s que estiveron“..

Que a forza do vento nos acompañe e moitos FOLGOS, que ainda queda moito por facer!

+ info: -A FdoV nos medios-

-FdoV  La Voz de Galicia -FdoV  Faro de Vigo -FdV  DezTV

CrONICA: Albert Fish + Ultima Sacudida

6
May/10
0

Ventos novos saen da Tarabela:

Eih, ooh, … let´s GO!

Nunha noite de confraternidade Punkarra luso-galaica, tivemos oportunidade de transgredir un pouco ao son de dúas bandas refentes no movemento Punk actual ao NORDE-SUL da Raia ..

exterior noite en Donramiro 17

exterior noite en Donramiro 17.

Man a man
entre Albert Fish e Última Sakudida.
Graciñas a todos polo voso bon facer!
Última Sakudida (e) + Albert Fish (d)

Última Sakudida (e) + Albert Fish (d) no local.

Obradoiro: de 40 e tantos a 90 e pico

20
Abr/10
0

Obradoiro

de NOVAS TECNOLOXIAS para MAIORES.

de 40 e tantos a 90 e pico
Obradoiro de NOVAS TECNOLOXIAS para MAIORES

Recibirás AXUDA atopando solucións prácticas e sinxelas sobor:

NAVEGAR POR INTERNET, TDT, CONTESTADOR AUTOMÁTICO, SMS, BLOG, SKYPE, E-MAIL, FACEBOOK

REDES SOCIAIS, AUTOAPRENDIZAXE, RESPONSABILIDADE, DE XEITO DIVERTIDO e SEGURO

Neste obradoiro dirixido a maiores de 40 anos trataremos de estreitar algo a famosa fenda dixital, tentando axudarte a lle perder o medo ás novas tecnoloxías para que aprendas a empregalas no teu favor. De seguro, non has de quedar defraudad@. Agardámoste por Donramiro 17. ANÍMATE!!

Reunión Informativa- sen compromiso algún -

Luns 26 de Abril ás 5 da tarde

Local Social: Donramiro 17

Re.citando dende O Courel ata Marin

19
Abr/10
0

Cronica dunha finde anunciada:

uns o bordan ao tempo que  as emocións nos desborban.

O músico quece as mans aterecidas polos nervios do estreo, na mentres un Novoneyra reinventado en lalinense sae dende a zona escura do espazo escénico para guiarnos polo lado mais luminoso da poesía.

En Donramiro 17, non houbo escano baleiro.

En Donramiro 17, non houbo escano baleiro.

Poesía visual e sonora a de fANTOCHES bAJ, que nos leva e nos trae, facéndonos percorrer as campas de Oencia para logo debalar lenes surcando augas do Mandeo nos Caneiros de Betanzos, recreando, con gran sutileza e sensibilidade,  pasaxes  bretemosas da historia da Galiza de mediados de século pasado, a historia de tod@s nós.

Camiño da costa, Ourense acolleunos coma nunca coas cancións de ERGOM coma banda sonora cómplice do noso camiñar.

O Marin(-heiro) mais Tarabelo

O Marin(-heiro) mais Tarabelo

De tanto desexalo, o mar chegou a Lalín -poderían titular hoxe os medios de comunicación local-, tamén con tolemias coma Os camiños do Cocido e tantas  outras coma se propoña o marinense mais Tarabelo de todos nós, Antón Sobral. Proxectando unhas das súas mais novedosas creacións audiovisuais “Diario da muller que miraba o mar” e “Océano Sobral”, coa compaña dos versos de Xaime Toxo, trobador sen igual i mellor evocador de infancias costeiras.

- Exposición de pinturas ata o 7 de Maio -

GRAZAS a tod@s, polo voso compromiso e ARTE;  por mil Tarabelas máis ..

PROGAMACION: 16,17 e 18 de Abril

14
Abr/10
0

ARTES ESCÉNICAS: “O asombro” de FANTOCHESBAJ

“en Parada do Courel hai un escano baleiro de Uxío Novoneira“. James Sacré

Venres 16 ás 22h. Entrada 5€ – socios 4€

CONCERTO: ERGOM -Fronky Music-
Sábado 17 ás 22h. Entrada 5€ – socios 4€

INAUGURACIÓN: “Océano Sobral” de ANTÓN SOBRAL
inauguración de exposición + video-poema, coa presencia do artista.
Domingo 18 ás 19.30h. Entrada de balde

ASAMBLEA DA TARABELA

6
Abr/10
0

Orde do día:

  • Balance da xestión
  • I Aniversario
  • Outros

Asamblea -aberta a socios-.  Sábado 10 ás 17h, no local.

Etiquetado como: Asamblea, Xeral

RECOLLIDA DE SINATURAS PARA APOIAR A INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR

12
Mar/10
0

QUEREMOS GALEGO  COMEZARÁ A RECOLLER SINATURAS PARA EVIDENCIAR O APOIO SOCIAL Á INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR REXEITADA POLA MESA DO PARLAMENTO

A plataforma asegura que “non vai calar por moito que queira Núñez Feijóo que a sociedade deixe de defender o galego”

Queremos Galego estudará respostas xudiciais contra a resoluciónda Mesa do Parlamento, que evidencia “a actitude prepotente dun Partido Popular que teima en non querer escoitar a sociedade”

A plataforma cidadá chama ao pobo galego “a mobilizarse e non deixar pisar os seus dereitos lingüísticos e políticos”, duplamente vulnerados ao negárselle admisión a trámite parlamentar á iniciariva. Segundo Carlos Callón,  “o PP terá que escoitar, quixer ou non, a voz do pobo”. E lembrou que este “xa reaccionou exemplarmante á política lingüicida do actual goberno a través das manifestacións máis grandes da historia democrática en defensa da nosa lingua e cultura”. O tamén presidente da Mesa pola Normalización Lingüística amosouse convencido de que  a sociedade “volverá mobilizarse por múltiplas vías” se fai falta e anunciou a presentación dun calendario de “intensas actividades ao longo e largo de todo o país”.

Desde este momento Queremos Galego comezará a estudar a interposición dun recurso de amparo ante os tribunais competentes contra a decisión da Mesa do Parlamento, “co fin de restaurar en Galiza a normalidade democrática que o PP teima en facer desaparecer”.

Etiquetado como: Xeral

CINECLUBE BUSTER KEATON – XOVES 25 | 22:00

23
Feb/10
0

Fillo de dous cómicos ambulantes, Joseph e Myra Keaton “Os dous Keaton”, apareceu en escena cando só contaba cun ano de idade. Aos tres anos xa era un actor profesional e o dúo Keaton converteuse en trío. Destacaron no vodevil, nas variedades e na acrobacia, e en 1917 Buster (alcumado así por Harry Houdini ao ver o seu aguante en escena) decidiu probar sorte pola súa conta.

A casualidade fíxolle coñecer a Roscoe Arbuckle “Fatty” en Nova York e o actor contrátao como secundario ata que en 1920 foi contratado pola Paramount comezando así una das máis brillantes carreiras cinematográficas de todolos tempos. Fatty Arbuckle pasou á Paramount pouco tempo despois e Schenck fundou a Buster Keaton Comedies onde Buster tomou a dirección e roda 19 curtos en dous anos. Os seus dous triunfos máis coñecidos foron “O cameraman” e “A comparsa” (a súa última película muda).

No Local da Tarabela, entrada de balde.

Etiquetado como: Xeral

CANCELASE O CAMPIONATO DE PING PONG

4
Feb/10
0

O Campionato de Ping Pong programado para este Sabado trasladámolo a outra data, xa a confirmaremos.
Disculpade as molestias.

Etiquetado como: