O colectivo Malandromeda leva dez anos facendo hip hop dende Compostela e ofrecendo os seus directos enerxéticos por escenarios de todo o pais. MC Hevi de DJ Caldeirada pararan nesta ocasión por Donramiro e de seguro que montarán unha boa festa malandromica como reza o single do seu novo disco que nos veñen presentar titulado “7 “. A discografía de Malandromeda está publicada baixo licenza Creative Commons e podedela descargar copiar e difundir .
A cita con Malandromeda será o SABADO 23 de XANEIRO as 22:00 cunha entrada de 5 € para os non socios e 4 € para os socios. Podedes ver o seu show na habitación de Felucas
Páxina de Malandromeda
Tío Miseria é a adaptación de dous contos populares moi difundidos en toda Europa coñecidos como O Peral da Tía Miseria e O ferreiro e o demo . O narrador é Iñaqui , cociñeiro vasco metido a titiriteiro que nos conta este vello conto usando como marionetas os utensilios da súa cociña. Na súa versión, o ferreiro Miseria consegue vencer e prender o demo acabando así co mal do mundo, sendo obrigado logo a ceibalo para que todo volva ser coma antes.
O espectáculo foi realizado por encargo do Instituto de Esudos de Literatura Tradicional da Universidade Nova de Lisboa (IELT) , como unha mostra da posibilidade de dinamización e actualización dun conto popular con marionetas. Continuando con esta liña, a compañía ven de editar, co apoio do IELT , o mesmo conto (chamado en portugués Ti Miséria ) con ilustracións de Carlos Augusto Ribero e versión en verso do poeta Jorge Castro .
Esta fermosa edición foi regalada a todos os asistentes ás duas representacións qeu o venres 15 e sábado 16 tivemos en Tarabela . Tamén estivo á venda a edición que a compañía fixo coa Editorial Baía do Tío Miseria , onde se conta a historia a través das fotos do espectáculo realizadas por Miguel Calvo . Serviron polo tanto estas actuacións de presentación do libro na vila.
FOTOS: M.J. Méijome (c)
Rematada a representación Iñaqui tivo a ben explicarnos un pouco polo miúdo a construción das distintas personaxes da obra, ilustrándonos do que con un pouco de imaxinación e instrumentos coñecidos en calquera cociña se pode facer.
FOTOS: M.J. Méijome (c)
Dende Tarabela queremos agradecer a Fantoches Baj , Iñaki e Marta , a súa presencia e amabilidade para actuar no local e a tódolos asistentes por acompañarnos nestas duas xornadas.
O sábado 16 de xaneiro , ás 21:30 no Local de Tarabela , inauguración da Exposición de Fotografía: Piezas , con obras de David Silva .
Podedes atopar máis información deste fotógrafo no seu Flickr .
O venres 15 ás 22:00 , e o sábado 16 ás 17:00 (sesion para adultos e infantil respectivamente), no Local de Tarabela , teremos a Fantoches Baj coa obra Tío Miseria .
Tío Miseria é un espectáculo de títeres de luva e variña, onde as personaxes son utensilios de cociña de uso cotián. A historia, creada a partir dos contos populares “O ferreiro e o Demo” e “O peral da Tía Miseria” , conta en clave humorística o porqué da existencia da miseria no mundo.
Inacio Vilariño (Fantoches Baj ) dirixe, produce e encárgase da manipulación das distintas personaxes da obra, sendo Marta Negro a operadora dos efectos de iluminación.
O vestiario está realizado por Carmen Nela (El Tenderete ), e a música está representada por obras de Cabo San Roque , Piccola Orchestra Avion Travel , Quadro Nuevo , Circo du Soleil , Marlango , Salvatore Bonafede e Louis Couperain .
A cada un dos asistentes regalaráselles unha edición da Ti Miseria e durante o espectáculo estará á venda o libro Tío Miseria , editado por Baía , con textos de Inacio Vilariño e fotografías de Miguel Calvo Ulloa .
fantochesbaj.com
.
Animámosvos a todos a asistir a esta boa oportunidade de desfrutar dun espectáculo de títeres, e lembrámosvos que o prezo da entrada será de 4€ para socios e 5€ para os non socios.
O xoves 14 de xaneiro , ás 22:00 no Local de Tarabela , cineclub coa proxección de “Tres Colores: Blanco “ .
Continuamos en Tarabela coa proxección da triloxía de Krzysztof Kieslowski . Con Blanco o autor cóntanos a historia dun home que volve á súa Polonia natal coa intención de arranxar as súas miserias.
Máis información aquí .
O xoves 14 , ás 22:00 no Local de Tarabela , Cineclub: Tres Colores: Blanco
.
O venres 15 ás 22:00 e o sábado 16 ás 17:30 (sesión infantil) no Local de Tarabela , “Tío Miseria “, espectáculo de títeres de Fantoches Baj .
“Tío Miseria” é un espectáculo de títeres de luva e variña, onde as personaxes son utensilios de cociña de uso cotián. A historia, creada a partir dos contos populares “O Ferreiro e o Demo” e “O peral da Tía Miseria” , conta en clave humorística o porqué da existencia da miseria no mundo.
.
O sábado 16 ás 21:30 no Local de Tarabela , exposición de fotos de David Silva .
O venres 8 de xaneiro , ás 22:00 no Local de Tarabela , Oscar Fernandéz .
Concerto totalmente acústico con temas compostos por Oscar Fernández específicamente para unha zanfona contemporánea (17 cordas) buscando novos camiños de expresión para este instrumento milenario máis moi preto das melodías e temas populares. Pezas tranquilas, pezas de máis virtuosismo e tamén versións de temas populares e composicións de outros autores. 50 Minutos.
Oscar Fernández é músico de formación autodidacta. Interesado, principalmente, na música tradicional e folc de raíces europeas, comenza a estudar a técnica da Zanfona en 1997 e a introducila no repertorio de Os Cempés , actualmente co dúo Fdz. & Quintá e bOnOvO dos que é compoñente.
Tamén é profesor de zanfona na Escola Municipal de Música de Narón, na Escola Livre da MPG de aCentral Folque e no coro Cantigas da Terra de A Coruña.
Entrada 5€ (Socios 4€)
http://www.myspace.com/oscarfernandez
http://www.myspace.com/bonovo
http://www.bonovo.org
O xoves 7 de xaneiro , ás 22:00 no Local de Tarabela , “BLEU” de Krzysztof Kieslowski
Esta é a primeira das películas que forman a triloxía das “Tres Cores” do famoso director polaco Krzysztof Kieslowski , quen, para facer este traballo, inspírase na liberdade para brindar unha mirada pausada á dor da morte e á loita do ser humano por reconstruir a súa vida cando lle bate a traxedia.
Coa actriz francesa Juliette Binoche como protagonista, a película conta a historia de Julie (Binoche) quen é a única supervivinte dun accidente no que morren o seu home, un famoso compositor, e o seu único fillo. Ante esto, Julie tenta suicidarse, pero non é capaz de rematar coa súa vida. Decide entón borralo todo e comezar de novo destruindo tódolos signos da súa existencia pasada.
Azul é a máis fermosa das tres películas dende o punto de vista formal e transmite a forza e a complexidade da asombrosa interpretación de Binoche con xeito que captura a tenacidade da humanidade con unha profundidade pouco usual. A película tamén reflexa a intelixencia visual do seu director e sírvese da música como catalizador dos seus propósitos.
O xoves 7 , ás 22:00 no Local de Tarabela , Cineclub coa película “Azul” de Krzysztof Kieslowski .
.
O venres 8 , ás 22:00 no Local de Tarabela , Concerto de Oscar Fernández (zanfoña). Prezo 5€ (socios 4€).