O LOCAL
Dispoñemos de dous tipos de espazo neste momento que, diferenciados e complementarios, nos permitirán desenvolver distintas actividades e xestionar o diálogo, a exposición e maduración dos proxectos e pensamentos de Tarabela.
Por un lado, existe unha rede interna, un espazo virtual, que permite tratar procesos básicos de tipo administrativo, manter conversas sobre inquedanzas dos que formamos Tarabela, debater diversas cuestións relacionadas coa asociación, realizar propostas sobre posibles actividades ou o seguimento daquelas que se están a desenvolver.
Por outro lado, tamén dispoñemos dun espazo físico, situado na Rúa Donramiro, que pretende ser o centro principal da vida diaria da asociación. Este espazo parte da autoxestión e dispón dos elementos necesarios para a realización de obradoiros, charlas, exposicións e todo tipo de xuntanzas que se adecúen á filosofía de Tarabela. Non menos importante, e situado no mesmo lugar, é o terreo de máis de dous mil metros cadrados empregable para propostas ao aire libre, onde se poderán realizar dende pequenos concertos ata merendolas ou charlas baixo a sombra dun castiñeiro.
Propoñémosche que contactes con nós e coñezas máis de preto Tarabela.
Tamén nos podes atopar en Facebook, Twitter e Tuenti (Buscar como Tarabela)
