CINECLUBE: VAI-E-VEM – XOVES 17 DE XUNHO | 22:00

14
Jun/10
0

João Vuvu, viúvo, sen familia, fóra dun fillo en prisión acusado de dobre homicidio e atraco a man armada a un banco, vive só, na súa casa, ampla, asollada, con signos dunha apreciable riqueza, nun dos barrios antigos de Lisboa, situado no alto do Monte Olivete.

Pouco ou nada sociable, o señor João Vuvu emprende todos os días o seu paseo no autobús número 100, repetindo infatigablemente o mesmo traxecto. Só algúns pequenos incidentes durante o percorrido poden alterar episódicamente esta rutina que parece corresponder á vontade de soidade do protagonista e á asunción dun exilio que lle volve hostil á máis mínima proximidade social.

A saída de prisión do seu fillo e a decepción que o seu desexo de rexeneración provoca no pai, van desencadear unha serie de sombríos acontecementos nos cales o carácter criminal do protagonista revélase condenándoo a un destino definitivamente fóra da lei, fóra da comunidade.

Xoves 17 de Xuño ás 22:00 h no Local da Tarabela. Entrada de balde

Máis información | Crítica de Zinema

Etiquetado como:

PROGRAMA SEMANA 14 – 20 DE XUNHO

13
Jun/10
0

CINECLUBE: Vai-e-Vem

Xoves 17 de Xuño ás 22:00 h

Local da Tarabela . Entrada de balde.


CONCERTO: El Viejo Caracol

Sábado 19 de Xuño ás 22:00 h

Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€).

CONCERTO: FLUZO – DOMINGO 13 DE XUNHO | 20:30

9
Jun/10
0

Fluzos son Javier Álvarez  e Hevi, seguramente un dos mellores MCs en lingua galega.

No seu proxecto en común, a vella escola dáse a man coa IDM, a música de 8-bits, o low-fi e o jazz máis experimental.

Contrabaixos á beira de casiotones modificados, ventos que se comunican con sintetizadores monofónicos, commodores que falan e gameboys mutantes relacionándose con hammonds e vibráfonos… Un regreso ao rap do futuro.

Domingo 13 de Xuño ás 20:30 h no Local da Tarabela. Entrada 3€ – (Entrada + disco 10 €)

Máis información | Páxina de Fluzo

Etiquetado como:

CONCERTO: PARDERRUBIAS – VENRES 11 DE XUNHO| 22:00

8
Jun/10
0

Parderrubias xurde dun encontro natural entre dous amantes das músicas populares e tradicionais, que se atopan para compartir entre eles e para entregar a quen os queira recibir. Esta parella traballa coa música de raíz da Península Ibérica, recréase nela e ofrece un xenuino e respectuoso exemplo de tradición viva.

Davide e Rodrigo, un galego e un asturiano, un viaxeiro e un perfecto compañeiro de viaxe, un Don Quixote e un Sancho Panza, a tempestade e a calma. Dúas voces, un acordeón e moita percusión tradicional; un espectáculo no que a diversión e a emoción están aseguradas.

Venres 11 de Xuño ás 22:00 no Local da Tarabela. Entrada 5 € (socios 4 €)

Etiquetado como:

CINECLUBE: AQUELE QUERIDO MES DE AGOSTO – XOVES 10 DE XUNHO | 22:00

7
Jun/10
0

No corazón de Portugal, entre as montañas, o mes de agosto é un alboroto de xente e actividade.

Emigrantes volven a casa, disparan fogos artificiais, controlan incendios, cantan karaoke, tíranse das pontes, cazan jabalíes e beben cervexa.

A historia mostra a relación afectiva entre pai e filla, e o primo desta, todos músicos nunha banda de baile.

Xoves 10 de Xuño ás 22:00 no Local da Tarbela. Entrada de balde.

Máis información | Artigo miradas de cine

PROGRAMA SEMANA 7 – 13 XUNHO

6
Jun/10
0

CINECLUBE: Aquele querido mes de Agosto

Xoves 10 de Xuño ás 22:00 h

Local da Tarabela . Entrada de balde.

CONCERTO: Parderrubias

Venres 11 de Xuño ás 22:00 h

Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€).

CONCERTO: Fluzo

Domingo 13 de Xuño ás 20:30 h

Local da Tarabela. Entrada 3€ (disco+entrada 10€).

CONCERTO DIADERMIN 4 DE XUNHO | 22:00

1
Jun/10
0

Os seus nomes son Alberto e María, pero en conxunto forman un dos dúos de super-heroes máis perigosos dos moitos que actúan por estes lares: Diadermin, os nosos particulares Yo la Tengo, Stereo Total ou The Kills.

O ano pasado publicaron unha maqueta chamada Ostras Carnicero, onde ofreceron todo un catálogo de improvisación electrónica, experiencias Lo-Fi e fachenda punk.

Diadermin empregan nas súas aventuras guitarras de segunda man (das baratas), casiotones de xoguete e unha roland doada de transportar.


Venres 4 de Xuño ás 22:00 h no Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€)

Máis información | MySpace Diadermin

Etiquetado como:

PROGRAMA: SEMANA 31 MAYO – 6 XUNHO

30
May/10
0

EXPOSICIÓN: Miguel Calvo

Inauguración Venres 4 de Xuño

Local da Tarabela . Entrada de balde.

CONCERTO: Diadermin

Venres 4 de Xuño ás 22:00 h

Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€).

CONCERTO GUEZOS – VENRES 28 DE MAIO | 22:00

26
May/10
0

Guezos nace en 1999 na cidade de Ourense, como proxecto de grupo musical tradicional.

O seu primeiro traballo aparece un ano despois en forma de maqueta, un traballo de corte tradicional con sons moi acústicos do que se chegarán a vender máis de 1.000 copias.

Con esta maqueta xa na rúa Guezos lánzase ó directo. Deste xeito percorre unha boa parte da xeografía galega e entra en contacto directo con outras bandas de inquedanzas semellantes. Despois de varios cambios na formación inicial a banda grava o seu segundo traballo en 2004. Terradentro.

Chegando o 2008, aproveitando a estabilidade acadada na formaciónda ban da, Guezosmergúllase de cheo no seu seguinte proxecto, Oito Destinos.

Guezos chega ata ó díade hoxe cun directo máis enérxico, ledo e contundente que nunca, no que ritmos como o rock, a rum, o ska ou o funk se misturan á perfección co folk.

Venres 28 de Maio ás 22:00 no Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€).

Máis información | Páxina de Guezos

Etiquetado como:

F do Vento: “Quen non pediu un desexo de pequeno ..”

26
May/10
1

O desexo do I cumpreanos Tarabelo, nada menos!

O pasado Xoves 20 de Maio presentouse ante os medios de comunicación Dezanos

a Festa do Vento. Como sabedes celebrarase entre os días 16-24 de xullo.

Dende alí fíxose un chamamento a tódolos veciños e sectores empresarias comprometidos co proxecto tarabelo,

para que na medida das súas posibilidades boten unha man á hora de facer posible o noso I Aniversario.

Aproveitamos a ocasión para presentar o deseño que dará corpo ao cartaz, obra de Armindo Salgueiro, e tamén disfrutamos da complicidade e bó facer de Carlos Quintá - Linho do Cuco - para amenizar o encontro cun “cántico regional” ou “gallegada” como soe nomear, non sen certa retranca, o propio músico ese tipo de peticións.

Gracias aos dous polo voso compromiso tarabelo.

Non poideron “estar tod@s @s que son, pero son tod@s @s que estiveron“..

Que a forza do vento nos acompañe e moitos FOLGOS, que ainda queda moito por facer!

+ info: -A FdoV nos medios-

-FdoV  La Voz de Galicia -FdoV  Faro de Vigo -FdV  DezTV


batch watermark protection | san diego fine dining | Buy illegal drugs. kamagra. Us, Canada, Europe shipping.